Will Smith

rapeiro e actor estadounidense

Willard Carroll Smith II,[1] coñecido como Will Smith, nado en Filadelfia (Pensilvania) o 25 de setembro de 1968, é un rapeiro e actor de cinema e televisión estadounidense.

Infotaula de personaWill Smith

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Willard Carroll Smith II Editar o valor em Wikidata
25 de setembro de 1968 Editar o valor em Wikidata (55 anos)
Filadelfia, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaOs Ánxeles Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor em Wikidata
EducaciónArchbishop John Carroll High School (en) Traducir
Julia R. Masterman School (en) Traducir
Overbrook High School (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Altura1,88 m Editar o valor em Wikidata
Cor dos ollosCastanho escuro (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactor , cantante , produtor de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1985 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica hip hop Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua inglesa e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
RepresentanteJames Lassiter (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Patrimonio estimado250 M$ (2014) Editar o valor em Wikidata
InstrumentoVoz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoColumbia Records
Sony Music Entertainment
Interscope Records
RCA Records
Jive
Universal Music Group Editar o valor em Wikidata
Compañeiro profesionalDJ Jazzy Jeff (pt) Traducir: DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
27 de marzo de 2022Agressão de Will Smith a Chris Rock (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJada Pinkett Smith (1997–)
Sheree Zampino (1992–1995)
FillosTrey Smith (pt) Traducir
 () Sheree Zampino
Jaden Smith
 () Jada Pinkett Smith
Willow Smith
 () Jada Pinkett Smith Editar o valor em Wikidata
PaiWillard Carroll Smith Sr. (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Páxina webwillsmith.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0000226 Allocine: 19358 Rottentomatoes: celebrity/will_smith Allmovie: p66596 TCM: 180170 Metacritic: person/will-smith TV.com: people/will-smith IBDB: 495361
Facebook: WillSmith Instagram: willsmith Youtube: UCKuHFYu3smtrl2AwwMOXOlg TikTok: willsmith BNE: XX1305935 Souncloud: will-smith-official Spotify: 41qil2VaGbD194gaEcmmyx iTunes: 628845 Musicbrainz: 5bae7081-64ef-4473-825a-38d310deb14c Songkick: 125977 Discogs: 74169 Allmusic: mn0000963005 WikiTree: Smith-79410 Deezer: 745 Genius: Will-smith Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Will Smiith.

Will Smith naceu e creceu no oeste de Filadelfia, fillo de Caroline Bright, unha administradora escolar quen traballou para o colexio infantil de Filadelfia, e Willard Christopher Smith, un mecánico de neveiras e refrixeradores. Os seus pais divorciáronse cando el tiña uns 13 anos. É o segundo de catro irmáns.

Smith iniciou a súa carreira rapeando no dúo de pop-rap DJ Jazzy Jeff & the Fresh Prince, creando temas humorísticos aptos para a radio comercial, como "Parents Just Don't Understand". Trasladaron o mesmo espírito humorístico aos seus vídeo-clips, nos que Smith, O príncipe do Rap, mostrou o seu carisma e vis cómica. En 1990 a cadea de televisión NBC contratouno e montou unha comedia de situación en torno a el, The Fresh Prince of Bel-Air (O príncipe de Bel-Air, en galego). Nela, interpreta a un personaxe chamado tamén Will Smith, e tamén interesado no rap. O seu compañeiro Jazzy Jeff, tivo aparicións menores en moitos dos episodios, co personaxe de Jazz. Outras figuras coñecidas participaron como invitados especiais, entre eles artistas de hip hop como Heavy D and the Boyz e Queen Latifah (que interpretou a dous personaxes diferentes).

Smith comezou unha exitosa carreira no cine de Hollywood coa película policíaca Bad Boys (1995), cuxa rodaxe puido compaxinar co de televisión. Cando a serie The Fresh Prince of Bel-Air rematou en 1996, Smith empezou a súa carreira musical como solista e seguiu en películas, interpretando ademais temas musicais para varias delas.

Pouco despois protagonizou películas destacables como Independence Day (1996), Men in Black e Homes de negro II (1997 e 2002, respectivamente), Ali (2001), pola que foi candidato ao Oscar ao mellor actor, I, Robot (2004), Hitch en 2005 , The Pursuit of Happyness e en 2006 e I Am Legend en 2007.

En 1992 casou coa actriz Sharee Zampino, coa que tivo un fillo, Willard Christopher III, tamén chamado Trey Smith. Divorciáronse en 1995. En 1997 casou coa actriz Jada Pinkett Smith, coa que tivo dous fillos: Jaden Smith (1998) e Willow Smith (2000).

Posúe xunto co seu irmán Harry a empresa Treyball Development Inc., chamada así en honor ao seu primeiro fillo "Trey".

O 2 de xullo de 2005, Smith exerceu de presentador do concerto Live 8 na súa Filadelfia natal, no que ademais rapeou xunto a Jazzy Jeff. Tamén produciu [of Us], un programa baseado libremente na súa vida persoal, cancelado en maio de 2007.

Tanto el como a súa esposa son amigos próximos de Tom Cruise e a súa esposa Katie Holmes, xerando rumores de que pertence á igrexa da Ciencioloxía. Aínda que el non o negou, declarou que considera revolucionarias algunhas das ideas desta relixión.

Filmografía editar

AnoFilmePapelNotas
1990Saturday Morning VideosConvidadoTV
ABC Afterschool Special – "The Perfect Date"HawkerTV
O príncipe de Bel-AirWilliam "Will" SmithTV (1990–1996)
1992BlossomFresh PrinceTV, Cameo, episodio 18 "I'm with the Band"
Where the Day Takes YouManny
1993Made in AmericaTea Cake Walters
Six Degrees of SeparationPaul
1995Bad BoysDetective Mike Lowrey
1996Independence DayCapitán Steven "Steve" Hiller, USMCMTV Movie Award ó mellor bico
1997Men in BlackAxente J/James Darrell EdwardsMTV Movie Award á mellor liorta
MTV Movie Award á mellor canción
Happily Ever After: Fairy Tales for Every ChildPinocchioSerie de televisión; Episodio 14 da Segunda Tempada
1998Enemy of the StateRobert Clayton Dean
1999Torrance RisesCameo
Wild Wild WestCapitán James "Jim" West
2000Welcome to HollywoodEl mesmo
The Legend of Bagger VanceBagger Vance
2001AliMuhammad Ali
2002Homes de negro IIAxente J/James Darrell Edwards
Girlfriend by B2KEl mesmoVídeo musical
2003Bad Boys IIDetective Mike Lowrey
All of UsJohnnyTV, 3 episodios (2003–2004); Creador/Produtor executivo
2004A Closer WalkNarradorDocumental
Jersey GirlEl mesmoCameo
American ChopperEl mesmoTV, Cameo
I, RobotDetective Del SpoonerProdutor
The Seat FillerProdutor executivo; Filme independente
Shark TaleOscarVoz
2005There's a God on the MicDocumental
HitchAlex "Hitch" HitchensProdutor
2006The Pursuit of HappynessChris GardnerProdutor
2007I Am LegendDr. Robert NevilleProdutor
2008HancockJohn HancockProdutor
Lakeview TerraceProdutor
The Secret Life of BeesProdutor
Seven PoundswowowowowProdutor
2010The Karate KidProdutor
2012This Means WarProdutor
Men in Black 3Axente J/James Darrell Edwards
2013After EarthCypher RaigeTamén guionista e produtor
2013Anchorman 2: The Legend ContinuesESPN anchorCameo
2014Winter's TaleXuíz
2014FocusNicky Spurgeon

Galardóns editar

Oscars editar

AnoCategoríaPelículaResultado
2007Oscar ao mellor actorThe Pursuit of HappynessCandidato
2001Oscar ao mellor actorAliCandidato

Globos de Ouro editar

AnoCategoríaPelículaResultado
2001Globo de Ouro ao mellor actor - DramaAliElixido
1993Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comediaO príncipe de Bel-AirNomeado
1992Globo de Ouro ao mellor actor de serie de televisión - Musical ou comediaO príncipe de Bel-AirNomeado

Notas editar

  1. Smith, Will (13 de novembro de 2021). "Will Smith: 'I watched my father punch my mother so hard she collapsed'". The Times. Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2022. My full name is Willard Carroll Smith II — not Junior. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar