Community Shield 2021

partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City
(Redirección desde «FA Community Shield 2021»)

A Community Shield 2021 foi a XCIX edición da FA Community Shield, un partido de fútbol anual disputado polos gañadores da tempada pasada da Premier League, o Manchester City, e os vencedores da FA Cup da tempada anterior, o Leicester City.[3] Esta foi a primeira Community Shield do Manchester City dende 2019 cando lograron derrotar ao Liverpool por 5–4 nos penaltis tras empatar 1–1; e a primeira Community Shield do Leicester City dende a derrota por 2–1 ante o Manchester United na edición de 2016. O encontro tivo lugar o 7 de agosto de 2021 no Wembley Stadium de Wembley, Londres, resultando gañador o Leicester tras venceren ao Manchester City por 1–0 cun penalti decisivo no minuto 89 de partido, transformado por Kelechi Iheanacho.[4]

Community Shield 2021
Wembley Stadium de Londres, que albergou o encontro.
Data7 de agosto de 2021
EstadioWembley Stadium, Londres
Asistencia45.602 espectadores[1]
ÁrbitroInglaterra Paul Tierney[2]
Xogador do partidoNixeria Kelechi Iheanacho
TempoNubrado
18 °C (64.4 °F)
77% de humidade
Community Shield 2020Community Shield 2022

O Arsenal era o defensor do título grazas á súa vitoria na Community Shield 2020, pero non puido clasificarse novamente para a edición deste ano.

O partido foi televisado en directo a través de ITV. Por vez primeira, a FA Community Shield retransmitiuse en aberto (gratuitamente) en televisión dende a edición de 2012, que tamén foi retransmitida por ITV.[5]

Participantes editar

O Leicester City gañou o seu primeiro título da FA Cup tras derrotar ao Chelsea por 1–0 na final. Foi a súa terceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado unha (1971), e perdido outra (2016).[6]

O Manchester City gañou a súa terceira Premier League en catro anos baixo o adestramento de Pep Guardiola, despois de que o Manchester United fose derrotado por 1–2 ante o Leicester City no Old Trafford o 11 de maio de 2021. Foi a súa décimoterceira aparición nunha Community Shield, tendo previamente gañado seis (1937, 1968, 1972, 2012, 2018 e 2019), e perdido outras seis (1934, 1956, 1969, 1973, 2011, 2014).[7]

Manchester City Campión da Premier League (2020-21)
Leicester City Campión da FA Cup (2020-21)

Partido editar

Resumo editar

Na primeira metade, Zack Steffen conseguiu parar un disparo de Jamie Vardy coa dereita mentres se internaba pola esquerda, rebotando a pelota contra o poste esquerdo. No último minuto do partido, o Leicester recibiu un penalti cando Nathan Ake derrubou na área de penalti a Iheanacho despois de non controlar axeitadamente un pase de Rodri.[8]Iheanacho anotou a pena máxima coa esquerda á dereita da rede para gañar o partido por 1-0.[9]

Detalles editar

Leicester City 1 – 0Manchester City7 de agosto de 2021, 17:15 (BST) – Wembley Stadium, Londres
Asistencia: 45.602 espectadores[1]
Árbitro: Paul Tierney
Iheanacho  89' (pen.)Informe
 
Leicester City[10]


Manchester City[10]


LEICESTER CITY F.C.
PO1 Kasper Schmeichel (c)
DF21 Ricardo Pereira
DF18 Daniel Amartey
DF4 Çağlar Söyüncü
DF5 Ryan Bertrand 50' 78'
MC8 Youri Tielemans 72'
MC25 Wilfred Ndidi
MC17 Ayoze Pérez 71'
MC10 James Maddison 71'
MC7 Harvey Barnes 79'
DC9 Jamie Vardy 71'
Substitucións:
PO12 Danny Ward
DF16 Filip Benković
DF33 Luke Thomas 78'
MC11 Marc Albrighton 71'
MC20 Hamza Choudhury
MC22 Kiernan Dewsbury-Hall 71'
MC42 Boubakary Soumaré 72'
DC14 Kelechi Iheanacho 79'
DC29 Patson Daka 71'
Adestrador:
Brendan Rodgers
MANCHESTER CITY F.C.
PO13 Zack Steffen
DF27 João Cancelo
DF3 Rúben Dias 87'
DF6 Nathan Aké
DF22 Benjamin Mendy
MC80 Cole Palmer 74'
MC25 Fernandinho (c) 88'
MC8 İlkay Gündoğan 65'
DC26 Riyad Mahrez
DC21 Ferran Torres 74'
DC53 Samuel Edozie 65'
Substitucións:
PO33 Scott Carson
DF34 Philippe Sandler
DF39 Yan Couto
MC10 Jack Grealish 65'
MC16 Rodri 65'
MC20 Bernardo Silva 74'
MC69 Tommy Doyle
MC81 Claudio Gomes
MC96 Ben Knight 74'
Adestrador:
Pep Guardiola

Xogador do partido:
Kelechi Iheanacho (Leicester City)

Árbitros asistentes:[2]
Ian Hussin
Neil Davies
Cuarto árbitro:[2]
Peter Bankes
Árbitro asistente de reserva:[2]
Nick Hopton
Árbitro VAR:[2]
Darren England
Árbitros asistentes do VAR:[2]
Dan Robathan

Regras do partido[11]

  • 90 minutos
  • Quenda de penaltis se o marcador seguise igualado
  • Máximo de nove substitutos na banca
  • Máximo de seis substitucións
Campión
Leicester City F.C.
2.° título

Estatísticas editar

Post-partido editar

O adestrador do Leicester City Brendan Rodgers mostrou a súa satisfacción tras gañar a Community Shield por vez primeira en BBC Radio Leicester: "Houbo unha gran sensación chegando aquí hoxe. Todos os xogadores, afeccionados e membros do persoal do Leicester que vindo aquí foi unha sensación realmente especial. Queriamos trasladar todo iso no noso xogo e manter esa sensación e, afortunadamente, fixémolo". O adestrador do Manchester City Pep Guardiola felicitou ao rival tras a derrota: "Parabéns ao Leicester [City]. Estou máis que satisfeito con como xogamos. Moitas cousas estiveron ben, os xogadores novos estiveron excelente. Demos minutos a diversos xogadores, polo que en xeral houbo moitas cousas boas." Guardiola fixo debutar a varios futbolistas da canteira: Cole Palmer, Samuel Edozie e Ben Knight con Edozie e mais Palmer comezando o partido de inicio e Knight substituíndo a Ferran Torres no minuto 74.[10]

O Leicester City empezou a tempada 2021-2022 da Premier League cunha vitoria por 1-0 na casa fronte o Wolverhampton Wanderers cun único gol de Jamie Vardy no minuto 41.[14] Por contra, o Manchester City debutou na campaña como defensor do título cunha derrota por 1-0 no Tottenham Hotspur Stadium contra o Tottenham Hotspur grazas a un gol no minuto 55 de Son Heung-min, dando ao novo adestrador do Tottenham Hotspur Nuno Espírito Santo a súa primeira vitoria a cargo do club. A fichaxe récord Jack Grealish fixo o seu debut no Manchester City saíndo desde o once inicial.[15]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 "FA Community Shield (Sky Sports)". Sky Sports (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 "The 2021 FA Community Shield at Wembley will be refereed by Paul Tierney and his team". TheFA.com. The Football Association. 22 de xullo de 2021. Consultado o 2 de agosto de 2021. 
  3. Murphy, Daniel (15 de maio de 2021). "Leicester City to face Man City in Community Shield following FA Cup triumph". Manchester Evening News. Consultado o 31 de xullo de 2021. 
  4. "FA Community Shield: late Iheanacho penalty hands Leicester victory over Man City". TheFA.com. The Football Association. 7 de agosto de 2021. Consultado o 7 de agosto de 2021. 
  5. "Community Shield: Man City v Leicester City on 7 August". BBC. 3 de xuño de 2021. Consultado o 16 de xullo de 2021. 
  6. McNulty, Phil (15 de maio de 2021). "Chelsea 0-1 Leicester: Foxes lift FA Cup for first time after Youri Tielemans stunner". BBC Sport. Consultado o 15 de maio de 2021. 
  7. Stone, Simon (11 de maio de 2021). "Man City Premier League champions as Leicester City beat Manchester United". BBC Sport. Consultado o 11 de maio de 2021. 
  8. "Leicester vs Man City LIVE: Community Shield result, final score and reaction today". The Independent. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  9. "Iheanacho punishes wasteful City to win Community Shield for Leicester". Guardian. 7 de agosto de 2021. Consultado o 10 de agosto de 2021. 
  10. 10,0 10,1 10,2 "Leicester beat Man City to win Community Shield". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  11. "Rules of the Football Association Community Shield" (PDF). TheFA.com. The Football Association. Consultado o 6 de agosto de 2017. 
  12. 12,0 12,1 12,2 "Leicester 1 : 0 Man City :: Match Centre :: Summary". www.whoscored.com. Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  13. "Leicester City vs. Manchester City - Football Match Stats - August 7, 2021 - ESPN". ESPN.com (en inglés). Consultado o 12 de agosto de 2021. 
  14. "Vardy hands Lage defeat in first game". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 
  15. "Son strike gives Spurs win without Kane". BBC Sport (en inglés). Consultado o 18 de agosto de 2021. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Community Shield 2020

Community Shield

XCIX edición
Sucesor:
Community Shield 2022