Bastian Schweinsteiger

futbolista alemán

Bastian Schweinsteiger (AFI: [ˈbasti̯an ˈʃvaɪ̯nʃtaɪ̯ɡɐ]  ( escoitar)) nado en Kolbermoor (Baviera) o 1 de agosto de 1984, é un exfutbolista profesional internacional alemán que xogaba como centrocampista.

Schweinsteiger
Información persoal
NomeBastian Schweinsteiger
Nacemento1 de agosto de 1984 (39 anos)
Lugar de nacementoKolbermoor
Altura1,83 m
PosiciónCentrocampista
Carreira xuvenil
1990–1992FV Oberaudorf
1992–1998TSV 1860 Rosenheim
1998–2002Bayern München
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2002Bayern München II34(2)
2002–2015Bayern München342(45)
2015–2017Manchester United18(1)
2017–2019Chicago Fire85(8)
Total479(56)
Selección nacional
2000Alemaña Sub-161(0)
2001–2002Alemaña Sub-1811(2)
2002–2003Alemaña Sub-197(2)
2004Alemaña Sub-217(2)
2004–2016Alemaña121(24)
Na rede
http://www.bastian-schweinsteiger.de
IMDB: nm1946102 Facebook: BastianSchweinsteiger Twitter: BSchweinsteiger Instagram: bastianschweinsteiger Youtube: UCyp98tg72VpoWHr6GxDxGTQ FIFA: 196752 UEFA: 67496 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Bastian Schweinsteiger ingresou nas categorías de base do Bayern München o 1 de xullo de 1998 aos 14 anos de idade.[1] Nesa época, Schweinsteiger demostraba talento na práctica do esquí, tendo que escoller entre cal desas carreiras iría seguir como profesional. Despois de conseguir algún título co Bayern en campionatos de júnior en Alemaña, decidiu adicarse ao fútbol.

Bayern de Múnic editar

Após ter conquistado o Campionato Alemán de Júniors en xullo de 2002, Schweinsteiger, que era un dos máis destacados daquela xeración, pasou a buscar tamén o seu lugar no elenco profesional. Despois de dúas sesións adestrando co equipo principal, o adestrador Ottmar Hitzfeld deu a Schweinsteiger a oportunidade de estrearse como substituto nun xogo da Liga de Campións da UEFA contra o equipo francés do Lens en novembro de 2002. O recentemente promovido Schweinsteiger non decepcionou e en poucos minutos foi o autor dunha xogada que culminou cun gol de Markus Feulner. Asinou entón un contrato profesional o mes seguinte e participou de 14 partidos da Bundesliga na temporada 2002-03, axudando ao Bayern na conquista do "dobrete" (Campionato e Copa nacional). Aínda nesta temporada, marcou tamén o seu primeiro gol como profesional, nun encontro fronte ao Wolfsburg en setembro de 2003. Na temporada seguinte, pasou ser un habitual no equipo, disputando 26 partidos da Bundesliga.

Sufriu un breve revés na súa precoz carreira no inicio da temporada 2004-05. Por opción do recentemente chegado adestrador Felix Magath, Schweinsteiger retornou ao Equipo B durante algunhas semanas, mesmo tras súas recentes fazañas internacionais do verán na UEFA Euro 2004. Tras só tres partidos no chamado "Bayern München II", Schweinsteiger rapidamente se reintegrou no equipo principal e tendo un papel importante na campaña do bicampionato nacional.

Pasados algúns anos, o home que viría ser un dos grandes responsábeis do salto de calidade na súa carreira asumía o comando do Bayern. Trátase do adestrador neerlandés Louis Van Gaal, que chegou ao Bayern en xullo de 2009. O técnico, que xa protagonizara notábeis traballos no Ajax, no Barcelona e na selección de seu país, rapidamente implantou a Schweinsteiger como volante cando asumiu o club alemán. Antes de chegar Van Gaal ao Bayern, cabía a Schweinsteiger a función que pasou a ser do tamén holandés Arjen Robben e do francés Franck Ribéry, contratados posteriormente polos bávaros. A pesar de seu vigor físico (1,83 m e 79 quilos), Bastian xogaba aberto polos dous flancos e tiña a función de driblar marcadores, abrindo espazos e visando suplir o mediapunta con lanzamentos longos ou pases. Aos 22 anos xogara xa 41 partidos internacionais, número que xamais outro xogador alemán alcanzara con esa idade. A pesar diso todo, diversas veces afirmou que non se sentía satisfeito naquela función, pois se sentía limitado xogando preto da liña lateral.

Selección alemá editar

Fixo súa estrea coa selección alemá absoluta en 2004, aos 20 anos de idade, nun amigábel contra Hungría. O dorsal 31 do Bayern deixou boa impresión ao actuar coa súa selección na UEFA Euro 2004, en Portugal, destacando sobre todo na xogada do gol do compañeiro de equipo, Michael Ballack, na derrota alemá por 2 a 1 fronte a República Checa. Marcou os seus primeiros dous goles internacionais o 8 de xuño de 2005 contra Rusia e marcou o seu primeiro gol nun torneo internacional contra Tunisia o 18 de xuño de 2005 na Copa das Confederacións 2005 no seu país natal. Iso foi seguido por dous goles no partido polo terceiro posto da Copa do Mundo de 2006, tamén en Alemaña, cando os xermanos venceron a Portugal por panel de 3 a 1. Schweinsteiger fixo practicamente un hat-trick con seus dous goles marcados e provocando un gol contra do portugués Petit.

Aos 22 anos, xa xogara 41 partidas coa selección alemá, unha marca na historia do fútbol do seu país. Na mesma idade, Lothar Matthäus (xogador que máis partidos vestira nese momento coa elástica alemá, con 150 partidos) xogara soamente 13 partidos. Durante as eliminatorias da UEFA Euro 2008, marcou dous goles na vitoria de 13 a 0 sobre San Marino como visitante. Marcou tamén o terceiro gol na vitoria alemá por 4 a 1 sobre Eslovaquia en Bratislava. Preto do final do xogo contra a Croacia, válido para UEFA Euro 2008, foi expulsado con tarxeta vermella directa.

Títulos editar

Club editar

Bayern München Junior Team
  • Bundesliga Sub-17: 2001
  • Bundesliga Sub-17: 2002
Bayern München II
  • Regionalliga Süd: 2003–04
Bayern München

Internacional editar

Alemaña

Individual editar

Notas editar

  1. fcbayern.telekom.de (ed.). "Perfil de Bastian Schweinsteiger" (en inglés). 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar