Terceira División RFEF

(Redirección desde «Terceira División española»)

A Terceira División RFEF, chamada oficialmente Campeonato Nacional de Terceira División (Terceira RFEF),[1] anteriormente chamada Campionato Nacional de Liga de Terceira División,[2] é a quinta categoría da liga española de fútbol. Foi creada en 1929 como terceira categoría da liga española de fútbol, converténdose na cuarta categoría en 1977 trala creación da Segunda División B e na quinta categoría en 2021 trala creación da Primeira División RFEF.[3][4]

Terceira División RFEF
Fundación1929
RexiónEspaña España
Equipos18 grupos de entre 16 e 21 equipos
AscensoSegunda División RFEF
DescensoDivisións rexionais
OrganizadorRFEF
Sitio webwww.rfef.es
Terceira División RFEF 2023/24
CD Barco - Atlético Arnoia, 2022.

Está inmediatamente por riba das divisións rexionais, a Preferente no caso de Galicia, polo que se considera a última categoría nacional de liga española. É unha categoría non profesional e está formada por 18 grupos, correspondendo o Grupo I aos equipos de Galicia.

Historia

editar
Racing de Ferrol - Areas na Malata, 2011.

A Terceira División creouse na tempada 1929–30, é dicir, a partir da segunda edición da Liga española de fútbol. Historicamente era a terceira categoría da liga española, por baixo da Segunda División. Na tempada 1977–78, coa creación da Segunda División B, pasou a ser a cuarta categoría da liga española[5].A súa estrutura, así como o número de grupos e equipos participantes cambiou en múltiples ocasións ao longo da historia. Na súa primeira edición, a fase previa distribuía a 33 equipos en 8 grupos diferentes, dos cales foron campións: Club Gijón, Barakaldo CF, Atlético Aurora Pamplona, Patria Zaragoza, CD Castellón, Sporting Sagunto, Cartagena FC e Recreativo de Huelva. Xa na fase eliminatoria, o Castellón converteuse no primeiro campión da categoría ao vencer por un apertado 3-2 fronte ao Recreativo de Huelva.

A Terceira División foi suprimida en 1934 e non volveu porse en marcha ata a tempada 1940–41, xa pasada a guerra civil, aínda que foi suprimida outra vez ao remate desa mesma tempada, quedando substituída pola primeira categoría rexional[6]. Con todo, dous anos despois, para a tempada 1943–44, foi novamente recuperada[6].

A última gran reestruturación aconteceu na tempada 1980-81, cando foron creados novos grupos e se fixo unha distribución autonómica dos mesmos, aínda que foron precisas varias tempadas para acadar a distribución actual.

Trala tempada 2020/21 pasou a ser a quinta categoría do fútbol español, cunha nova estruturación na que se introduciu a Primeira División RFEF como terceiro nivel.[3][4]

Sistema de competición

editar
Grupos da Terceira división

Actualmente compiten 364 clubs en Terceira división, repartidos en 18 grupos, na maioría dos cales participan 20 equipos. Cada grupo corresponde a unha Federación territorial e, polo tanto, a unha Comunidade Autónoma, excepto no caso de Andalucía, que se divide en dous grupos (9 e 10). Os clubs das cidades autónomas de Ceuta e Melilla, no norte de África, compiten cos da Federación Andaluza de Fútbol, nos grupos 10 e 9 respectivamente.

O sistema de competición é o mesmo que no resto de categorías da Liga española de fútbol. Dispútase anualmente, empezando a finais do mes de agosto ou principios de setembro e terminando no mes de maio ou xuño do seguinte ano.

Os equipos de cada grupo enfróntanse todos contra todos en dúas ocasións -unha en campo propio e outra en campo contrario- sumando un total de 38 xornadas. A orde dos encontros decídese por sorteo antes de empezar a competición. O gañador dun partido obtén tres puntos, o perdedor non suma unidades, e en caso dun empate hai un punto para cada equipo.

Ao termo da tempada o equipo que acumula máis puntos proclámase campión de Terceira División (hai 18 campións cada tempada, un por grupo).

Promoción de ascenso

editar

Unha vez finalizada a tempada regular, os catro primeiros clasificados de cada grupo disputan a promoción de ascenso a Segunda División B.

Este play-off consta de tres roldas de eliminación directa, a dobre partido (ida e volta). Os campións enfróntanse nunha primeira eliminatoria e o gañador ascende directamente a Segunda B. Os segundos clasificados enfróntanse aos cuartos, e os terceiros xogan entre eles, todos a dobre partido. Os gañadores e os campións de grupo perdedores da primeira eliminatoria xogan novamente a dobre partido. Os gañadores desta enfróntanse entre eles nunha terceira rolda, na que os gañadores ascenden a Segunda B.

Historial

editar

Campións

editar

Clubs con 5 ou máis títulos de Terceira División (sumando 3ª e 4ª categorías):[7][8]

ClubTítulos3ª categoría
(1929-1977)
4ª categoría
(1977-2021)
Caudal Deportivo15411
CD Eldense1349
RS Gimnástica1147
C.D. Atlético Baleares1055
C.P. Cacereño1046
Deportivo Aragón1046
C.D. Don Benito1028
Peña Sport FC10010
Sevilla Atlético927
CD Calahorra909
Las Palmas Atlético909
R. C. D. Mallorca B909
SD Noja909
CD Ourense871
C.D. Puertollano853
Racing de Ferrol844
Valencia CF Mestalla835
C.E. Constància826
CD Castellón761
Gimnástico de Tarragona761
S. D. Eibar752
Algeciras C.F.725
Andorra C.F.725
C.D. Toledo716
Real Valladolid Promesas716
U.D. Salamanca660
R. C. D. Mallorca651
Recreativo de Huelva660
Barakaldo C.F.651
D. Alavés651
Cultural y Deportiva Leonesa642
R. Jaén C.F.642
CD Alcoyano633
Pontevedra CF624
S. D. Huesca624
Betis Deportivo606
Zamora C.F.606
Albacete Balompié550
CA Osasuna550
Real Madrid Castilla550
Terrassa F.C.550
U.D. Mahón550
C.E. L'Hospitalet514
Real Sociedad F. "B"514
C.D. Badajoz532
CD Olímpic532
U.E. Sant Andreu532
U.E. Olot523
CD Tudelano514
Club Deportivo Lealtad505
C. Portugalete505
Tomelloso C.F.505
Real Madrid C505

Estatísticas

editar

Máis tempadas

editar
PostoEquipoTempadas
Murcia Imperial65
Arenas de Getxo61
Constància56
Eldense56
Tudelano55
Racing de Santander B54
Europa54
Cacereño53
Atlético Baleares53
Manacor53
Actualizado ata a tempada 2017/18.

Equipos galegos

editar

Os equipos galegos que se proclamaron algunha vez campións da Terceira División son os seguintes:[7][8]

EquipoTítulos3ª categoría
(pre-1977)
4ª categoría
(post-1977)
Tempadas
CD Ourense8711955-56, 1956-57, 1958-59, 1966-67, 1967-68, 1968-69, 1972-73, 2011-12
Racing de Ferrol8441960-61, 1962-63, 1964-65, 1965-66, 1987-88, 1991-92, 2012-13, 2018-19
Pontevedra CF6241959-60, 1975-76, 1981-82, 1982-83, 1983-84, 2014-15
SD Compostela6151963-64, 1979-80, 1989-90, 2008-09, 2017-18, 2019-20
CD Lugo4111961-62, 1977-78, 1980-81, 1985-86
CCD Cerceda4041995-96, 2002-03, 2003-04, 2010-11
Deportivo Fabril4042005-06, 2006-07, 2009-10, 2016-17
SD Compostela B3031996-97, 1997-98, 2001-02
CD Lalín2021984-85, 1990-91
CD As Pontes2021986-87, 1994-95
Celta de Vigo B2021999-00, 2000-01
Celta de Vigo1101932-33
Deportivo Xuvenil1101953-54
Arsenal CF1101954-55
Club Turista1101957-58
Deportivo da Coruña1101974-75
CJ Cambados1011988-89
Arosa SC1011992-93
Bergantiños FC1011993-94
Porriño Industrial CF1011998-99
Rápido de Bouzas1012004-05
SD Ciudad de Santiago1012007-08
UD Somozas1012013-14
CD Boiro1012015-16
CD Arenteiro1012020-21

Notas

editar
  1. Real Federación Española de Fútbol (Xullo de 2022). "RFEF. Reglamento general. Edición Julio 2022" (PDF). p. 187. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 06 de agosto de 2022. Consultado o 9 de agosto de 2022.  |capítulo= ignorado (Axuda) (en castelán)
  2. NORMAS REGULADORAS Y BASES DE COMPETICIÓN DE SEGUNDA DIVISIÓN “B” Y TERCERA DIVISIÓN - TEMPORADA 2020/2021 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  3. 3,0 3,1 CIRCULAR N.º 96 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Primera División RFEF rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  4. 4,0 4,1 CIRCULAR N.º 98 - Normas Reguladoras y Bases de Competición de Tercera División (Tercera RFEF) - Temporada 2021/22 rfef.es. Consultado o 4 de setembro de 2021.
  5. "La Segunda División B: Tercer nivel desde 1977". Vicent Masià. La Futbolteca
  6. 6,0 6,1 "1943: La Tercera División adquiere protagonismo". Vicent Masià. La Futbolteca
  7. 7,0 7,1 Resultados históricos del fútbol español arquero-arba.futbolme.net (en castelán)
  8. 8,0 8,1 Real Federación Española de Fútbol (1978). "Relación de Clubs que han ganado el campeonato de Liga". Real Federación Española de Fútbol. Anuario 1978. pp. 645–649. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: