Disolvente

substancia que disolve un soluto resultando nunha solución
(Redirección desde «Solvente»)

Denomínase disolvente, ou solvente, á substancia que permite a dispersión doutra, o soluto, no seu seo. Normalmente o disolvente establece o estado físico da disolución, polo que se di que o disolvente é o compoñente da disolución que está no mesmo estado físico que a disolución.

A auga cualifícase moitas veces como o disolvente universal, porque disolve a máis do 50 % dos compostos coñecidos.

Tipos de disolventes editar

Moléculas de auga (disolvente polar) solvatando un ión de sodio.
  • Disolventes apolares. En xeral son substancias de tipo orgánico e nas moléculas das cales a distribución da nube electrónica é simétrica, polo que non presentan un polo positivo nin un polo negativo. Non poden considerarse, por tanto, como dipolos permanentes. Porén, isto non implica que algúns dos seus enlaces sexan polares. Todo dependerá da xeometría das moléculas. Se os momentos dipolares individuais dos seus enlaces están compensados, a molécula será, en conxunto, apolar. Algúns disolventes deste tipo son: o dietiléter, o cloroformo, o benceno, o tolueno, o xileno, as cetonas, o hexano, o ciclohexano, o tetracloruro de carbono etc.
  • Disolventes polares. Son substancias formadas por moléculas con distribucións da nube electrónica asimétrica e, por tanto, as súas moléculas presentan un polo positivo e un polo negativo. O exemplo clásico dun disolvente polar é a auga. Os alcohois de baixa masa molecular tamén pertencen a este tipo. Distínguense dous subtipos de disolventes polares:
    • Disolventes polares apróticos. Non liberan ións ao medio.
    • Disolventes polares próticos. Son capaces de achegar ións H+ ao medio, como a auga, o ácido acético e os alcohois en xeral.

Propiedades dalgúns disolventes comúns editar

DisolventeFórmula químicaPunto de ebuliciónConstante dieléctricaDensidade
Disolventes non polares
HexanoCH3-CH2-CH2-CH2-CH2-CH369 °C2,00,655 g/ml
BencenoC6H680 °C2,30,879 g/ml
ToluenoC6H5-CH3111 °C2,40,867 g/ml
Dietil éterCH3CH2-O-CH2-CH335 °C4,30,713 g/ml
CloroformoCHCl361 °C4,81,498 g/ml
Acetato de etiloCH3-C(=O)-O-CH2-CH377 °C6,00,894 g/ml
DiclorometanoCH2Cl240 °C9,11,326 g/ml
Disolventes polares apróticos
1,4-Dioxano/-CH2-CH2-O-CH2-CH2-O-\101 °C2,31,033 g/ml
Tetrahidrofurano (THF)/-CH2-CH2-O-CH2-CH2-\66 °C7,50,886 g/ml
AcetonaCH3-C(=O)-CH356 °C210,786 g/ml
AcetonitriloCH3-C≡N82 °C370,786 g/ml
Dimetilformamida (DMF)H-C(=O)N(CH3)2153 °C380,944 g/ml
Dimetil sulfóxido (DMSO)CH3-S(=O)-CH3189 °C471,092 g/ml
Disolventes polares próticos
Ácido acéticoCH3-C(=O)OH118 °C6,21,049 g/ml
n-ButanolCH3-CH2-CH2-CH2-OH118 °C180,810 g/ml
IsopropanolCH3-CH(-OH)-CH382 °C180,785 g/ml
n-PropanolCH3-CH2-CH2-OH97 °C200,803 g/ml
EtanolCH3-CH2-OH79 °C240,789 g/ml
MetanolCH3-OH65 °C330,791 g/ml
Ácido fórmicoH-C(=O)OH100 °C581,21 g/ml
AugaH-O-H100 °C801,000 g/ml

Notas:

  • 1. En caracteres negros, as densidades dos disolventes que a teñen maior que a da auga.
  • 2. Obsérvese que a auga é o disolvente común que ten máis alta constante dieléctica.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar