Mario Barco

futbolista español

Mario Barco Vilar, nado o 23 de decembro de 1992 en Lizarra, Navarra, é un futbolista profesional que xoga como dianteiro no CD Mirandés da Liga SmartBank.

Mario Barco
Información persoal
NomeMario Barco Vilar
Nacemento23 de decembro de 1992 (31 anos)
Lugar de nacementoLizarra
Altura1,85 m
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualMirandés
Carreira xuvenil
Peña Sport
2006–2007Athletic Bilbao
2007–2011Calahorra
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2011–2012Calahorra30(20)
2012–2013Logroñés33(8)
2013–2015Bilbao Athletic44(5)
2015Barakaldo13(6)
2015–2018Lugo23(5)
2015–2016Somozas (ced.)33(8)
2016–2017Pontevedra (ced.)25(12)
2018–2019Cádiz8(0)
2019–Mirandés0(0)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 9 de xuño de 2019.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Lizarra, Mario Barco formouse nas canteiras do Peña Sport, Athletic Bilbao e do Club Deportivo Calahorra. No ano 2006, metres xogaba no Peña Sport, recibe un forte golpe na caluga, teméndose o peor, porén consegue recuperarse e en 2010, despois de xogar no Calahorra da Liga Nacional Xuvenil,[1] ten a súa oportunidade co primeiro equipo da Terceira División, onde en 2011 é o máximo goleador con 20 goles en 30 partidos. Isto chama a atención da Unión Deportiva Logroñés da Segunda División B en 2012, onde continua a destacar.

O seu bo ano propicia o interese do Athletic Club, que o ficha para xogar no seu filial tamén da Segunda B.[2] No seu primeiro ano no club bilbaíno marca cinco goles saíndo habitualmente desde o banco. Con todo, no seu segundo ano non goza de moito protagonismo, polo que no mercado de inverno ficha polo Barakaldo da mesma categoría. Alí convértese nun dos homes importantes do equipo ao meter 6 goles en tan só 13 encontros. A súa boa segunda volta chama a atención de varios equipos, mais o xogador decide asinar por tres anos co Club Deportivo Lugo da Segunda División.

O 25 de xuño de 2018, Barco chegou a un acordo co Cádiz CF para asinar un contrato por tres anos.[3]

O 24 de xullo de 2019, anunciouse a súa fichaxe por dúas tempadas co CD Mirandés.[4]

Clubs editar

ClubCategoríaAnoPXGoles
CalahorraTerceira2011−20123020
LogroñésSegunda B2012−2013339
Athletic BSegunda B2013−2014335
Athletic BSegunda B2014−2015110
BarakaldoSegunda B2015136
UD SomozasSegunda B2015-2016338
Pontevedra CFSegunda B2016−20172512
CD LugoSegunda2017−2018235

Notas editar

  1. Marca, ed. (10 de xullo de 2013). "El Athletic ficha a Mario Barco para incorporarlo al filial" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  2. Marca, ed. (28 de setembro de 2012). "Barco, el ídolo del Logroñés que 'nació' a los 16 años" (en castelán). Consultado o 6 de xullo de 2015. 
  3. Mario Barco, primer refuerzo para la nueva campaña
  4. Mario Barco, nuevo delantero del Club Deportivo Mirandés

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar