Herpes simple

O herpes simple (do latín herpes, e do grego ἕρπης, «reptar») é unha doenza infecciosa inflamatoria de tipo vírico, que se caracteriza pola aparición de lesións cutáneas formadas por pequenas vesículas agrupadas en acio e rodeadas dun aro vermello.[1] É causada polo virus herpes simplex, ou virus herpes hominis, de tipo I (VHS-1) que afecta cara, beizos, boca e parte superior do corpo, e de tipo II (VHS-2) que se presenta máis frecuentemente en xenitais e parte inferior do corpo.[2] No presente, non existe cura definitiva para o herpes.[3] Con todo hai varias formas de tratamento dispoñibles para reducir os síntomas e acelerar o proceso de curación das lesións, tras o cal o virus persistirá de forma latente no organismo até a reaparición do seguinte episodio activo. Os tipos de herpes simple débense distinguirse do herpes zóster que é unha entidade nosolóxica totalmente distinta.

Herpes simple
Clasificación e recursos externos
Infección por VHS-I no beizo inferior.
ICD-10A60, B00, G05.1, P35.2
ICD-9054.0, 054.1, 054.2, 054.3, 771.2
DiseasesDB5841 33021
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Virus de herpes.

Contaxio do herpes editar

O virus do herpes simple pode atoparse nas vesículas causadas e ser liberados polas mesmas. Polo xeral, unha persoa adoita infectarse co HSV-II durante a relación sexual con alguén que teña a infección por HSV-II xenital.[4] A transmisión pode darse a partir dunha parella sexual infectada que non ten unha vesícula visible e que non saiba que está infectada (sempre que haxa vesículas).[4]

O tipo I só é responsable, aproximadamente, do 5 ao 10% dos herpes xenitais, aínda que ambos os virus poden ser transmitidos por contacto sexual. A infección inicial de herpes oral ocorre normalmente na nenez e non está clasificada como unha enfermidade de transmisión sexual. O 80% da poboación adulta é candidata a portar o HSV-1 e adoita adquirilo dunha forma non sexual.[4]

Notas editar

  1. Herpes, entrada en el Diccionario de la Real Academia de la Lengua Española
  2. "Enciclopedia Médica MedlinePlus.". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2011. Consultado o 30 de marzo de 2017. 
  3. Herpes simplex.
  4. 4,0 4,1 4,2 "Genital Herpes - CDC Fact Sheet". cdc.gov. 8 de decembro de 2014. Consultado o 31 de decembro de 2014.