Lingua urdú

O urdú[2] (nome local : urdū / اردو) é unha lingua indoaria pertencente ao grupo indoiranio da familia das linguas indoeuropeas.

Urdú
اردو
Falado en:Oficialmente, Paquistán e a India. Extra-oficialmente, Kuwait, os Emiratos Árabes Unidos, Arabia Saudita, Bahrein, o Reino Unido, os Estados Unidos, Suráfrica e en varios outros países.
Total de falantes:61 millóns nativos, 160 millóns en total
Posición: 21
Familia:Indoeuropea
 Indoirania
  Indoaria
   Idiomas hindi occidentais
    Urdú
Escrita: Alfabeto urdú
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Paquistán, india
Códigos de lingua
ISO 639-1:ur
ISO 639-2:urd
ISO 639-3: urd
Mapa
Status

O urdú está clasificado como "en estado seguro" polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO[1]

Fálase tanto no Paquistán, onde é a lingua oficial, como no norte da India, onde é igualmente unha lingua oficial recoñecida pola Constitución. Aproximadamente 60 millóns de persoas utilízano coma primeira lingua.

Moi próximo ao hindi pola súa sintaxe e a súa morfoloxía (antes do 1947 chamábaselle hindustano ao hindi e mais ao urdú, que constituían unha soa lingua), fixo numerosos empréstimos lexicais ao árabe e ao persa, linguas que teñen introducido dentro do seu sistema fonolóxico fonemas suplementarios. A diferenciación co hindi tende a medrar despois da separación da India e Paquistán no 1947; o urdú experimenta actualmente un re-achegamento ao persa e unha eliminación dos termos sánscritos.

Alfabeto editar

O urdú escríbese segundo a grafía árabe-persa.

Alfabeto urdú
LetraNome da letraTranscriciónAFI
اalif
بbeb/b/
پpep/p/
تtet/t/
ٹṭe/ʈ/
ثses/s/
جjīmj/d͡ʒ/
چchech/t͡ʃ/
حbaṛī heh/h/ ~ /ɦ/
خkhekh/x/
دdāld/d̪/
ڈḍāl/ɖ/
ذzāldh/z/
رrer/r/ ~ /ɾ/
ڑṛe/ɽ/
زzez/z/
ژzhezh/ʒ/
سsīns/s/
شshīnsh/ʃ/
صsu'ād/s/
ضzu'ād/z/
طto'et/t/
ظzo'e/z/
ع‘ain'
غghaingh/ɣ/
فfef/f/
قqāfq/q/
کkāfk/k/
گgāfg/ɡ/
لlāml/l/
مmīmm/m/
نnūnn/n/
وvā'ov, o, ou ū/ʋ/, /oː/, /ɔ/ ou /uː/
ہ, ﮩ, ﮨchoṭī heh/h/ ~ /ɦ/
ھdo chashmī heh/ʰ/ ou /ʱ/
ءhamza'/ʔ/
یyey, i/j/ ou /iː/
ےbari yeai ou e/ɛː/ ou /eː/

Notas editar

  1. Moseley, Christopher e Nicolas, Alexandre. "Atlas of the world's languages in danger". unesdoc.unesco.org. Consultado o 11 de xullo de 2022. 
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para urdú.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar