Cultural y Deportiva Leonesa

club de fútbol de León
(Redirección desde «Cultural Leonesa»)

A Cultural y Deportiva Leonesa é un club de fútbol español, establecido na cidade de León, comunidade autónoma de Castela e León. Foi fundado en 1923 e compite no grupo I da Primeira División RFEF.

Cultural Leonesa
NomeCultural y Deportiva Leonesa, S.A.D.
Alcume(s)La cultu,
La leonesa
Fundación5 de agosto de 1923 (100 anos)
EstadioReino de León,
León, España
Inauguración2001
Capacidade13.451
PresidenteQatar Mohd Khalifa Al Suwadi
AdestradorEspaña Curro Torres
LigaPrimeira RFEF – Grupo 1
2020–212ª B – Grupo 1 (B), 2.º de 10
2ª B – Grupo 2 (C), 6.º de 6
Na rede
http://www.culturalydeportivaleonesa.es/
Facebook: CulturalyDeportivaLeonesa Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo

Uniforme

editar
  • Uniforme titular: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
  • Uniforme alternativo: Camiseta gris, pantalón negro e medias brancas.
  • Terceiro Uniforme: Camiseta verde escuro, pantalón negro e medias negras.

Himno

editar

A letra e música do himno oficial da Cultural Leonesa foi creado e composto por Ángel Arredondo Giraldo. O grupo de música folclórica leonesa La Braña é o que o interpreta.

O 29 de abril de 2007, presentouse a todos os afeccionados o novo himno composto por Manuel Quijano (pai dos compoñentes de Café Quijano). Este novo himno foi rexeitado polos afeccionados con apupos cada vez que se escoitaba nas bancadas do entón Antonio Amilivia e finalmente a directiva deciciu que deixase de soar en beneficio do primeiro.

Escudo

editar

O escudo da Cultural Leonesa baséase nun León rampante coroado e linguado (símbolo da cidade de León) de cor vermella, rodeado por unha circunferencia tamén vermella na que se insire en nome do club: "Cultural y Deportiva Leonesa" con letras brancas, rematado na parte superior da circunferencia cunha coroa vermella, con adornos brancos e laranxas.

Estadio

editar
A Cultural Leonesa disputando un partido no Estadio Municipal Reino de León fronte ao CE Sabadell.

A Cultural Leonesa disputa os seus partidos no Estadio Municipal Reino de León (Cambiado na tempada 08-09, antes coñecido como "Novo Estadio Antonio Amilivia") construído en 2001 e con capacidade para 13.451 persoas. O terreo de xogo ten unhas dimensións de 105 x 68 metros. Está situado na avenida Saenz de Miera, á beira do Pavillón municipal de deportes da cidade de León. O primeiro partido disputado foi o 20 de maio de 2001 fronte ao Xerez Club Deportivo, con resultado favorable á Cultural Leonesa por 1 a 0.

O equipo empezou a disputar os seus partidos no campo de La Corredera. Posteriormente pasou a xogar ao campo de El Ejido, que pertencía á Maestranza de Aviación. Co ascenso a Primeira construíuse o estadio Antonio Amilivia, antes coñecido co nome de La Puentecilla. Tamén xogou no Área Deportiva de Puente Castro.

Datos do club

editar

Xogadores

editar
Categoría principal: Xogadores da Cultural Leonesa.

Cadro actual

editar
Datos do 20 de xullo de 2011.
PostoPaísXogador
POR Diego Calzado
MED Galán
DEF Edgar Gil
DIA Murci
DIA Joshua

Palmarés

editar

Torneos rexionais

editar

Torneos nacionais

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar