Platanus

xénero de plantas

Platanus

Follas e froito do plátano común
Clasificación científica
Reino:Plantae
(sen clasif.)Angiospermae
(sen clasif.):Eudicots
Orde:Proteales
Familia:Platanaceae
Xénero:Platanus
Species

Ver no texto

Platanus é o xénero ao que pertencen as árbores chamadas comunmente plátanos, da familia Platanaceae, nativas da Eurasia e de América do Norte. Son típicas dos climas subtropical e temperado. Polo xeral, son árbores de interese ornamental, podendo atinxir máis de 30 metros de altura. Posúen follas lobadas semellantes ás do pradairo común, que se tornan amareladas e avermelladas no outono antes de caeren no inverno, diferenciándose, porén, dos pradairos polas flores reunidas en inflorescencias globosas, en contraste cos amentos presentes nos pradairos, e tamén pola ausencia de resina nos plátanos, entre outras diferenzas estruturais menores.

O xénero Platanus comprende dez especies e varios híbridos, cultivados para fins ornamentais. Os exemplares máis antigos deste grupo datan do Cretáceo (ca. 115 millóns de anos).

Moitas veces, crese que a folla do plátano é a que está simbolizada na bandeira do Canadá. No entanto, a folla ilustrada é a de pradairo vermello; a confusión ocorre debido á semellanza física entre elas. As dúas árbores pertencen a xéneros diferentes: plátano (Platanus) e pradairo vermello (Acer).

Etimoloxía editar

O nome galego "Plátano" vén do grego platanos, polo latín platanu[1].

Especies e orixe editar

Nome científicoNome comúnDistribuciónFloresNotas
Platanus acerifolia Willd.—Sp. Pl., ed. 4 [Willdenow] 4(1): 474. 1805 "Plátano acerifolio"?
Platanus algeriensis Hort. ex K.Koch—Dendrologie 2(1): 468. 1872 [dic 1872] "Plátano da Alxeria"?
Platanus chiapensis"Plátano de Chiapas"sueste de México?Subxénero Platanus
Platanus gentryi Nixon & J.M. Poole, 2003"Plátano de Gentry"México occidental?Subxénero Platanus
Platanus × hispanica
(P. occidentalis × P. orientalis;
sin. P. × acerifolia, P. × hybrida)
Plátano común, Plátano comúnOrixe cultivada1-6Subxénero Platanus
Platanus kerrii Gagnep., 1939."Plátano de Kerr"Laos, Vietnam, probabelmente no sur da China10-12Subxénero Castaneophyllum
Platanus mexicana Moric., 1837[2]"Plátano de México"nordeste e centro de México2-4Subxénero Platanus
Platanus oaxacana"Plátano de Oaxaca"sur de México?Subxénero Platanus
Platanus occidentalis L., 1753[3]Plátano Americano, occidental ou de VirxiniaLeste de América do Norte1-2Subxénero Platanus
Platanus orientalis L., 1753 [4]Plátano orientalSueste de Europa, Oriente Medio, Irán, Asia central, Paquistán, India3-6Subxénero Platanus
Platanus racemosa Nutt., 1842 (= P. californica Benth., 1844"Plátano racemosa"California e México3-7Subxénero Platanus
Platanus rzedowskii Nixon & J.M.Poole, 2003"Plátano de Rzedowski"México oriental?Subxénero Platanus
Platanus wrightii S. Watson, 1875"Plátano de Wright" ou "álamo"Arizona, Novo México, noroeste de México2-4Subxénero Platanus

Híbrido (?) Platanus × hispanica Mill. ex Münchh., 1770 (= P. orientalis var. acerifolia Aiton, 1789; P. hybrida Brot., 1804; P. vulgaris Spach, 1841, nom. illeg.; P. × acerifolia.

Notas editar

  1. FERREIRA, A. B. H. Novo Dicionário da Língua Portuguesa. Segunda edição. Rio de Janeiro: Nova Fronteira, 1986. p.1 345
  2. Outros nomes: P. lindeniana M. Martens & Galeotti, 1843; P. mexicana var. peltata Jaennicke, 1899; P. chiapensis Standl., 1919; P. oaxacana Standl., 1919; P. mexicana var. interior Nixon & J.M. Poole, 2003).
  3. Outros nomes: P. lobata Moench, 1794; P. excelsa Salisb., 1796; P. vulgaris var. angulosa Spach, 1841; P. integrifolia Hort. ex K. Koch, 1872; P. orientalis var. laciniata Kuntze, 1891; P. orientalis var. palmeri Kuntze, 1891; P. pyramidalis Hort. ex Dippel, 1893; P. glabrata Fernald, 1901; P. densicoma Dode, 1908; P. occidentalis f. attenuata Sarg., 1919.
  4. Outros nomes: P. palmata Moench, 1794; P. umbrosa Salisb., 1796; P. cuneata Willd., 1797; P. elongata Steud., 1821; P. undulata Steud., 1821; P. macrophylla Cree ex W.H. Baxter, 1839; P. nepalensis Hort. ex W.H. Baxter, 1839; P. digitata Hort. ex Steud., 1841; P. vulgaris Spach, 1841; P. algeriensis Hort. ex K.Koch, 1872; P. laciniata Hort. ex K.Koch, 1872; P. nana Hort. ex K.Koch, 1872; P. reuteri Hort. ex K.Koch, 1872; P. umbraculifera Hort. ex K. Koch, 1872; P. insularis Kotschy ex Koehne, 1893; P. pyramidalis Bolle ex Koehne, 1893; P. vitifolia Dippel, 1893; P. cretica Dode, 1908; P. orientalior Dode, 1908.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar