Segunda división española de fútbol

segunda categoría da liga española de fútbol
(Redirección desde «Segunda División española»)

O Campionato Nacional de Liga de Segunda División, máis coñecido como Segunda División e por razóns de patrocinio como LaLiga hypermotion[1], é a segunda categoría da liga española de fútbol, inmediatamente inferior á Primeira División e por riba da Primeira División RFEF. Comezou a desputarse na tempada 1928-29 e desde entón celebrouse sen interrupcións, a excepción dos paróns durante a guerra civil, entre 1936 e 1939, e a pandemia por coronavirus en 2020.

Segunda División
Fundación10 de febreiro de 1929
Rexión España
Confederación UEFA
Equipos22
CopaCopa do Rei
AscensoPrimeira División
DescensoPrimeira División RFEF
Actual campiónGranada CF (4º título)
Máis laureadoReal Murcia (8 títulos)
TelevisiónMovistar LaLiga
#Vamos
Gol
OrganizadorLiga de Fútbol Profesional (LFP)
Sitio webwww.laliga.com
Segunda División 2023–24

É organizada pola Liga de Fútbol Profesional (LFP) dende 1984, cando sucedeu á Real Federación Española de Fútbol (RFEF). A Segunda División é, xunto coa Primeira División, unha das dúas únicas categorías con status profesional en España, baixo o amparo da LFP.

Ao longo da súa historia, corenta e seis clubs resultaron campións de Segunda División, sendo o máis laureado con 8 títulos o Real Murcia, seguido do Betis (7), e Deportivo da Coruña, Sporting de Xixón e Real Oviedo (todos con 5). O Osasuna, seguinte no palmarés.

Historia editar

A liga de Segunda División comezou na tempada 1928–29, ao tempo que a Primeira División. Na súa primeira edición participaron os seguintes clubs:

Grupo AGrupo B
(Categoría inferior)

Ao longo dos anos cambiou o número de equipos participantes, así como o formato da competición. En 1934 a categoría dividiuse en varios grupos, unha estrutura que se mantería durante varios anos, ata 1968, cando se recuperou o grupo único que se mantén na actualidade. En 1977 pasou a chamarse oficialmente Segunda División A, pola creación da Segunda División B. Desde 1984 está organizada pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP).

En 2007 o Granada 74 compróu a súa praza na categoría ao Ciudad de Murcia, un caso inédito no fútbol español, polo que xogou a tempada 2007-2008 en Segunda División, mentres que o Ciudad de Murcia, tras quedar en 4ª posición na liga, fíxoo en Terceira, categoría na que ocupaba unha praza o seu filial.

Denominacións comerciais editar

As tempadas 2006–07 e 2007–08 foron as dúas primeiras nas que o campionato tivo unha denominación comercial, recibindo o nome de «Liga BBVA», tras o acordo de patrocinio entre a LFP e o banco BBVA.[2] Entre as tempadas 2008–09 e 2015–16 a categoría de prata foi chamada «Liga Adelante», debido a que a denominación do banco pasou a patrocinar a Primeira División.[3]

Desde a tempada 2016–17, o patrocinador principal da LFP é o Banco Santander, e a Segunda División chamouse comercialmente «LaLiga 1|2|3» primeiramente, e desde a tempada 2019–20, «LaLiga SmartBank».[4]

Sistema de competición editar

A Segunda División é un torneo organizado e regulado, conxuntamente coa Primeira División, pola Liga Nacional de Fútbol Profesional (LFP), cuxos membros son os propios clubs participantes.

A competición dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Consta dun grupo único integrado por 22 equipos que se enfrontan todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 42 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición.

A clasificación final establécese de acordo aos puntos totais obtidos por cada equipo ao finalizar o campionato. Os equipos obteñen tres puntos por cada partido gañado, un punto por cada empate e ningún punto polos partidos perdidos. Se ao finalizar o campionato dous equipos igualan a puntos, os mecanismos para desempatar a clasificación son os seguintes:

  1. O que teña unha maior diferenza entre goles a favor e en contra nos enfrontamentos entre ambos.
  2. Se persiste o empate, o que teña a maior diferenza de goles a favor tendo en conta todos os obtidos e recibidos no transcurso da competición.
  3. Se continúan empatados, gaña o que máis goles a favor teña.

Se o empate a puntos é entre tres ou máis clubs, os sucesivos mecanismos de desempate son os seguintes:

  1. A mellor puntuación da que a cada un corresponda a tenor dos resultados dos partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  2. A maior diferenza de goles a favor e en contra, considerando unicamente os partidos xogados entre se polos clubs implicados.
  3. A maior diferenza de goles a favor e en contra tendo en conta todos os encontros do campionato.
  4. O maior número de goles a favor tendo en conta todos os encontros do campionato.
  5. O club mellor clasificado con arranxo aos baremos de favor plus.

Efectos da clasificación editar

PostoClasificación
Ascenso a Primeira División
Promoción de ascenso a Primeira
7º-18º
19ºDescenso a Segunda División B
20º
21º
22º

Ao termo da tempada, o equipo que máis puntos obteña proclámase campión de Segunda División e é ascendido, xunto co subcampión, a Primeira División. Ademais, desde a tempada 2010/11, tamén ascende o gañador dunha promoción disputada entre o terceiro, cuarto, quinto e sexto clasificados. O sistema desta promoción é de eliminación directa a dobre partido, enfrontándose o terceiro co sexto, así como o cuarto co quinto; os dous vencedores pasarán a disputar unha nova eliminatoria a ida e volta, da cal sairá o terceiro equipo que ascende a Primeira División.

O 6 de xullo de 2011, a asemblea da LFP decidiu prescindir da quenda de penaltis nos play-off de ascenso. En caso de empate nos noventa minutos regulamentarios e tamén na prórroga, clasificarase ou ascenderá o equipo con mellor clasificación durante a liga regular.[5]

As prazas vacantes dos equipos ascendidos cóbrenas aqueles que terminan nos tres últimos postos de Primeira División. Pola súa banda, os catro últimos clasificados de Segunda División ao termo da tempada son relegados a Segunda División B, sendo substituídos polos gañadores das promocións de ascenso desta categoría.

Equipos filiais editar

Un club pode ter un equipo filial en Segunda División se o seu primeiro equipos compite en Primeira División. Se un filial termina a tempada en postos de ascenso directo ou play-off, é o seguinte clasificado o que adquire ese dereito ao non poder ascender o equipo filial xa que debe estar sempre polo menos unha división por baixo do primeiro equipo. Así mesmo, se o primeiro equipo descende a Segunda e o seu filial milita na devandita categoría, este último é descendido automaticamente a Segunda División B, aínda que lograse a permanencia durante a liga regular.[6]

Participantes editar

Ao longo da historia da competición participaron 168 equipos diferentes, pero só seis deles nunca xogaron nunha categoría inferior á Segunda División, participando por tanto sempre no fútbol profesional: Valencia, Atlético de Madrid, Espanyol, Sevilla, Sporting de Xixón e Real Sociedad.

Tempada 2019/20 editar

EquipoCidadeEstadio
Albacete AlbaceteCarlos Belmonte
Alcorcón AlcorcónSanto Domingo
Almería AlmeríaJuegos Mediterráneos
Cádiz CádizRamón de Carranza
Deportivo da Coruña A CoruñaAbanca-Riazor
Elche ElxMartínez Valero
Extremadura AlmendralexoFrancisco de la Hera
Fuenlabrada FuenlabradaFernando Torres
Girona XironaMontilivi
Huesca HuescaEl Alcoraz
Las Palmas As Palmas de Gran CanariaGran Canaria
Lugo LugoAnxo Carro
Málaga MálagaLa Rosaleda
Mirandés Miranda de EbroAnduva
Numancia SoriaLos Pajaritos
Oviedo OviedoCarlos Tartiere
Ponferradina PonferradaEl Toralín
Racing de Santander SantanderEl Sardinero
Rayo Vallecano MadridVallecas
Sporting de Gijón XixónEl Molinón
Tenerife Santa Cruz de TenerifeHeliodoro Rodríguez López
Zaragoza ZaragozaLa Romareda

Equipos galegos editar

Un total de 12 equipos galegos pasaron pola Segunda División na súa historia, sendo o Deportivo da Coruña o que disputou máis tempadas. Tres deles, o Deportivo da Coruña, o Celta de Vigo e o Pontevedra CF proclamáronse campións.

Posto históricoEquipoTempadasMellor postoÚltima tempadaPuntosPXPGPEPPGFGC
12ºDeportivo da Coruña402019-201450124455228141118921542
21ºCelta de Vigo322011-121293103246626030616291142
31ºRacing de Ferrol342007-081031105436622945914741745
56ºCD Ourense131998-99437454143121190492623
57ºCD Lugo72019-2039533299105128333400
67ºSD Compostela72002-03335282979095332334
69ºPontevedra CF92004-0532831411784113379372
119ºUD Ourensá31951-528292331643141177
121ºSX Lucense311º1951-527492281846135197
150ºDeportivo Xuvenil116º1954-552030510154085
154ºArousa SC116º1949-50173073204484
163ºUnión Sporting Club11935-3671431102752
Sombreados os equipos galegos participantes na tempada 2019-20. Actualizado ata a tempada 2018/19 incluída.
PX: Partidos xogados; PE: Partidos empatados; PP: Partidos perdidos; GF: Goles a favor; GC: Goles en contra.

Historial de tempadas editar

TempadaCampiónSubcampiónOutros equipos ascendidos
1928–29Sevilla (non ascendido)Real Zaragoza (non ascendido)
1929–30AlavésSporting de Gijón (non ascendido)
1930–31ValenciaSevilla (non ascendido)
1931–32Betis BalompiéOviedo CF (non ascendido)
1932–33Oviedo CFAtlético de Madrid (non ascendido)
1933–34Sevilla FCAtlético Madrid
1934–35HérculesOsasuna
1935–36Celta de VigoZaragoza
193637Non se disputou
193738Non se disputou
193839Non se disputou
1939–40Real MurciaDeportivo da Coruña (non ascendido)
1940–41GranadaReal SociedadCastellón e Deportivo da Coruña
1941–42Real BetisReal Zaragoza
1942–43SabadellReal Sociedad
1943–44Sporting de GijónReal Murcia
1944–45AlcoyanoHérculesCelta de Vigo
1945–46SabadellDeportivo da Coruña
1946–47AlcoyanoGimnàsticReal Sociedad
1947–48Real ValladolidDeportivo da Coruña
1948–49Real SociedadMálaga
1949–50Racing de Santander[7][8][9][10]LleidaReal Murcia e Alcoyano
TempadaCampión Grupo NorteCampión Grupo SurOutros equipos ascendidos
1950–51Sporting de GijónAtlético TetuánReal Zaragoza e Las Palmas
1951–52Real OviedoMálaga
1952–53OsasunaReal Jaén
1953–54AlavésLas PalmasHércules e Málaga
1954–55Cultural LeonesaReal Murcia
1955–56OsasunaReal JaénReal Zaragoza e Condal
1956–57Sporting de GijónGranada
1957–58Real OviedoReal Betis
1958–59Elche CFReal Valladolid
1959–60Racing de SantanderMallorca
1960–61OsasunaTenerife
1961–62Deportivo da CoruñaCórdobaReal Valladolid e Málaga
1962–63PontevedraReal MurciaLevante e Espanyol
1963–64Deportivo da CoruñaLas Palmas
1964–65PontevedraMallorcaSabadell e Málaga
1965–66Deportivo da CoruñaHérculesGranada
1966–67Real SociedadMálagaReal Betis
1967–68Deportivo da CoruñaGranada
TempadaCampiónSubcampiónOutros equipos ascendidos
1968–69SevillaCelta de VigoMallorca
1969–70Sporting de GijónMálagaEspanyol
1970–71Real BetisBurgosDeportivo da Coruña e Córdoba
1971–72Real OviedoCastellónReal Zaragoza
1972–73Real MurciaElcheRacing de Santander
1973–74Real BetisHérculesSalamanca
1974–75Real OviedoRacing de SantanderSevilla
1975–76BurgosCelta de VigoMálaga
1976–77Sporting de GijónCádizRayo Vallecano
1977–78Real ZaragozaRecreativo de HuelvaCelta de Vigo
1978–79AD AlmeríaMálagaReal Betis
1979–80Real MurciaReal ValladolidOsasuna
1980–81CastellónCádizRacing de Santander
1981–82Celta de VigoSalamancaMálaga
1982–83Real MurciaCádizMallorca
1983–84Castilla (non ascendido por ser o equipo filial)Bilbao Athletic (non ascendido por ser o equipo filial)Hércules, Racing de Santander e Elche
1984–85Las PalmasCádizCelta de Vigo
1985–86Real MurciaSabadellMallorca
1986–87ValenciaLogroñésCelta de Vigo
1987–88MálagaElcheReal Oviedo
1988–89CastellónRayo VallecanoMallorca e Tenerife
1989–90Real BurgosReal BetisEspanyol
1990–91Albacete BalompiéDeportivo da Coruña
1991–92Celta de VigoRayo Vallecano
1992–93LleidaReal ValladolidRacing de Santander
1993–94EspanyolReal BetisCompostela
1994–95MéridaRayo VallecanoSalamanca
1995–96HérculesLogroñésExtremadura
1996–97MéridaSalamancaMallorca
1997–98AlavésExtremaduraVillarreal
1998–99MálagaAtlético de Madrid B (non ascendido por ser o equipo filial)Numancia, Sevilla e Rayo Vallecano
1999–00Las PalmasOsasunaVillarreal
2000–01SevillaReal BetisTenerife
2001–02Atlético de MadridRacing de SantanderRecreativo
2002–03Real MurciaReal ZaragozaAlbacete Balompié
2003–04LevanteNumanciaGetafe
2004–05CádizCelta de VigoAlavés
2005–06Recreativo de HuelvaGimnásticLevante
2006–07Real ValladolidUD AlmeríaReal Murcia
2007–08NumanciaMálagaSporting de Gijón
2008–09XerezReal ZaragozaTenerife
2009–10Real SociedadHérculesLevante
2010–11Real BetisRayo VallecanoGranada
2011–12Deportivo da CoruñaCelta de VigoReal Valladolid
2012–13ElcheVillarrealUD Almería
2013–14EibarDeportivo da CoruñaCórdoba
2014–15Real BetisSporting de GijónLas Palmas
2015–16AlavésLeganésOsasuna
2015–16AlavésLeganésOsasuna
2016–17LevanteGironaGetafe
2017–18Rayo VallecanoHuescaValladolid
2018–19OsasunaGranadaMallorca
2019–20HuescaCádizElche

Estatísticas editar

Récords da categoría editar

Palmarés editar

ClubCampión[11]SubcampiónAnos dos campionatos
Real Murcia821939/40, 1954/55, 1962/63, 1972/73, 1979/80, 1982/83, 1985/86 e 2002/03
Real Betis751931/32, 1941/42, 1957/58, 1970/71, 1973/74, 2010/11 e 2014/15
Deportivo da Coruña551961/62, 1963/64, 1965/66, 1967/68 e 2011/12
Sporting de Gijón541943/44, 1950/51, 1956/57, 1969/70 e 1976/77
Real Oviedo531932/33, 1951/52, 1957/58, 1971/72 e 1974/75
CA Osasuna421952/53, 1955/56, 1960/61 e 2018/19
Sevilla FC411928/29, 1933/34, 1968/69 e 2000/01
UD Las Palmas4-1953/54, 1963/64, 1984/85 e 1999/00
Deportivo Alavés4-1929/30, 1953/54, 1997/98 e 2015/16
Celta de Vigo371935/36, 1981/82 e 1991/92
Hércules CF371934/35, 1965/66 e 1995/96
Real Valladolid341947/48, 1958/59 e 2006/07
CD Málaga341951/52, 1966/67 e 1987/88
Real Sociedad321948/49, 1966/67 e 2009/10
Granada CF311940/41, 1956/57 e 1967/68
CD Alcoyano3-1944/45 e 1946/47
CE Sabadell251942/43 e 1945/46
Racing de Santander221949/50 e 1959/60
Elche CF221958/59 e 2012/13
Levante UD222003/04 e 2016/17
CD Castellón211980/81 e 1988/89
Valencia CF2-1930/31 e 1986/87
Real Jaén2-1952/53 e 1955/56
RCD Mallorca2-1959/60 e 1964/65
Pontevedra CF2-1962/63 e 1964/65
CP Mérida2-1994/95 e 1996/97
Real Zaragoza151977/78
Cádiz CF152004/05
Rayo Vallecano142017/18
Atlético de Madrid122001/02
Atlético Tetuán111950/51
CD Tenerife111960/61
Córdoba CF111961/62
Burgos CF111975/76
UE Lleida111992/93
RCD Espanyol111993/94
Málaga CF111998/99
Recreativo de Huelva112005/06
SD Huesca112019/20
Cultural Leonesa1-1954/55
AD Almería1-1978/79
Real Madrid Castilla1-1983/84
Real Burgos1-1989/90
Albacete Balompié1-1990/91
CD Numancia1-2007/08
Xerez CD1-2008/09
SD Eibar1-2013/14
UD Salamanca-3
Gimnàstic de Tarragona-2
CD Logroñés-2
Barakaldo CF-1
Valencia Mestalla-1
CF Extremadura-1
Bilbao Athletic-1
Atlético de Madrid B-1
UD Almería-1
CD Puertollano-1
Atlético de Ceuta-1
CD Condal-1
Getafe CF-1
Iberia SC-1
Villarreal CF-1
CD Leganés-1
Girona FC-1
Club desaparecido

Notas editar

  1. "LaLiga 1". LaLiga. 30 de xullo de 2019. Consultado o 31 de maio de 2020.  Texto "2" ignorado (Axuda); Texto "3 modifica su nombre a LaLiga SmartBank" ignorado (Axuda)
  2. lfp.es - O BBVA e a LFP presentan o seu acordo de colaboración
  3. Liga Nacional de Fútbol Profesional, ed. (8 de setembro de 2012). "Patrocinadores da LFP". 
  4. "LaLiga e o Banco Santander chegan a un acordo de patrocinio polo ‘title sponsor’ da competición". LaLiga. 21 de xullo de 2016. Consultado o 8 de maio de 2020. 
  5. Acedo, Diego (6 de xullo de 2011). "No habrá penaltis en los 'playoffs' de ascenso". Marca. Consultado o 8 de setembro de 2012. 
  6. CIHEFE - Cuadernos de fútbol (ed.). "Estadísticas y Datos de Jugadores por lugar de nacimiento. 1ª Parte". Consultado o 12 de decembro de 2014. 
  7. Real Federación Española de Fútbol (1951). "Fase final de Segunda División". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1951. p. 342. 
  8. Real Federación Española de Fútbol (1951). "Relación de Clubs que han ganado el campeonato de Liga". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1951. pp. 360–361. 
  9. "Santander, 4 - Lérida, 1" (PDF). Mundo Deportivo nº 8.316. 19 de xuño de 1950. p. 3. El Santander cierra su brillante campaña clasificándose campeón absoluto de Segunda División. 
  10. Real Federación Española de Fútbol (1978). "Relación de Clubs que han ganado el campeonato de Liga". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1978. p. 644. 
  11. Rec.Sport.Soccer Statistics Foundation (ed.). "Lista de campeones de Segunda División". Consultado o 11 de agosto de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar