Albacete Balompié

O Albacete Balompié é un club de fútbol de España da cidade de Albacete. Foi fundado en 1940 e actualmente xoga na Primeira División RFEF (Grupo 2). É o único equipo de Castela-A Mancha que xogou na Primeira División, categoría na que militou sete tempadas en dúas etapas (1991-96 e 2003-05). O seu terreo de xogo é o Estadio Carlos Belmonte, con capacidade para 17.500 espectadores.

Albacete
NomeAlbacete Balompié, S.A.D.
Alcume(s)El Alba
El Queso Mecánico
Fundación1 de agosto de 1940 (83 anos)
EstadioCarlos Belmonte,
Albacete, España
Inauguración1960
Capacidade17.500
Presidente Georges Kabchi
AdestradorGalicia Rubén de la Barrera
Liga1ª RFEF – Grupo 2
2020–21Segunda División: 22.º de 22
Na rede
http://www.albacetebalompie.com/
Facebook: AlbaceteBalompie Twitter: albaceteBPSAD Instagram: albacetebp Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Historia

editar

O Albacete Balompié foi fundado o 1 de agosto de 1940. O seu primeiro presidente foi Antonio Lozano Matarredona. A súa orixe sitúase no Café Colón, entre un grupo de amigos que querían formar unha sociedade deportiva: Antonio Tabernero, Pedro Monzón e o propio Antonio Lozano. A primeira dificultade foi a de incorporar xogadores. Reuniuse aos que pertenceran aos clubs antecesores SD Albacete e CD Albacete, onde había xente moi nova.

O primeiro nome foi Albacete Fútbol Asociación, pero cando a federación enviou unha circular na que se esixía que se "españolizasen" os nomes dos clubs, Antonio Lozano propuxo o de Albacete Balompié, denominación final do club.

Durante a década de 1940, a traxectoria do equipo discorre pola Terceira división española cultivando magníficos resultados en todas as tempadas, sendo a peor clasificación o terceiro posto. Corre o ano 1949 cando se produce o primeiro ascenso a Segunda división, categoría na que permanece durante dúas tempadas consecutivas e á que regresa de forma fugaz en 1961.

Na década dos anos sesenta compite sen maiores sobresaltos en Terceira, ata que en 1970 comeza un triste periplo polas categorías rexionais que finaliza de forma definitiva en 1977 cando consegue volver a Terceira.

En 1982 estréase na Segunda B, creada facía poucos anos, categoría na que xoga durante todos os anos oitenta excepto na tempada 1985-86 que o fai en Segunda división da man de Julián Rubio e Ventura Martínez.

Nesas andaba cando Benito Floro e Rafael Candel en 1990 e en 1991 conseguen o dobre ascenso desde Segunda B ata Primeira, onde debuta cun histórico sétimo posto. Mantense cinco anos de forma consecutiva e alcanza as semifinais da Copa do Rei na tempada 1994-95, sendo eliminado polo Valencia CF.

O Albacete descende a Segunda división tras perder a promoción ante o CF Extremadura. Comezan entón uns anos de grandes dificultades tanto deportivas como económicas, con continuos cambios de equipos técnicos e directivos. Na tempada 2002-03, repetindo o que xa pasou con Benito Floro, César Ferrando (outro adestrador descoñecido e procedente da Comunidade Valenciana) remodela por completo o persoal e, tras unha gran tempada, consegue o tan ansiado ascenso como terceiro clasificado.

A última etapa histórica do club ata a data complétase con outras dúas novas tempadas consecutivas en Primeira. A 2004-05 supón o último descenso a Segunda división, logo de cometer moitos erros tanto no deportivo como no económico, tendo na figura do seu entón presidente Ángel Contreras ao principal responsable. Na tempada 2010-11 descende á Segunda División B.

Na tempada 2011-12, na Copa do Rei chega a oitavos de final tras eliminar ao Atlético de Madrid, despois de vencer 2-1 en casa e de dar a sorpresa gañando 0-1 no Estadio Vicente Calderón. En oitavos caería eliminado polo Athletic de Bilbao. Na liga, acaba en cuarta posición e xoga o play-off de ascenso. Logo de superar ao Orihuela, cae eliminado polo Cádiz. Na tempada seguinte xogou de novo o play-off de ascenso pero foi eliminado na primeira rolda polo Real Oviedo.

O Albacete volveu á Segunda División na tempada 2013-14, onde se proclamou campión do grupo IV e gañou no play-off de campións ó Sestao River. Ademais, proclamouse campión da Segunda División B ó gañar ó outro equipo ascendido no play-off de campións, o Racing de Santander.

Uniforme

editar
  • Titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Alternativo: Camiseta negra, pantalón negro e medias negras.

Estadio

editar
Artigo principal: Estadio Carlos Belmonte.
Panorámica do Carlos Belmonte no Albacete-Murcia da tempada 09-10.

Foi construído en 1960 e reformado por última vez en 1998, acollendo desde entón catro partidos da Selección española. Ten un aforamento de 17.500 espectadores.

Datos do club

editar

Historial na liga

editar
TempadaCategoríaPosto
1940/41Rexional
1941/42Rexional
1942/43Rexional
1943/44
1944/45
1945/46
1946/47
1947/48
1948/49
1949/50
1950/5115º
1951/52Rexional
1952/53
1953/5413º
1954/55
1955/56
1956/57
1957/58
1958/59
1959/60
TempadaCategoríaPosto
1960/61
1961/6213º
1962/63
1963/64
1964/65
1965/66
1966/67
1967/68
1968/69
1969/7014º
1970/71Rexional
1971/72Rexional
1972/73Rexional
1973/74Rexional
1974/75Rexional
1975/7617º
1976/77Rexional
1977/78
1978/79
1979/80
TempadaCategoríaPosto
1980/81
1981/82
1982/832ªB
1983/842ªB
1984/852ªB
1985/8617º
1986/872ªB17º
1987/882ªB
1988/892ªB12º
1989/902ªB
1990/91
1991/92
1992/9317º
1993/9413º
1994/9517º
1995/9620º
1996/97
1997/9814º
1998/9915º
1999/0010º
TempadaCategoríaPosto
2000/01
2001/0210º
2002/03
2003/0414º
2004/0520º
2005/0613º
2006/07
2007/0812º
2008/0915º
2009/1015º
2010/1122º
2011/122ªB
2012/132ªB
2013/142ªB
2014/1514º
2015/1621º
2016/172ªB
2017/1817º
2018/19

Palmarés

editar

Torneos nacionais

editar

Torneos rexionais

editar
  • Trofeo Xunta de Comunidades de Castela-A Mancha (6): 1997-98, 1998-99, 2000-01, 2002-03, 2003-04, 2008-09.

Distincións individuais

editar

Xogadores

editar

Cadro 2013/14

editar

Actualizado a 1 de setembro de 2013

PostoPaísXogador
POR Francisco Dorronsoro
POR Alberto
DEF Ramón
DEF Carlos
DEF José Carlos
DEF Francisco Noguerol
DEF Pol Bueso
DEF José Rojas
DEF Samu
MED Candela
MED Diego Benito
MED Indiano
PostoPaísXogador
MED Israel
MED Julio Soria
MED Mario Ortiz
MED Miguel Núñez
MED Raúl Ruiz
MED Rubén Cruz
DIA Antonio Calle
DIA César Díaz
DIA Jorge Díaz

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar