Mundial de Fútbol de 2010

evento futbolístico internacional cuatrianual
(Redirección desde «Copa Mundial de Fútbol de 2010»)

A Copa Mundial da FIFA Suráfrica 2010™ (en inglés: FIFA World Cup South Africa 2010™) foi a edición número dezanove do Campionato Mundial de fútbol de seleccións, a competición máis importante deste deporte. O torneo comezou o 11 de xuño no Estadio Soccer City de Xohanesburgo, rematando un mes despois, o 11 de xullo, no mesmo recinto. O Mundial de Fútbol 2010 foi a culminación dunha fase de clasificación que comezou en agosto de 2007 involucrando a 204 dos 208 equipos nacionais rexistrados pola FIFA. Como tal coincide cos Xogos Olímpicos de 2008 como a competición deportiva con máis estados participantes.

Modelo:Competición deportivaMundial de Fútbol de 2010
Imaxe
TipoCopa do Mundo de Fútbol Editar o valor em Wikidata
MascotaZakumi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Composto por
Número de participantes32 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Nelson Mandela Bay (Porto Elizabeth)
Cape Town Stadium (Município metropolitano da Cidade do Cabo (pt) Traducir)
Estadio Moses Mabhida (Stamford Hill, Durban (en) Traducir)
Estadio Free State (Bloemfontein)
Soccer City (Xohanesburgo)
Ellis Park
Loftus Versfeld (Pretoria)
Estadio Royal Bafokeng (Phokeng (en) Traducir)
Estadio Mbombela (Mbombela Local Municipality (en) Traducir)
Estadio Peter Mokaba (Polokwane) Editar o valor em Wikidata
PaísSuráfrica Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo11 de xuño de 2010 – 11 de xullo de 2010 Editar o valor em Wikidata
Número de edición19  (2010) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos64 Editar o valor em Wikidata
Goles145 Editar o valor em Wikidata
Máis goles marcadosDavid VillaEspaña (5)
Máis goles marcadosWesley SneijderPaíses Baixos (5)
Máis goles marcadosThomas MüllerAlemaña (5)
Máis goles marcadosDiego ForlánUruguai (5) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores3.178.856 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialfifa.com… Editar o valor em Wikidata

Esta edición foi a primeira vez que se celebrou nunha nación africana, despois de que Suráfrica vencese a Marrocos e a Exipto no proceso de elección. Esta decisión fai que a única confederación que aínda non acolleu esta competición sexa Oceanía. O sorteo para a fase final do torneo tivo lugar en Cidade do Cabo o 4 de decembro de 2009.

España proclamouse campioa do mundo por primeira vez na historia, nunha disputada final contra os Países Baixos na que gañou 0-1 cun gol de Andrés Iniesta a cinco minutos do final da segunda parte da prórroga. A selección anfitrioa, Suráfrica, ademais dos anteriores campión e subcampión, Italia e Francia, foron eliminados na fase de grupos, sendo a primeira vez que isto ocorre. As selección de Arxentina, Brasil e Alemaña abandonaron posteriormente o torneo nas roldas eliminatorias. Cómpre destacar que a selección de Nova Zelandia foi a única selección que non perdeu ningún partido en todo o torneo, xa que conseguiu empatar nos seus tres encontros da fase de grupos.

Antecedentes e elección editar

Nelson Mandela foi un dos principais promotores da candidatura de Suráfrica.

Desde os anos 1980 comezou a medrar a idea da realización dun torneo en África en resposta ao crecemento e desenvolvemento do fútbol no devandito continente e que se reflectía no progreso das seleccións do mesmo en diversos torneos internacionais. Até a edición de 2002, disputada en Asia, Europa e América organizaran exclusivamente o torneo desde a súa creación en 1930.

Para a elección da sede da Copa Mundial de Fútbol de 1994, Marrocos estivo a tres votos de derrotar aos Estados Unidos, e posteriormente volveu presentar candidaturas para as Copas de 1998 e 2006, sen lograr resultados satisfactorios. Nesta última elección, Suráfrica presentou a súa candidatura co apoio do presidente da FIFA, Joseph Blatter, pero os esforzos foron en balde: Alemaña adxudicouse o evento nunha rifada e polémica votación por un voto de diferenza. Trala derrota surafricana, os dirixentes da FIFA decidiron establecer un criterio de "rotación continental" que permitise asegurar que o certame seguinte sería xogado en África, un dos grandes continentes que non albergara o evento. A FIFA permitiu soamente candidaturas africanas e seis países manifestaron as súas intencións.

Fans festexando a elección de Suráfrica.

Xunto a Suráfrica e Marrocos, candidatas en eleccións anteriores, presentáronse Exipto, Libia, Nixeria e Tunisia. Nixeria abandonou a carreira nun comezo sen presentar a súa candidatura oficialmente ante a FIFA. Libia, doutra banda, anunciou que en caso de ser elixida non permitiría que Israel puidese participar no torneo, quedando descualificada;[1] a pesar diso, persistiu coa súa candidatura até a presentación final. A FIFA desestimou a posibilidade de realizar un mundial en conxunto entre dúas nacións, polo que Tunisia, que pensaba nunha asociación cos libios, retirouse días antes da votación.[2]

Así, tres candidaturas quedaron con posibilidades reais, con todo, a pelexa era principalmente entre Suráfrica e Marrocos. Os marroquís presentábanse como unha ponte entre Occidente e o mundo musulmán, e unha alternativa próxima a Europa, mentres os surafricanos baseaban a súa postulación no seu desenvolvemento económico e experiencia en realización de eventos deportivos (como a Copa Mundial de Rugby e de crícket). O 15 de maio de 2004 realizouse a elección na cidade suíza de Zúric. Marrocos contou co apoio de Bélxica, España, Francia, Qatar, Tailandia, Turquía e os catro votos da Confederación Africana de Fútbol, mais ese dez votos foron insuficientes para contrarrestar o catorce votos dos outros representantes latinoamericanos que votaron por Suráfrica; Exipto non recibiu ningunha preferencia. A vitoria surafricana viuse selada con Nelson Mandela, principal figura da candidatura, levantando o trofeo da Copa Mundial.[3]

Resultados da votación
PaísVotos
Suráfrica14
Marrocos10
Exipto0
  • Tunisia retirouse o 4 de maio de 2008 despois de facer unha oferta conxunta que non se permitiu
  • Libia rexeitouse a candidatura por non cumprir os requirimentos e a oferta conxunta non se permitiu

Clasificación editar

Como país organizador, Suráfrica clasificouse automaticamente ao torneo. Con todo, participou de igual xeito nas eliminatorias para o mundial debido a que estas eliminatorias tamén serven como rolda de clasificación para a Copa Africana de Nacións 2010 de Angola. Por isto, foron a primeira selección organizadora dende o Mundial de 1934 que toma parte desta fase da competición.

Ao igual que pasou na Copa do Mundo de 2006 os campións do anterior mundial non se clasificaron directamente, polo que Italia tivo que xogar a rolda previa. O sorteo para decidir as eliminatorias de clasificación para o Mundial 2010 foi realizado o 25 de novembro de 2007 en Durban, Suráfrica.

Lista de participantes editar

As seguintes 32 seleccións clasificáronse para a fase final.

AFC (4)
CAF (6)
CONCACAF (3)
CONMEBOL (5)
OFC (1)
UEFA (13)
     Países clasificados ao Mundial      Países non clasificados ao Mundial      Países que non participaron na clasificación      País non membro da FIFA

Esta é a primeira Copa do Mundo na que non participa ningún equipo que non se teña xa clasificado para edicións anteriores, xa que as dúas novas seleccións de Eslovaquia e Serbia xa se clasificaran formando parte de Estados desaparecidos. No caso de Eslovaquia fixérao competindo como parte da selección de Checoslovaquia, e no caso de Serbia como parte de Iugoslavia e posteriormente de Serbia e Montenegro. En ámbolos casos a FIFA considera que as seleccións manteñen os rexistros das súas predecesoras.

Porén, houbo algunhas controversias na clasificación, as que envolveron aos partidos xogados entre as seleccións de Francia e de Irlanda, de Costa Rica e o Uruguai e de Exipto e Alxeria en novembro de 2009. No segundo encontro da eliminatoria entre Francia e Irlanda, o capitán da selección francesa Thierry Henry, non visto polo colexiado, golpeou o balón ilegalmente coa man dando ao seu equipo o gol da vitoria que clasificaba aos bleus ao mundial. Este incidente provocou un amplo debate sobre como ao partidos de alto nivel debían ser arbitrados. A FIFA rexeitou a petición da Federación Irlandesa de repetir o encontro,[4] así como a petición de incluír aos irlandeses como equipo número 33 do mundial.[5] No caso de América, a selección de Costa Rica queixouse polo da vitoria do Uruguai nesta eliminatoria definitiva para o mundial,[6] mentres o encontro entre Exipto e Alxeria estivo rodeado por informes sobre problemas cos seareiros.

En resposta a todos estes incidentes durante a clasificación, e como arranxo á controversia, o 2 de decembro de 2009 a FIFA convocou unha xunta xeral extraordinaria do seu Comité Executivos. Despois da reunión, a FIFA anunciou o comezo dunha investigación sobre a aplicación da tecnoloxía e novos asistentes durante os encontros, mais non falaron sobre a esperada introdución dos xuíces de gol que xa se usaran durante os encontros de Europa League, reiterando que no Mundial só haberá un arbitro principal cos seus dous asistentes e un cuarto árbitro como é habitual.[7]

Organización editar

Trala elección do país como sede, comezaron os preparativos para a organización do evento. Os principais investimentos, cubertas principalmente polo superávit impositivo, corresponden á infraestrutura tanto deportiva como de transporte e a redución das cifras de criminalidade. Así, máis de 8.400 millóns de rand (aproximadamente 1.100 millóns de dólares) foron destinados orixinalmente á remodelación e construción dos estadios, cuxas obras se iniciarían durante xaneiro de 2007 trala demolición de antigos recintos. A cifra, con todo, era equivalente a 3,5 veces o orzado durante a presentación da candidatura.[8] Adicionalmente, o goberno anunciou que a policía nacional contaría para 2010 con 10.000 efectivos máis que nesa data.

Co paso dos meses, o desenvolvemento dos preparativos foi posto en cuestión e comezaron a xurdir rumores sobre un posible traslado da sede do torneo debido aos atrasos existentes.[9] Franz Beckenbauer, presidente do Comité Organizador da Copa Mundial de Fútbol de 2006 manifestou publicamente a súa preocupación polo estado de avance das obras.[10] Con todo, a FIFA ratificou que a sede non sería cambiada e que só se avaliaría aquilo ante un desastre natural de gran magnitude. Con todo, o 29 de xuño de 2008 o presidente da FIFA dixo ter un "Plan B" listo no caso de que o país africano tivese problemas na organización, aínda que ratificou a Suráfrica como sede para a Copa Mundial de Fútbol de 2010.[11] Días despois, especuláronse os nomes de posibles organizadores no caso de que Suráfrica non puidese ser anfitrioa do mundial do 2010, Australia, España e Estados Unidos soaron bastante forte, debido a que o Estadio Nelson Mandela Bay de Porto Elizabeth non estaría a tempo para a Copa FIFA Confederacións 2009.[12] O 17 de xullo apareceu en distintos medios de comunicación que Brasil podía adiantar a súa sede en 2014 e realizar o mundial en 2010 e Suráfrica pasaría a organizar o mundial no 2014.[13]

En calquera caso, o Mundial finalmente celebrarase en Suráfrica como estaba previsto, tal e como asegurou Joseph Blatter o 15 de decembro de 2008. Non só confirmou que o campionato se celebraría alí e que se descartou de maneira oficial calquera alternativa, senón que expresou publicamente a satisfacción que lle produce que se celebre este torneo por primeira vez en África.[14]

Sedes editar

En 2005, os organizadores do evento anunciaron unha lista previa de trece sedes para o evento: Xohanesburgo e Pretoria presentaron dúas, mentres que Bloemfontein, Cidade do Cabo, Durban, Kimberley, Nelspruit, Orkney, Polokwane, Porto Elizabeth e Rustenburg, unha. A lista foi reducida ás dez sedes definitivas, sendo anunciada pola FIFA o 10 de marzo de 2006. Cinco estadios, incluíndo o Soccer City (sede do partido de apertura e clausura) serían remodelados, dous estadios serían demolidos e reconstruídos, mentres o tres restantes serían estadios totalmente novos.

XohanesburgoDurbanCidade do CaboXohanesburgoPretoria
Soccer CityEstadio Moses MabhidaCape Town StadiumEllis ParkLoftus Versfeld
Capacidade: 91.141Capacidade: 70.000Capacidade: 69.070Capacidade: 62.567Capacidade: 51.760
Porto ElizabethBloemfonteinPolokwaneRustenburgNelspruit
Estadio Nelson Mandela BayEstadio Free StateEstadio Peter MokabaEstadio Royal BafokengEstadio Mbombela
Capacidade: 48.000Capacidade: 48.000Capacidade: 46.000Capacidade: 44.530Capacidade: 43.589

Mapa das sedes editar

Símbolos editar

Zakumi editar

Zakumi é a mascota oficial deste mundial (creada o 16 de xuño de 1994). É un leopardo antropomórfico co cabelo verde, e o seu nome ven de "ZA", a abreviatura internacional para Suráfrica, e "kumi", unha palabra que significa dez en varias linguas africanas.[15] Ademais as cores da mascota reflicten as cores da camiseta de Suráfrica (amarelo e verde) e as manchas teñen a forma do clásico pentágono dos balóns de fútbol.

A data de creación de Zakumi coincidiu cun día coñecido e celebrado como o Día da Xuventude en Suráfrica e o ano 1994 marca as primeiras eleccións non raciais nacionais en Suráfrica. A mascota fixo dezaseis anos o ano da celebración do mundial. O lema oficial de Zakumi é: "O xogo de Zakumi é o Fair Play". O lema foi amosado nos carteis publicitarios dixitais durante a Copa FIFA Confederacións 2009, e tamén durante a propia Copa do Mundo.

Jabulani editar

O balón oficial con que se xogará o campionato será o modelo Jabulani, fabricado pola marca Adidas.[16] O Jabulani (que significa "celebrar" en zulú), deseñado pola Universidade de Loughborough do Reino Unido, ten once cores que representan os once xogadores de cada equipo, os once idiomas oficiais de Suráfrica e as once comunidades surafricanas que darán a benvida ao mundo do primeiro Mundial de fútbol que ten lugar en África.[17] Unha "versión dourada" deste balón, chamado Jo'bulani, será o utilizado na final da copa do mundo.[18]

Vuvuzela editar

O Polbo Paul
Artigo principal: Vuvuzela.

Unha vuvuzela é unha clase de trompeta longa utilizada sobre todo no fútbol surafricano para animar aos equipos ao longo de todo o partido. Adoita estar feita de plástico e o son que emite, moi forte, pode lembrar o dun elefante ou, se hai moitas á vez, un enxame de abellas. As vuvuzelas empezaron a ser coñecidas en calquera parte do mundo a partir da Copa Confederacións 2009, disputada en Suráfrica e, especialmente, dende o mundial de fútbol de 2010. Numerosos seareiros sopran vuvuzelas durante a integridade de todos os partidos que se disputan, un feito que provocou as queixas de xogadores, adestradores, comentaristas de radio e televisión e espectadores. Con todo, a FIFA móstrase contraria a prohibilas ao considerar que son un elemento inseparable da cultura futbolística surafricana.

Polbo Paul editar

Artigo principal: Polbo Paul.

Unha curiosidade deste mundial foron os dotes de adiviñación que se lle atribuíron a un polbo chamado Paul. Coñéceselle por prognosticar os resultados dos partidos nos que xogou Alemaña, na Eurocopa 2008 e o Mundial de Suráfrica 2010, no que soamente se equivocou nun dos resultados. Debido ao grande interese dos medios, fixeron que Paul prognosticase o resultado da final do Mundial 2010 aínda que non xogase a selección alemá, prognosticando a derrota da laranxa mecánica ante España, e este, pois, acertou.

Antes de cada partido internacional da selección alemá, a Paul presentáronselle dous colectores idénticos con comida: un deles estaba marcado coa bandeira de Alemaña e o outro coa bandeira do equipo opoñente. A elección de Paul interpretábase co equipo que logrará a vitoria. Desta forma, Paul escolleu correctamente catro do seis partidos que xogou Alemaña na Eurocopa 2008 e nos primeiros seis partidos na Copa Mundial de Fútbol de 2010.Tamén predixo que España vencería a Alemaña na semifinal e acertou.[19][20] O fenómeno nos medios protagonizado por Paul fixo que moitos medios de comunicación considerasen que superou en popularidade á mascota oficial do campionato, o leopardo Zakumi.

Grupos editar

A Comisión Organizadora da FIFA aprobou o procedemento para o sorteo final o 2 de decembro de 2009. O sistema estaba baseado na décima clasificación mundial de seleccións FIFA, sendo sete selección elixidas como cabezas de serie mais Suráfrica por ser a organizadora. O comité tamén aprobou a composición dos outros grupos para o sorteo, así como o procedemento para o sorteo final. Finalmente o grupo dous para o sorteo estaba composto por equipos de Asia, Oceanía e América do Norte, o tres cos equipos de África e América do Sur e o catro cos restantes de Europa.

Grupo para o sorteo 1Grupo para o sorteo 2Grupo para o sorteo 3Grupo para o sorteo 4

 Suráfrica
 Brasil
 España
 Países Baixos
 Italia
 Alemaña
 Arxentina
 Inglaterra

 Australia
 Corea do Norte
 Corea do Sur
 Xapón
 Estados Unidos
 Honduras
 México
 Nova Zelandia

 Alxeria
 Camerún
 Costa do Marfil
 Ghana
 Nixeria
 Chile
 Paraguai
 Uruguai

 Dinamarca
 Francia
 Grecia
 Portugal
 Serbia
 Eslovaquia
 Eslovenia
 Suíza

Grupos finais
Grupo AGrupo BGrupo CGrupo D
 Suráfrica  Arxentina  Inglaterra  Alemaña
 México  Nixeria  Estados Unidos  Australia
 Uruguai  Corea do Sur  Alxeria  Serbia
 Francia  Grecia  Eslovenia  Ghana
Grupo EGrupo FGrupo GGrupo H
 Países Baixos  Italia  Brasil  España
 Dinamarca  Paraguai  Corea do Norte  Suíza
 Xapón  Nova Zelandia  Costa do Marfil  Honduras
 Camerún  Eslovaquia  Portugal  Chile

Resultados editar

Os horarios corresponden á hora de Suráfrica (UTC+2)

Primeira fase editar

Grupo A editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Uruguai7321040+4
México4311132+1
Suráfrica4311135-2
Francia1301214-3


Suráfrica 1 - 1México11 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Tshabalala  55'Informe
Márquez  79'
 
Uruguai 0 - 0Francia11 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Informe
 


Suráfrica 0 - 3Uruguai16 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 42.658
Árbitro: Massimo Busacca (Suíza)
Informe
Forlán  24'  80' (pen.)
Pereira  90+5'
 
Francia 0 - 2México17 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 35.370
Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita)
Informe
Hernández  64'
Blanco  79' (pen.)
 


México 0 - 1Uruguai22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 33.425
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Informe
Suárez  43'
 
Francia 1 - 2Suráfrica22 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 39.415
Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia)
Malouda  70'Informe
Khumalo  20'
Mphela  37'
 

Grupo B editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Arxentina9330071+6
Corea do Sur4311156-1
Grecia3310225-3
Nixeria1301235-2


Corea do Sur 2 - 0Grecia12 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 31.513
Árbitro: Michael Hester (Nova Zelandia)
Lee Jung-Soo  7'

Park Ji-Sung  52'

Informe
 
Arxentina 1 - 0Nixeria12 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 55.686
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Heinze  6'Informe
 


Arxentina 4 - 1Corea do Sur17 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 82.174
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Park Chu-Young  17' (p.m.)
Higuaín  33'  76'  80'
Informe
Lee Chung-Yong  45+1'
 
Grecia 2 - 1Nixeria17 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 31.593
Árbitro: Óscar Ruiz (Colombia)
Salpigidis  44'
Torosidis  71'
Informe
Uche  16'
 


Nixeria 2 - 2Corea do Sur22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 61.874
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Uche  12'
Yakubu  69' (pen.)
Informe
Lee Jung-Soo  38'
Park Chu-Young  49'
 
Grecia 0 - 2Arxentina22 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 38.891
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Demichelis  77'
Palermo  89'
 

Grupo C editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Estados Unidos5312043+1
Inglaterra5312021+1
Eslovenia43111330
Alxeria1301202-2


Inglaterra 1 - 1Estados Unidos12 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 38.646
Árbitro: Carlos Simon (Brasil)
Gerrard  4'Informe
Dempsey  40'
 
Alxeria 0 - 1Eslovenia13 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 30.325
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Informe
Koren  79'
 


Eslovenia 2 - 2Estados Unidos18 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 45.573
Árbitro: Koman Coulibaly (Malí)
Birsa  13'
Ljubijankič  42'
Informe
Donovan  48'
Bradley  82'
 
Inglaterra 0 - 0Alxeria18 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
 


Eslovenia 0 - 1Inglaterra23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 36.893
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Informe
Defoe  23'
 
Estados Unidos 1 - 0Alxeria23 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 35.827
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Donovan  90+1'Informe
 

Grupo D editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Alemaña6320151+4
Ghana43111220
Australia4311136-3
Serbia3310223-1


Serbia 0 - 1Ghana13 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 38.833
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Informe
Gyan  85' (pen.)
 
Alemaña 4 - 0Australia13 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.660
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Podolski  8'
Klose  26'
Müller  68'
Cacau  70'
Informe
 


Alemaña 0 - 1Serbia18 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 38.294
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Informe
Jovanović  38'
 
Ghana 1 - 1Australia19 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 34.812
Árbitro: Roberto Rosetti (Italia)
Gyan  25' (pen.)Informe
Holman  11'
 


Ghana 0 - 1Alemaña23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 83.391
Árbitro: Carlos Eugênio Simon (Brasil)
Informe
Özil  60'
 
Australia 2 - 1Serbia23 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 37.836
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Cahill  69'
Holman  73'
Informe
Pantelić  84'
 

Grupo E editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Países Baixos9330051+4
Xapón6320142+2
Dinamarca3310236-3
Camerún0300325-3


Países Baixos 2 - 0Dinamarca14 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 83.465
Árbitro: Stephane Lannoy (Francia)
Poulsen  46' (p.m.)
Kuyt  85'
Informe
 
Xapón 1 - 0Camerún14 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 30.620
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Honda  39'Informe
 


Países Baixos 1 - 0Xapón19 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.010
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Sneijder  53'Informe
 
Camerún 1 - 2Dinamarca19 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 38.704
Árbitro: Jorge Larrionda (Dinamarca)
Eto'o  10'Informe
Bendtner  33'
Rommedahl  61'
 


Dinamarca 1 - 3Xapón24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 27.967
Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica)
Tomasson  81'Informe
Honda  17'
Endō  30'
Okazaki  87'
 
Camerún 1 - 2Países Baixos24 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 63.093
Árbitro: Pablo Pozo (Chile)
Eto'o  65' (pen.)Informe
van Persie  36'
Huntelaar  84'
 

Grupo F editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 Paraguai5312031+2
Eslovaquia4311145-1
Nova Zelandia33030220
Italia2302145-1


Italia 1 - 1Paraguai14 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.869
Árbitro: Benito Archundia (México)
De Rossi  63'Informe
Alcaraz  39'
 
Nova Zelandia 1 - 1Eslovaquia15 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 23.871
Árbitro: Jerome Damon (Suráfrica)
Reid  90+3'Informe
Vittek  50'
 


Eslovaquia 0 - 2Paraguai20 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 26.643
Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles)
Informe
Vera  27'
Riveros  86'
 
Italia 1 - 1Nova Zelandia20 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 38.229
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Iaquinta  29' (pen.)Informe
Smeltz  7'
 


Eslovaquia 3 - 2Italia24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 53.412
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Vittek  25'  73'
Kopúnek  89'
Informe
Di Natale  81'
Quagliarella  90+2'
 
Paraguai 0 - 0Nova Zelandia24 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Peter Mokaba, Polokwane
Asistencia: 34.850
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Informe
 

Grupo G editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
Brasil7321052+3
Portugal5312070+7
Costa do Marfil4311143+1
Corea do Norte03003112-11


Costa do Marfil 0 - 0Portugal15 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 37.034
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Informe
 
Brasil 2 - 1Corea do Norte15 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 37.034
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Maicon  59'
Elano  72'
Informe
Ji Yun-Nam  89'
 


Brasil 3 - 1Costa do Marfil20 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.455
Árbitro: Stephane Lannoy (Francia)
Luís Fabiano  25'  50'
Elano  62'
Informe
Drogba  79'
 
Portugal 7 - 0Corea do Norte21 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 63.644
Árbitro: Pablo Pozo (Chile)
Meireles  29'
Simão  53'
Almeida  56'
Tiago  60'  89'
Liédson  81'
Ronaldo  87'
Informe
 


Portugal 0 - 0Brasil25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.712
Árbitro: Benito Archundia (México)
Informe
 
Corea do Norte 0 - 3Costa do Marfil25 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 34.763
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Informe
Y. Touré  14'
Romaric  20'
Kalou  82'
 

Grupo H editar


EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDif
 España6320142+2
 Chile6320132+1
 Suíza43111110
 Honduras1301203-3


Honduras 0 - 1Chile16 de xuño de 2010, 13:30 – Estadio Mbombela, Nelspruit
Asistencia: 32.664
Árbitro: Eddy Maillet (Seychelles)
Informe
Beausejour  34'
 
España 0 - 1Suíza16 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 62.453
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Fernandes  52'
 


Chile 1 - 0Suíza21 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 34.872
Árbitro: Khalil Al Ghamdi (Arabia Saudita)
González  75'Informe
 
España 2 - 0Honduras21 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 54.386
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Villa  17'  51'Informe
 


Chile 1 - 2España25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 41.958
Árbitro: Marco Rodríguez (México)
Millar  47'Informe
Villa  24'
Iniesta  37'
 
Suíza 0 - 0Honduras25 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 28.042
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Informe
 

Segunda fase editar


Oitavos de finalCuartos de finalSemifinaisFinal
              
Porto Elizabeth, 26 de xuño      
   Uruguai 2
Xohanesburgo, 2 de xullo
   Corea do Sur 1 
   Uruguai 1(4)
Rustenburg, 26 de xuño
    Ghana 1(2) 
   Estados Unidos 1
Cidade do Cabo, 6 de xullo
   Ghana 2 
   Uruguai 2
Durban, 28 de xuño
    Países Baixos 3 
   Países Baixos 2
Porto Elizabeth, 2 de xullo
   Eslovaquia 1 
   Países Baixos 2
Xohanesburgo, 28 de xuño
    Brasil Brasil 1 
   Brasil 3
Xohanesburgo, 11 de xullo
   Chile 0 
   Países Baixos 0
Xohanesburgo, 27 de xuño
    España 1
   Arxentina 3
Cidade do Cabo, 3 de xullo
   México 1 
   Arxentina 0
Bloemfontein, 27 de xuño
    Alemaña 4 
   Alemaña 4
Durban, 7 de xullo
   Inglaterra 1 
   Alemaña 0
Pretoria, 29 de xuño
    España 1 Terceiro posto
   Paraguai 0(5)
Xohanesburgo, 3 de xulloPorto Elizabeth, 10 de xullo
   Xapón 0(3) 
   Paraguai 0   Uruguai 2
Cidade do Cabo, 29 de xuño
    España 1    Alemaña 3
   España 1
   Portugal 0 

Oitavos de final editar

Uruguai 2 - 1Corea do Sur26 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 30.597
Árbitro: Wolfgang Stark (Alemaña)
Suárez  8'  80'Informe
Lee C-Y  68'
 
Estados Unidos 1 - 2Ghana26 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Royal Bafokeng, Rustenburg
Asistencia: 34.976
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Donovan  62' (pen.)Informe
K. Boateng  5'
Gyan  93'
 


Alemaña 4 - 1Inglaterra27 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Free State, Bloemfontein
Asistencia: 32.652
Árbitro: Jorge Larrionda (Uruguai)
Klose  20'
Podolski  32'
Müller  67'  70'
Informe
Upson  37'
 
Arxentina 3 - 1México27 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.377
Árbitro: Roberto Rosetti (Italia)
Tévez  26'  52'
Higuaín  33'
Informe
Hernández  71'
 


Países Baixos 2 - 1Eslovaquia28 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 61.962
Árbitro: Alberto Undiano Mallenco (España)
Robben  18'
Sneijder  84'
Informe
Vittek  90+4' (pen.)
 
Brasil 3 - 0Chile28 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 54.096
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Juan  34'
Luís Fabiano  38'
Robinho  59'
Informe
 


Paraguai 0 - 0
(Penaltis 5 - 3)
Xapón29 de xuño de 2010, 16:00 – Estadio Loftus Versfeld, Pretoria
Asistencia: 36.742
Árbitro: Frank De Bleeckere (Bélxica)
Barreto
Barrios
Riveros
Valdez
Cardozo
Informe
Endō
Hasebe
Komano
Honda
 
España 1 - 0Portugal29 de xuño de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.955
Árbitro: Héctor Baldassi (Arxentina)
Villa  63'Informe
 

Cuartos de final editar

Países Baixos 2 - 1Brasil2 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 40.186
Árbitro: Yuichi Nishimura (Xapón)
Melo  53' (p.m.)
Sneijder  68'
Informe
Robinho  10'
 
Uruguai 1 - 1
(Penaltis 4 - 2)
Ghana2 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.017
Árbitro: Olegário Benquerença (Portugal)
Forlán  55'

Forlán
Victorino
Scotti
Pereira
Abreu
Informe
Muntari  45+2'

Gyan
Appiah
Mensah
Adiyiah
 


Arxentina 0 - 4Alemaña3 de xullo de 2010, 16:00 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 64.100
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Informe
Müller  3'
Klose  68'  89'
Friedrich  74'
 
Paraguai 0 - 1España3 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Ellis Park, Xohanesburgo
Asistencia: 55.359
Árbitro: Carlos Batres (Guatemala)
Informe
Villa  83'
 

Semifinais editar

Uruguai 2 - 3Países Baixos6 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Cape Town, Cidade do Cabo
Asistencia: 62.479
Árbitro: Ravshan Irmatov (Uzbekistán)
Forlán  41'
M. Pereira  90+2'
Informe
Van Bronckhorst  18'
Sneijder  70'
Robben  73'
 
Alemaña 0 - 1España7 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Moses Mabhida, Durban
Asistencia: 60.960
Árbitro: Viktor Kassai (Hungría)
Informe
Puyol  73'
 

Terceiro posto editar

Uruguai 2 - 3Alemaña10 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Nelson Mandela Bay, Porto Elizabeth
Asistencia: 36.254
Árbitro: Benito Archundia (México)
Cavani  28'
Forlán  51'
Informe
Müller  19'
Jansen  56'
Khedira  82'
 

Final editar

Bandeiras dos Países Baixos e España durante a final

A Final do Mundial de Fútbol de Suráfrica 2010 disputouse o 11 de xullo de 2010 no Estadio Soccer City de Xohanesburgo. Xogouse entre as seleccións dos Países Baixos e España, resultando vencedora esta última por 0-1, cun gol de Andrés Iniesta a catro minutos do final da prórroga. O partido destacou polo seu infrecuente número de cartóns amarelos, a meirande parte producidos polos neerlandeses, que foron criticados polos seu xogo sucio.[21]

Ambos equipos participantes, Países Baixos e España, competían por acadar o seu primeiro título de Campión do Mundo, xa que a selección neerlandesa xogara anteriormente sen éxito as finais de 1974 e 1978 e a española nunca conseguira chegar a unha, sendo o seu mellor posto até ese intre o cuarto acadado no mundial de Brasil 1950. Esta final foi a segunda consecutiva que enfrontaba a equipos europeos e a primeira vez que un equipo dese continente a gañaba fóra do mesmo.


Países Baixos 0 - 1España11 de xullo de 2010, 20:30 – Estadio Soccer City, Xohanesburgo
Asistencia: 84.490
Árbitro: Howard Webb (Inglaterra)
Informe
Iniesta  116'
 

Premios e recoñecementos editar

Bota de Ouro editar

Para a designación do gañador da bota de ouro, tomáronse en conta en primeira instancia os goles (GF), seguido polas asistencias de goles realizadas (AST) e finalmente a menor cantidade de minutos xogados (MIN).[22].

Thomas Müller
XogadorSelecciónGFASTMIN
Thomas Müller Alemaña53473'
David Villa España51635'
Wesley Sneijder Países Baixos51652'
Diego Forlán Uruguai51654'
Gonzalo Higuaín Arxentina40341'
Róbert Vittek Eslovaquia40353'
Miroslav Klose Alemaña40357'
Luis Suárez Uruguai32543'
Landon Donovan Estados Unidos30390'
Luís Fabiano Brasil30418'
Asamoah Gyan Ghana30501'

Balón de Ouro editar

O Balón de Ouro, que distingue ao mellor xogador de cada Copa Mundial, foille outorgado ao dianteiro uruguaio Diego Forlán, quen marcou cinco goles no torneo. Recibiu 23,4% dos votos das persoas acreditadas para este mundial, deixando atrás ao centrocampista neerlandés Wesley Sneijder e ao español David Villa.

Diego Forlán
XogadorSelecciónVotos
Diego Forlán Uruguai23,4%
Wesley Sneijder Países Baixos21,8%
David Villa España16,9%
Asamoah Gyan Ghana
Andrés Iniesta España
Lionel Messi Arxentina
Mesut Özil Alemaña
Arjen Robben Países Baixos
Bastian Schweinsteiger Alemaña
Xavi Hernández España

Equipo das estrelas editar

A FIFA divulgou o equipo ideal do torneo, o cal foi escollido mediante votación polos membros do club en FIFA.com.[23]

PorteirosDefensasCentrocampistasDianteiros

Iker Casillas

Sergio Ramos
Maicon
Carles Puyol
Philipp Lahm

Wesley Sneijder
Xavi Hernández
Andrés Iniesta
Bastian Schweinsteiger

David Villa
Diego Forlán

Outros premios editar

Estatísticas editar

Suráfrica - México
Inglaterra - Alxeria
Brasil - Chile
España - Portugal
EquipoPtsPXPGPEPPGFGCDifRend
1 España18760182685,7%
2 Países Baixos187601126685,7%
3 Alemaña1575021651171,4%
4 Uruguai117322118352,4%
5 Arxentina125401106480,0%
6 Brasil10531194566,7%
7 Ghana8522154153,3%
8 Paraguai6513132140,0%
9 Xapón7421142258,3%
10 Chile6420235-250,0%
11 Portugal5412171641,7%
12 Estados Unidos5412155041,7%
13 Inglaterra5412135-241,7%
14 México4411245-133,3%
15 Corea do Sur4411268-233,3%
16 Eslovaquia4411257-233,3%
17 Costa do Marfil4311143144,4%
18 Eslovenia4311133044,4%
19 Suíza4311111044,4%
20 Suráfrica4311135-244,4%
21 Australia4311136-344,4%
22 Nova Zelandia3303022033,3%
23 Serbia3310223-133,3%
24 Dinamarca3310236-333,3%
25 Grecia3310225-333,3%
26 Italia2302145-122,2%
27 Nixeria1301235-211,1%
28 Alxeria1301202-211,1%
29 Francia1301214-311,1%
30 Honduras1301203-311,1%
31 Camerún0300325-30,0%
32 Corea do Norte03003112-110,0%

Notas editar

  1. "Libya: Israel not welcome". Arquivado dende o orixinal o 13-10-2007. Consultado o 09-06-2010. 
  2. "Suráfrica e Marrocos disputan sede mundial 2010". Arquivado dende o orixinal o 13 de xaneiro de 2012. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  3. Suráfrica albergará o Mundial de fútbol 2010
  4. "FIFA statement on FAI request". Arquivado dende o orixinal o 20 de novembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  5. "Blatter apologises over comments". Arquivado dende o orixinal o 06 de decembro de 2009. Consultado o 06 de decembro de 2009. 
  6. "Blatter: we need goal line officials at World Cup". Arquivado dende o orixinal o 05 de decembro de 2009. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  7. FIFA reject extra referees proposal
  8. "SA faces R8.4bn stadium bill". Arquivado dende o orixinal o 22 de outubro de 2006. Consultado o 09 de xuño de 2010. 
  9. Doubt over South Africa 2010
  10. Beckenbauer issues 2010 warning
  11. A FIFA ten un "Plan B" para Suráfrica 2010[Ligazón morta]
  12. Australia pode relevar a Suráfrica
  13. "SA will host 2010 World Cup, says Blatter". www.iol.co.za (en inglés). Consultado o 2020-04-04. 
  14. Suráfrica será a sede do Mundial, non hai plan B
  15. A nova mascota do mundial
  16. "Jabulani", presentado en sociedade
  17. Adidas "Jabulani" Official Match Ball of the 2010 FIFA World Cup
  18. O Jo'bulani será o balón da final do Mundial
  19. Mundial Suráfrica 2010: 10 cousas que non sabías do polbo Paul
  20. "Paul predicts Germany loss against Spain". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  21. Spain lauded, Dutch castigated for 'brutal' World Cup final
  22. "Resultados da Bota de Ouro". Arquivado dende o orixinal o 15 de xuño de 2010. Consultado o 13 de xullo de 2010. 
  23. "O once ideal dos usuarios". Arquivado dende o orixinal o 12 de setembro de 2014. Consultado o 30 de xullo de 2010. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar