Swansea City A.F.C.

club de fútbol galés da cidade de Swansea

O Swansea City Association Football Club (galés: Clwb Pêl-droed Dinas Abertawe) é un club de fútbol galés da cidade de Swansea. Foi fundado en 1912 e compite na Premier League. O seu campo é o Liberty Stadium, con capacidade para 20.750 espectadores. Fundado en 1912 como Swansea Town AFC, adoptou en 1969 a súa denominación actual tras obter Swansea o status de cidade. Uniuse á Football League en 1921 e é membro dende entón. Entre 1981 e 1983 xogou na First Division, máxima categoría do fútbol inglés, acabando sexto na súa primeira tempada. Na tempada 2010/11 conseguiu o ascenso á Premier League, sendo o primeiro club de Gales que disputa esta competición dende a súa fundación en 1992.

Swansea City
NomeSwansea City Association Football Club
Alcume(s)The Jacks; The Swans
Fundación1912
EstadioLiberty Stadium,
Swansea, Gales
Inauguración2005
Capacidade20.750
PresidenteInglaterra Huw Jenkins
AdestradorItalia Francesco Guidolin
LigaPremier League
2013–1412º
VestimentaAdidas
PatrocinadorGWFX
Na rede
http://www.swanseacity.net/
Facebook: SwanseaCityFC Twitter: swansofficial Instagram: swansofficial Youtube: UCSMZZFBE92Yn-_XYdDiiANA TikTok: swansofficial Editar o valor em Wikidata
Titular
Alternativo
Terceiro

O Swansea City é un dos 6 equipos galeses que participan na liga inglesa. Ata o ano 1992, a FAW non organizaba ningún torneo ligueiro, coa posta en marcha da Welsh Premier League, o Swansea rexeitou a invitación para participar nela. En 1996 deixou de participar na Welsh Cup.

Na tempada 2012/13, acada unha gran campaña con Michael Laudrup como DT, conseguindo conquistar a Copa da Liga de Inglaterra ó vencer na final 5-0 ó Bradford City, que militaba na Football League Two, cuarta división de Inglaterra. Isto representou o primeiro título do Swansea e o segundo dun club galés en competicións inglesas, xa que o Cardiff City gañara a FA Cup en 1927. Ademais, grazas a este logro, o Swansea logrou clasificar por vez primeira na súa historia nunha competición internacional, a UEFA Europa League 2013-14, competición na que debutou triunfando e eliminando primeiro ó Malmö FF de Suecia e logo ó Petrolul romanés en fases previas, para chegar a fase de grupos e debutar ante o Valencia CF, en Mestalla, goleando a domicilio por 0-3, con goles de Wilfried Bony, Michu e Jonathan de Guzmán.

Xogadores editar

Categoría principal: Xogadores do Swansea City AFC.

Primeiro equipo editar

Datos do 18 de agosto de 2017

PostoPaísXogador
1GK Łukasz Fabiański
4MF Ki Sung-yueng
5DF Mike van der Hoorn
6DF Alfie Mawson
7MF Leon Britton (captain)
8MF Leroy Fer
9FW Fernando Llorente
10FW Tammy Abraham (on loan from Chelsea)
11MF Luciano Narsingh
12MF Nathan Dyer
13GK Kristoffer Nordfeldt
14MF Tom Carroll
15MF Wayne Routledge
PostoPaísXogador
16DF Martin Olsson
18FW Jordan Ayew
19GK Mark Birighitti
20MF Jefferson Montero
22DF Àngel Rangel
25GK Erwin Mulder
26DF Kyle Naughton
27DF Kyle Bartley
33DF Federico Fernández
35DF Stephen Kingsley
51MF Roque Mesa
56MF Jay Fulton
62FW Oliver McBurnie

Sub 23 editar

Datos do 22 de maio de 2017

PostoPaísXogador
29DF Cian Harries
30MF Josh Sheehan
31DF Aaron Lewis
34MF Jack Evans
36FW Botti Biabi
38MF Adnan Marić
41FW Jordan Garrick
44DF Tom Plezier
45GK Gregor Zabret
46MF Kenji Gorré
47DF Tyler Reid
PostoPaísXogador
48MF George Byers
53MF Adam King
58FW Courtney Baker-Richardson
60GK Lewis Thomas
61DF Joe Rodon
63MF Ryan Blair
DF Mael Davies
MF Marco Dulca
MF Kieran Evans
FW Liam Cullen

Palmarés editar

Liga editar

Copa editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar