Carles Puyol

futbolista español

Carles Puyol i Saforcada, nado en La Pobla de Segur (Lleida) o 13 de abril de 1978, é un exfutbolista catalán. Xogaba de defensa e pasou toda a súa carreira no Barcelona. Está considerado un dos mellores defensores do mundo. Xogador destro dunha gran fortaleza física non exenta de calidade técnica, rapidez e polivalencia. É un marcador forte e duro, pero que sempre destacou polo seu xogo limpo.

Carles Puyol
Puyol co Barcelona en 2011
Información persoal
NomeCarles Puyol i Saforcada
Nacemento13 de abril de 1978 (46 anos)
Lugar de nacementoLa Pobla de Segur
Altura1,78 m.
PosiciónDefensa
Carreira xuvenil
1993–1995Pobla de Segur
1995–1996Barcelona
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1996–1997Barcelona C
1997–2000Barcelona B89(6)
1999–2014Barcelona392(12)
Selección nacional
1995España sub-183(0)
2000España sub-214(0)
2000España sub-235(0)
2000–2013España100(3)
2001–2013Cataluña6(0)
Na rede
http://www.carles5puyol.com/
Facebook: puyol5carles Twitter: Carles5puyol Instagram: carles5puyol FIFA: 177914 UEFA: 42872 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 2 de marzo de 2014.
Selección: actualizado a 6 de febreiro de 2013.editar datos en Wikidata ]

En 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española.

Traxectoria editar

Leva toda a súa carreira deportiva no FC Barcelona, club ao que chegou sendo un neno para integrarse nas súas categorías inferiores. Empezou, sendo infantil e xuvenil, xogando de extremo dereito, o cal axudoulle a mellorar a súa velocidade e capacidade de caneo e centro. Posteriormente pasou a xogar de mediocampista.

Debutou no primeiro equipo do FC Barcelona na tempada 1999-2000, o 2 de outubro de 1999, en Valladolid, no partido da Liga española de fútbol que enfrontou ao Real Valladolid e ao FC Barcelona (0-2). O adestrador do Barcelona era Louis Van Gaal, o cal fíxolle xogar durante dúas tempadas coma lateral dereito. Nesa posición axiña se consolidou, destacando coma un gran marcador que sempre se ocupaba de marcar aos mellores dianteiros do conxunto rival. A súa polivalencia permitiulle ocupar diferentes posicións, en función das necesidades do equipo: xogou de lateral dereito, zurdo, central, mediocampista, extremo... Finalmente consolidouse coma defensa central, posición na que se afianzou definitivamente.

Dende que debutou converteuse nun dos ídolos da afección barcelonista, que sempre valorou a súa efectividade e entrega. No 2003 o entón presidente barcelonista Joan Gaspart firmoulle unha ampliación de contrato co conxunto catalán ata o 30 de xuño de 2007, o que o converteu nun dos xogadores mellor pagados do equipo, cunha cláusula de rescisión de 180 millóns de euros.

O 14 de maio de 2005 conseguiu o seu primeiro título co FC Barcelona, ao proclamarse campión da Liga española de fútbol da tempada 2004-2005, con Frank Rijkaard coma adestrador.

Na tempada 2005-06 conseguiu a súa segunda liga co FC Barcelona e a súa primeira Liga de Campións da UEFA, derrotando na final ao Arsenal FC na cidade de París, o 17 de maio de 2006.

O 3 de novembro de 2006 morreu o seu pai, Josep Puyol, de 56 anos, nun accidente laboral no concello de Sarroca de Ballera a 15 km de La Pobla de Segur. O xogador tiña na súa figura paterna un exemplo de sacrificio e traballo, como explicaba na súa biografía Mi partido, antes do suceso, e o golpe moral para Carles foi moi duro.

Carles sufriu unha lesión de xeonllo cando finalizara a tempada. Estivo de baixa menos de 3 meses, chegou xusto ao comezo da tempada 2007-08, perdéndose soamente un mes de xogo. O 6 de abril de 2008 Carles Puyol, no partido que enfrontaba ao FC Barcelona contra o Getafe, logra roubar 22 balóns, batendo así a marca da historia da Liga, e superando a anterior marca de 20 balóns recuperados que tiña Sergio Ramos. O 27 de outubro de 2008 FIFPro incluíu a Carles Puyol dentro do seu once ideal do ano.

Puyol durante un adestramento co FC Barcelona.

En 2009 consegue un triplete histórico co FC Barcelona: campión da Liga española; campión da Copa do Rei (en Valencia contra o Athletic de Bilbao); e campión da Liga de Campións da UEFA (en Roma contra o Manchester United). Meses máis tarde, consegue tamén o sextete: Copa do Rei, Liga Española, Liga de Campións, Supercopa de España, Supercopa de Europa e Mundial de Clubs, formando parte do primeiro equipo en conseguilo.

En 2010 revalidaría o título de campión de Liga e chegaría a semifinais da Liga de Campións onde sería apeado polo Inter nunha eliminatoria que non puido disputar unha vez máis a volta (esta vez no Camp Nou). A inicios desta mesma tempada renovaría ata o 2012 coa posibilidade de seguir un ano máis ou de rescindir o contrato voluntariamente dependendo da participación no equipo.

Selección nacional de España editar

O seu maior éxito conseguiuno coma titular da selección olímpica que participou nos Xogos Olímpicos de Sidney 2000, con Iñaki Sáez como seleccionador. España conseguiu a medalla de prata, ó perder a final ante o Camerún na quenda de penaltis.

Debutou na Selección española absoluta da man do seleccionador José Antonio Camacho. Foi o 15 de novembro de 2000 no partido España - Países Baixos (1-2). Coa selección participou, sendo titular, na Copa Mundial de Fútbol de Corea e o Xapón de 2002, na que España foi eliminada por Corea do Sur nos cuartos de final.

Tamén foi titular da selección que participou na Eurocopa de fútbol de Portugal de 2004, con Iñaki Sáez como seleccionador, e na que España caeu eliminada na primeira fase.

Tamén participou na Copa Mundial de Fútbol de Alemaña 2006, onde España quedou eliminada en oitavos de final ante Francia.

O 29 de xuño de 2008, Puyol alzouse como campión na final da Eurocopa 2008 de Austria e Suíza.

O 11 de xullo de 2010 proclamouse campión da Copa Mundial de Fútbol coa selección española en Suráfrica.

Participacións coa selección editar

TorneoSedeResultado
Xogos Olímpicos de 2000SidneyMedalla de Prata
Mundial de Fútbol de 2002Corea do Sur e o XapónCuartos de final
Eurocopa 2004PortugalPrimeira fase
Mundial de Fútbol 2006AlemañaOitavos de final
Eurocopa 2008Austria e SuízaCampión
Mundial de Fútbol 2010SuráfricaCampión

Selección de Cataluña editar

Carles Puyol tamén disputou partidos coa selección de fútbol de Cataluña. O seu debut como xogador da selección de Cataluña tivo lugar o 22 de decembro do 2001, nun partido amigable xogado no Camp Nou (Barcelona) ante a selección de Chile cunha vitoria do equipo catalán por 1-0.

Puyol vestiu outra vez a camiseta da selección catalá o 22 de decembro do 2009, cando xogou de novo un partido amigable pero fronte a Arxentina. Carles Puyol foi substituído no minuto 62.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

TítuloClubPaísAno
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2005
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2005
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2006
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2006
Copa do ReiFC BarcelonaEspaña2009
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2009
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010

Copas internacionais editar

TítuloClub (*)LugarAno
Medalla de prata nos Xogos OlímpicosSelección españolaSidney (Australia)2000
Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaParís (Francia)2006
EurocopaSelección españolaAustria e Suíza2008
Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaRoma (Italia)2009
Supercopa de EuropaFC BarcelonaMontecarlo (Mónaco)2009
Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaAbu Dabi (EAU)2009
Copa Mundial de FútbolSelección españolaSuráfrica2010

(*) Incluíndo a Selección

Outras editar

TítuloClubLugarAno
Copa CatalunyaFC BarcelonaEspaña2003
Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2004
Copa CatalunyaFC BarcelonaEspaña2004
Trofeo Ramón de CarranzaFC BarcelonaEspaña2005
Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2006
Copa Franz BeckenbauerFC BarcelonaEspaña2007
Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2007
Copa CatalunyaFC BarcelonaEspaña2007
Trofeo Joan GamperFC BarcelonaEspaña2008

Distincións individuais editar

DistinciónAno
Premio Don Balón ó mellor xogador revelación2000-01
Incluído no once ideal da UEFA2002
Incluído no once ideal da European Sports Magazines2002
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española2002
Premios Protagonistas ao mellor futbolista na VI Edición2002
Incluído no once ideal da European Sports Magazines2003
Trofeo Patricio Arabolaza ao mellor representante da Furia española2004
Incluído no once ideal da UEFA2005
Incluído no once ideal da European Sports Magazines2005
Mellor defensa do ano da UEFA2005-06
Incluído no once ideal da UEFA2006
Mellor deportista español polo Mundo Deportivo2006
Incluído no once ideal da European Sports Magazines2006
Incluído no once ideal do FIFPro2007
Incluído no once ideal da UEFA2008
Incluído no once ideal da FIFA tras a Eurocopa2008
Incluído no once ideal do FIFPro2008
Elixido pola IFFHS en calidade de capitán ó mellor club dos últimos 18 anos2008
Incluído no once ideal da FIFA na Copa Confederacións2009
Incluído no once ideal da revista L'Équipe polos internautas2009
Incluído no once ideal da década polo xornal inglés The Sun2009
Incluído no once ideal polo xornal italiano La Gazzetta dello Sport2009
Incluído no once ideal da UEFA e seleccionado en calidade de capitán2009
Elixido como un dos 50 mellores xogadores da Copa Mundial por ESPN2010

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar