Suso Jares

profesor e escritor galego

Xesús Rodríguez Jares, nado en Viana do Bolo en 1955 e finado en Vigo en 2008, foi un pedagogo, escritor e animador galego.

Infotaula de personaSuso Jares
Biografía
Nacemento1955 Editar o valor em Wikidata
Viana do Bolo, España Editar o valor em Wikidata
Morte2008 Editar o valor em Wikidata (52/53 anos)
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Santiago de Compostela Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpedagogo Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua galega Editar o valor em Wikidata

BNE: XX1001688 Dialnet: 18646


Traxectoria

editar

Estudou Pedagoxía na Universidade de Santiago de Compostela, na facultade de Filosofía e ciencias da Educación a partir do ano 1976, onde foi alumno entre outros do Profesor Herminio Barreiro e do Profesor Antón Costa. onde participou do movemento estudantil antifranquista. En 1980 doutorouse nesta Universidade coa tese "Educación para a paz: fundamentos e modelos de intervención".

Como mestre en diversas escolas galegas concretáronse varias iniciativas vinculadas coa innovación pedagóxica e a Educación para a Paz, movemento do cal se considera iniciador en Galicia. En 1983, no marco de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, foi un dos creadores da asociación Educadores pola Paz, e introduciu a conmemoración do Día escolar da Non Violencia e da Paz (30 xaneiro). Divulgou as liñas pedagóxicas e socioculturais que promove dende Educadores pola Paz ao resto do Estado, a Portugal e América Latina.

Impulsou e coordinou proxectos interdisciplinares como a triloxía Educación e Paz I, II e III. Abarca asemade outros campos de traballo como a organización democrática dos centros escolares, os dereitos humanos e Cidadanía e Convivencia, implicando ás administracións locais, como foi o caso de Aprender a Convivir (Vigo) e Vivir Xuntos, Convivir (Lugo). Foi Catedrático de Didáctica e Organización escolar na Universidade da Coruña.

En galego

editar
  • Técnicas e xogos cooperativos para tóda-las idades - A Coruña: Vía Láctea, D.L. 1989.
  • Educación e dereitos humanos: estratexias didácticas e organizativas - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 1998.
  • Aprender a convivir - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2002.
  • Técnicas e xogos cooperativos para todas as idades - Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2005.
  • Educación e Paz I, II e III- Vigo: Edicións Xerais de Galicia, D.L. 2008.

En castelán

editar
  • Educación para la paz: su teoría, su práctica - Editorial Popular, 1991.
  • El placer de jugar juntos: nuevas técnicas y juegos cooperativos - Editorial CCS, 1992.
  • Educación para la paz: transversales - xunto a Inés Miret Bernal - Ministerio de Educación y Ciencia, 1992.
  • Educación y derechos humanos: estrategias didácticas y organizativas - Editorial Popular, 1999.
  • Pedagogía de la convivencia - Barcelona: Graó, 2006.
  • Educación y conflicto: guía de educación para la convivencia - Editorial Popular, 2001.
  • Educar para la paz en tiempos difíciles - Bilbao: Bakeaz, 2004.
  • El placer de jugar juntos: técnicas y juegos cooperativos - Madrid: CCS, 2004.
  • Educar para la verdad y la esperanza: en tiempos de globalización, guerra preventiva y terrorismos - Madrid: Editorial Popular, 2005.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar