Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014

As eleccións ao Parlamento Europeo tiveron lugar entre o 22 e o 25 de maio de 2014, e celebráronse por primeira vez en 28 estados membros, logo da admisión na Unión Europea de Croacia.

Eleccións ao Parlamento Europeo de 2014
 ← 2009 Editar o valor em WikidataUnión Europea Editar o valor em Wikidata 2019 Editar o valor em Wikidata  → 
Data25 de maio de 2014 Editar o valor em Wikidata
Tipoeleccións ao Parlamento Europeo Editar o valor em Wikidata
Cargo elixido751 eurodeputado ≈ VIII lexislatura do Parlamento Europeo. Duración do mandato: 5 Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficialelections2014.eu… Editar o valor em Wikidata
Participación política
Electorado384.464.064 Editar o valor em Wikidata
163.551.013
   42.54٪
Resultado da votación Editar o valor em Wikidata
2>
PES  — Martin Schulz
40.202.068   24.58٪
Deputado 180
2>
EPP  — Jean-Claude Juncker
38.610.376   23.61٪
Deputado 208
3>
European Greens  — Ska Keller, José Bové
12.058.475   7.37٪
Deputado 35
2>
ALDE  — Guy Verhofstadt
11.652.405   7.12٪
Deputado 46
3>
EAF  — Nigel Farage, David Borrelli
10.830.339   6.62٪
Deputado 31
2>
PEL  — Alexis Tsipras
9.243.548   5.65٪
Deputado 27
2>
ECR Party  — Syed Kamall
8.612.168   5.27٪
Deputado 42

Data e sistema electoral

editar

As eleccións celebráronse entre o xoves 22 e o domingo 25 de maio, para seguir os costumes dos distintos países sobre o día habitual de votación. O primeiro país en votar foi o Reino Unido.

Celebráronse ao mesmo tempo que as eleccións ao parlamento europeo outros comicios:

DíaPaís
xoves 22 de maioPaíses Baixos, Reino Unido
venres 23 de maioRepública Checa (1º día), Irlanda
sábado 24 de maioRepública Checa (2º día), Chipre, Eslovaquia, Francia (só nalgúns territorios do alén mar), Italia (1º día), Letonia, Malta
domingo 25 de maioAlemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Croacia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia (resto), Grecia, Italia (2º día), Lituania, Luxemburgo, Polonia, Portugal, Romanía, Suecia

Sistema electoral

editar

O voto é obrigatorio en Bélxica, Grecia, Chipre e Luxemburgo, e optativo en todos os demais. Os países que teñen unha participación tradicionalmente máis alta son dous onde o voto é obrigatorio, pois Bélxica e Luxemburgo roldan o 90% de participación. Ademais, a participación tende a superar o 50% en Malta, Italia, Irlanda, Dinamarca, Chipre (obrigatorio), Letonia e Grecia (obrigatorio). Os países do leste europeo son máis abstencionistas con estados como Eslovaquia, Polonia, Lituania ou Croacia que se moven ao redor do 20-25% de participación.

Hai 66 circunscricións electorais. A maior parte dos países teñen unha única circunscrición, pero existen algúns que teñen varias: Polonia ten 13 circunscricións, e o Reino Unido 12; Francia ten 8 e Italia 5; Irlanda e Bélxica teñen tres cada unha.

O sistema máis común é o de listas abertas e voto proporcional, pero tamén existen excepcións precisamente nos países con máis electores: Alemaña, Francia, o Reino Unido, España. Romanía, Grecia, Portugal e Hungría teñen listas pechadas. É dicir, o 60% dos eurodeputados son escollidos en listas pechadas. Ademais, Irlanda, Malta e a circunscrición de Irlanda do Norte no Reino Unido teñen un sistema de voto transferible, onde se van descartando as opcións que teñen menos votos e considerándose segundas, terceiras, e demais opcións de preferencia do votante.

Novidades

editar

Estes comicios presentan como principais novidades fronte aos de 2009 estes:

Repartimento de escanos no Parlamento Europeo
Circunscrición20092014[1]Poboación
en 2013[2]
Habitantes /
eurodeputado
Alemaña999680 523 746838.789
Francia787465 633 194886.935
Reino Unido787363 896 071875.289
Italia787359 685 227817.606
España545446 704 308864.895
Polonia545138 533 299755.555
Romanía353220 020 074625.627
Países Baixos272616 779 575645.368
Bélxica242111 161 642531.507
Grecia242111 062 508526.786
República Checa242110 516 125500.768
Portugal242110 487 289499.395
Hungría24219 908 798471.848
Suecia19209 555 893477.795
Austria18188 451 860469.548
Bulgaria18177 284 552428.503
Dinamarca14135 602 628430.971
Finlandia14135 426 674417.436
Eslovaquia14135 410 836416.218
Irlanda13114 591 087417.372
Croacia114 262 140387.467
Lituania13112 971 905270.173
Eslovenia782 058 821257.353
Letonia982 023 825252.978
Estonia661 324 814220.802
Chipre66865.878144.313
Luxemburgo66537.03989.507
Malta56421.36470.227
total785751505 701 172673.370

Candidatos a Presidente da Comisión

editar

Os principais partidos europeos presentaron como candidatos a presidir a Comisión Europea os seguintes persoeiros:

Candidaturas en Galicia e España

editar

Os comicios celebráronse en Galicia o 25 de maio. Galicia non é unha circunscrición propia nas eleccións europeas, como si sucede con algunhas divisións territoriais noutros países da Unión Europea, polo que os seus votos súmanse aos emitidos no resto de España, e entre eles reparten os 54 escanos.

A estes comicios concorreron 41 formacións políticas, das que só unha candidatura é exclusivamente galega, a do Partido da Terra. Estas foron as candidaturas, os seus principais integrantes e os seus cabezas de lista:

Presenza galega nas listas

editar

Resultados globais europeos

editar

É moi complexo ofrecer unha panorámica xeral de resultados por partidos, dado que a afiliación a cada grupo parlamentario europeo é individual. Ademais, a propia formación de grupos ou non dependerá dos resultados das eleccións e dos pactos posteriores.

O PPE é o grupo parlamentario de centro-dereita europeo, e recolle no seu seo a maior parte dos partidos conservadores do continente, entre eles o PP, afiliados ao Partido Popular Europeo. A S&D é o grupo parlamentario socialdemócrata, e recolle tamén a maior parte dos partidos de esquerda moderada europea, como o PSOE. A maior parte destes partidos pertencen á súa vez ao Partido Socialista Europeo. Estas dúas formacións ocuparon tradicionalmente a maior parte dos euroescanos.

A ALDE é o grupo parlamentario liberal, e nel coinciden, ademais doutras formacións, os partidos integrantes da ALDE (CDC), e do Partido Demócrata Europeo (PNV). A ALE é o partido que reúne a distintas minorías rexionais, e que forma grupo parlamentario cos Verdes; o BNG forma parte da ALE. A EUE-EVN é o grupo parlamentario de partidos de esquerda, esquerda ecoloxista e extrema esquerda; aos que pertence Izquierda Unida. A ACRE é un grupo parlamentario conservador, moderadamente euroscéptico, que agrupa a diferentes formacións de dereita do leste europeo e o Partido Conservador británico. O MELD tamén é un partido conservador e máis claramente euroscéptico, máis á dereita da ACRE.

Ademais existen no Parlamento Europeo un grupo restante, o Grupo Europarlamentario dos Non Inscritos, que recolle diversas formacións políticas que non atopan acomodo nos grandes grupos. Moitas destas formacións son de ultradereita e outras, como UPyD, de perfil populista, socioliberal ou conservador.

Grupo político
Estado
PPES&DALDEVerdes-ALEEUE-EVNACREMELDNon inscritosEurodeputadosParticipación
Alemaña29 (CDU)
5 (CSU)
27 (SPD)3 (FPD)
1 (FW)
11 (Grünne)
1 (Piraten)
1 (ÖDP)
7 (Linke)
1 (Tierschutzpartei)
7 (AfD)
1 (Familienpartei Deutschlands)
1 (NPD)
1 (PARTEI)
96
Austria5 (ÖVP)18
Bélxica21
Bulgaria17
Croacia11
Chequia21
Dinamarca13
Chipre6
Eslovaquia13
Eslovenia8
España54
Estonia7
Finlandia13
Francia74
Grecia21
Hungría21
Irlanda11
Italia73
Letonia8
Lituania11
Luxemburgo6
Malta6
Países Baixos26
Polonia51
Portugal21
Reino Unido73
Romanía32
Suecia20
Total751

Resultados en Galicia e España

editar

Eleccións europeas de 2014

Partido ou coaliciónVotos%EuroDep.± %± EDVotos en Galicia%± %
PSOE
PP
Coalición por Europa
A Esquerda Plural
Esquerda Republicana
UPyD
Os Pobos Deciden
Primavera Europea
Outros
Total100%54=100%

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: