Ignasi Miquel

futbolista español

Ignasi Miquel Pons, nado o 28 de setembro de 1992 en Barcelona (Cataluña), é un futbolista profesional español das canteiras do Barcelona e do Arsenal, que actualmente xoga como defensa no CD Leganés de Liga SmartBank. Foi internacional coas categorías inferiores da selección española.

Ignasi Miquel
Información persoal
NomeIgnasi Miquel Pons
Nacemento28 de setembro de 1992 (31 anos)
Lugar de nacementoBarcelona
Altura1,93 m
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualLeganés
Carreira xuvenil
1999–2004Barcelona
2004–2008Cornellà
2008–2010Arsenal
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2010–2014Arsenal5(0)
2013–2014Leicester (cedido)7(0)
2014–2015Norwich0(0)
2015–2016Ponferradina25(0)
2016–2017Lugo49(3)
2017–2018Málaga20(0)
2018–Getafe7(0)
2019–2020Girona (cedido)18(0)
2020–Leganés (cedido)0(0)
Selección nacional
2008España sub-162(0)
2011España sub-199(1)
2012España sub-211(0)
Na rede
http://www.ignasimiquel.com
Twitter: igmiqu UEFA: 250025203 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de xullo de 2020.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Nado en Barcelona, Miquel formouse durante cinco anos na academia de La Masia do FC Barcelona. Posteriormente foi transferido ao UE Cornellà, onde en pouco tempo se fixo cun oco no filial, sendo convocado coa selección española sub-16. Unha serie de sobresalientes actuacións coa selección fixeron que chamase a atención dos grandes clubs de Europa. O Manchester United e Valencia CF preguntaron rapidamente polo xogador, mais sería o Arsenal FC quen tomaría a dianteira e se faría cos seus dereitos.[1]

A incorporación de Miquel ao equipo londiniense foi tan só un día despois do seu 16º aniversario, debutando no Toreno Zinedine Zidane de Cannes. Na temporada 2009-10 xogou 12 partidos co equipo filial do Arsenal, converténdose no seu capitán. A súa chegada ao primeiro equipo produciuse coa súa convocatoria para os partidos da FA Cup ante o Ipswich Town e o Leeds United en xaneiro de 2001, aínda que non chegou a debutar. Porén, non tería que esperar moita, xa que en febreiro do mesmo ano debuta como titular na competición de copa ante o Leyton Orient. Xogou os 90 minutos de xogo tanto no empate 1-1, como no desempate xogado o dous de marzo no Emirates Stadium.

Durante a temporada seguinte, 2011-12, Miquel foi convocado polo primeiro equipo do Arsenal para entrar en acción tanto na Premier League como na Champions League. O seu debut na máxima categoría inglesa chegaría o 20 de agosto de 2011 ante o Liverpool FC, entrando no terreo de xogo no minuto 16 para substituír a un magoado Laurent Koscielny. O seu segundo partido co Arsenal sería na Football League Cup, coa vitoria do seu equipo por 3–1 ante o Shrewsbury Town. A partir dese partido Miquel xogaría todos os minutos posíbeis da competición copeira co Arsenal até a eliminación do equipo ante o Manchester City. O 6 de decembro de 2011, debuta na Champions League ante o Olympiacos FC grego, entrando no minuto 51 en substitución de André Santos. O 15 de xaneiro de 2012 fai o seu debut como titular na "Premier" na derrota do seu equipo por 3-2 ante o Swansea City, xogando os 90 minutos como lateral esquerdo.

Na seguinte temporada consegue anotar o seu primeiro gol, anotando un dos seis goles do Arsenal ao Coventry City na Football League Cup. O gol chegaría tras un pase de Andrei Arshavin. En canto á "Premier", o seu primeiro partido nesta temporada 2012-13 foi na vitoria por 1-0 fóra da casa ante o Sunderland AFC, substituíndo a Theo Walcott no minuto 88. Ao ano seguinte, Miquel é cedido ao Leicester City. O seu debut cos "Foxes" sería o 27 de agosto de 2013 na vitoria por 5–2 fóra da casa ante o Carlisle United na League Cup. O seu primeiro gol co Leicester sería ante o Fulham o 30 de outubro. Ao ano seguinte é cedido de novo, esta vez ao Norwich City. Ao ano seguinte volta a España, asinando pola SD Ponferradina, onde xoga 25 partidos. Tras o descenso do equipo berciano, Ignasi asina por dous anos co Club Deportivo Lugo de La Liga 2.

Clubs editar

ClubCategoríaAnoPXGoles
ArsenalPremier League2010-201120
ArsenalPremier League
Champions League
2011-20124
1
0
0
ArsenalPremier League2012-201310
Leicester CityChampionship2013-201470
Norwich CityChampionship2014-201500
PonferradinaLa Liga 22015-2016250
LugoLa Liga 22016-2017332
LugoLa Liga 22017161

Notas editar

  1. Sanderson, Jamie (29 de outubro de 2008). "Arsenal's Miquel Promises To Be One For The Future". Young Guns. Arquivado dende o orixinal o 01 de decembro de 2010. Consultado o 01 de xullo de 2016. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar