Masacre de Jaragua

O masacre de Jaragua de xullo de 1503 foi o asasinato de nativos taínos nunha aldea no territorio de Jaragua na illa da Española. Foi ordenado polo gobernador español de Santo Domingo, Nicolás de Ovando, e levado a cabo por Alonso de Ojeda durante unha celebración que se deu na vila de "Guava", preto da actual Léogâne en Haití, daquela territorio da cacique Anacaona.[1]

Masacre da raíña Anacaona e os seus súbditos, ilustración propagandista do século XVI deseñada por Theodor de Bry para o libro de Bartolomé de las Casas Brevísima relación de la destrucción de las Indias.
Os cinco cacicados nos que estaba dividida a illa da Española no momento da chegada de Cristovo Colón. O territorio de Jaragua en marrón.

Feitos

editar
Representación do século XVIII de Ojeda.

O cacicado de Jaragua estaba baixo o poder do cacique Bohechío. Despois da morte de Bohechío o territorio paso á súa irmá Anacaona. Ela mediaba entre os nativos de Jaragua e os casteláns. Tiña fama de ser unha administradora eficiente, unha muller fermosa e moi respectada. Naquela época, os casteláns tiñan alianza co cacique de Marién, Guacanagarix. Guacanagarix dixo aos españois que a tribo de Jaragua planeaba unha rebelión. Aínda que Anacaona sempre pagara o seu tributo, Ovando considerouna unha ameaza.

Segundo Bartolomé de las Casas, en 1503, Ovando aconsellou a Anacaona que visitaría a cidade de Jaragua cos seus homes para celebrar o progreso. Durante a celebración Ojeda e os seus homes volvéronse contra os nativos. Anacaona e outros nobres foron arrestados e acusados de conspiración e de tentar iniciar unha rebelión. Ovando fora a Jaragua con 300 homes e moitos nativos da tribo de Marien. En pleno festexo deuse un sinal preestablecido e os casteláns apoderáronse dos caciques e atacáronos. Así, morreron moitos dos indíxenas, entre eles 80 caciques foron queimados vivos e Anacaona foi aforcada.[2] Las Casas recolle que entre os masacrados había nenos. Escribe que os casteláns cortaron as pernas aos rapaces mentres corrían, e que mesmo cando uns casteláns tentaban salvar un neno poñéndoo sobre os seus cabalos, viña outro e "perforaba o neno cunha lanza".[3]

Por mor do masacre, o rei Fernando V depuxo e chamou a Ovando a España en 1509. Ovando morreu dous anos máis tarde, o 29 de maio de 1511.

Segundo las Casas, algúns dos que escaparon da masacre fuxiron á illa de Guanabo, a oito leguas de distancia, pero máis tarde foron detidos e escravizados polos españois. Tamén sinala que unha destas persoas foille entregada como escrava.[3][4]

Notas

editar
  1. "Anacaona (princesa indígena de Haití) - EcuRed". www.ecured.cu. Consultado o 2021-12-04. 
  2. Floyd (1973), pp. 61–63.
  3. 3,0 3,1 Las Casas (1971), p. 99
  4. Las Casas (1971), p. 287

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Ayuso, Juan José (2003). Editora Manati', ed. En busca del pueblo dominicano (en castelán). p. 184. ISBN 9789993439202. 
  • Floyd, Troy (1973). The Columbus Dynasty in the Caribbean, 1492-1526 (en inglés). Albuquerque: University of New Mexico Press. ISBN 9780826302830. 
  • Las Casas, Bartolomé (1971). History of the Indies (en inglés). (trad. Andrée M. Collard). Nova York, Evanston e Londres: Harper & Row. ISBN 9780061315404. 
🔥 Top keywords: