Partido Popular Europeo (grupo parlamentario)

O grupo parlamentario do Partido Popular Europeo ou PPE[1] é o grupo europarlamentario demócrata-cristián do Parlamento Europeo. Ao longo da historia sempre foi un dos dous grupos maioritarios da Eurocámara. Está formado case na súa totalidade por parlamentarios que á súa vez pertencen a partidos englobados no Partido Popular Europeo, e de aí a coincidencia no nome co partido paneuropeo.

Historia

editar

As orixes do grupo parlamentario democristián do Parlamento Europeo hai que buscalas no primeiro momento da historia comunitaria, na creación da Asemblea Común da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro, o 10 de setembro de 1956. Ao comezo do verán do ano seguinte xa existía un grupo parlamentario formado de xeito oficial, aínda que durante eses nove meses os deputados de centro-dereita dos seis estados asinantes cooperaran e traballaran conxuntamente.

Aínda que as formacións iniciais do PPE eran de tradición democristiá, as sucesivas ampliacións da Comunidade Económica Europea, Comunidade Europea e finalmente Unión Europea, levaron o grupo parlamentario do PPE a abrirse a outras tradicións conservadoras e de centro dereita, como as que encarnaban a formación grega de Nova Democracia ou o Partido Popular español, antes de toda a expansión comunitaria cara ao leste. Os conservadores británicos e dinamarqueses tentaron inicialmente manter un grupo parlamentario á parte, que se denominou Demócratas Europeos, pero durante a década dos noventa disolveron a entidade e incorporáronse ao grupo parlamentario do PPE (británicos) e ao grupo e mais ao propio Partido Popular Europeo os dinamarqueses. Pero mentres o grupo se ampliaba (incorporación da Forza Italia de Silvio Berlusconi, por exemplo) aparecían as primeiras fendas importantes causadas polo euroescepticismo.

Este núcleo euroescéptico recuperou o nome de Demócratas Europeos e brevemente o grupo parlamentario denominouse PPE-DE. Con esa composición, o PPE-DE converteuse no grupo parlamentario máis numeroso da Eurocámara logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 1999. A crise para a aprobación dos orzamentos que enfrontou os democristiáns cos socialdemócratas, e que levou por diante a Comisión que presidía Jacques Santer, acabou tamén por dinamitar o propio grupo parlamentario. Logo das eleccións ao Parlamento Europeo de 2009 o Partido Conservador británico e o Partido Democrático Cívico checo abandonaron o PPE para formar canda outras formacións o grupo parlamentario dos Conservadores e Reformistas Europeos o 22 de xuño de 2009. Como consecuencia desa formación, o subgrupo dos Demócratas Europeos desapareceu e o grupo redenominouse como Partido Popular Europeo unicamente. Malia esta escisión, o grupo parlamentario do PPE continuou a ser o máis numeroso da Eurocámara.

Cargos de relevancia

editar

O grupo democristián proveu de moitos dos grandes persoeiros da política europea. Así, deu quince presidentes do Parlamento Europeo (ou dos seus equivalentes anteriores), máis da metade de todos eles: os italianos Alcide de Gasperi (1954) e Giuseppe Pella (1954-56); o alemán Hans Furler, que o fixo en dous períodos, de 1956 a 1958 e de 1960 a 1962, e que foi o único presidente da Eurocámara que o foi en dúas ocasións; o francés Robert Schuman (1958-60); os belgas Jean Duvieusart e Victor Leemans, de 1964 a 1965 e dese ano a 1966, respectivamente; o francés Alain Poher (1966-69); os italianos Mario Scelba (1969-71) e Emilio Colombo (1977-79); o francés Pierre Pflimlin (1984-87); o alemán Egon Klepsch (1992-94); o español|José María Gil-Robles (1997-97); a francesa Nicole Fontaine (1999-02), o alemán Hans-Gert Pöterring (2007-09); e o polaco Jerzy Buzek do 2009 ao 2012, que foi o primeiro presidente do parlamento que procedía do Leste de Europa.

Ademais, tamén pertenceron ao PPE cinco presidentes da Comisión Europea: o alemán Walter Hallstein, que foi o primeiro presidente da Comisión entre 1958 e 1967, o italiano Franco Maria Malfatti de 1970 a 1972, o francés François-Xavier Ortoli, entre 1973 e 1977, o luxemburgués Jacques Santer (1995-1999), e o portugués José Manuel Durão Barroso, que estivo no posto entre 2004 e 2014 e que é o segundo presidente de máis duración no cargo por detrás do socialdemócrata Jacques Delors.

Organización

editar

O PPE ten un presidente e un grupo de vicepresidentes, ademais dun tesoureiro e dun secretario-xeral.

Os presidentes do grupo do PPE foron:

NúmeroPresidentePaísPartidoDesdeAta
1.Maan Sassen Partido Popular Católico19531958
2.Pierre Wigny Partido Socialcristián19581958
3.Alain Poher Movemento Republicano Popular19581966
4.Joseph Illerhaus Unión Demócrata Cristiá (CDU)19661969
5.Hans Lückerl Unión Demócrata Cristiá (CDU)19691975
6.Alfred Bertrand Partido Popular Cristián19751977
7.Egon Klepsch Unión Demócrata Cristiá (CDU)19771982
8.Paolo Barbi Democracia Cristiá (DC)19821984
9.Egon Klepsch Unión Demócrata Cristiá (CDU)19841992
10.Leo Tindemans Partido Popular Cristián19921994
11.Wilfred Martens Partido Popular Cristián19941999
12.Hans Gert Pöttering Unión Demócrata Cristiá (CDU)19992007
13.Joseph Daul Unión por un Movemento Popular (UMP)2007actualidade

Parlamentarios

editar

Esta foi a composición inicial do grupo parlamentario do EPP, logo de cada unha das eleccións. Con posterioridade ás eleccións producíronse cambios, ademais de que os países entrantes recibían unha cota de europarlamentarios antes de que se producisen os comicios.

PaísPartido19791984198919941999200420092014TotalTotal por estado
AlemañaUnión Demócrata Cristiá de Alemaña34342539434034249
Unión Social Cristiá de Baviera8778109857306
AustriaPartido Popular Austríaco7661919
BélxicaPartido Socialcristián111119
Democristiáns de Flandres745433329
Nova Alianza Flamenga11
Fronte Democrática Francófona11
Centro Demócrata Humanista32221111243
BulgariaCidadáns polo Desenvolvemento Europeo de Bulgaria55
Unión de Forzas Democráticas116
República ChecaUnión Cristiá Demócrata - Partido Popular Checo224
Partido Democrático Cívico99
Unión de Independentes - Demócratas Europeos3316
ChipreReagrupación Democrática224
Partido Europeo1015
CroaciaUnión Democrática Croata
DinamarcaPartido Popular Conservador142311113
Demócratas de Centro1114
EslovaquiaUnión Demócrata Cristiá Eslovaca - Partido Democrático325
Movemento Cristianodemócrata325
Coalición Húngara22414
EsloveniaPartido Democrático Esloveno224
Nova Eslovenia2137
EspañaPartido Popular1528272423117
Unión Democrática de Cataluña1113120
EstoniaUnión pola Patria e a Res Pública1122
FinlandiaCoalición Nacional44311
Cristianodemócratas101213
FranciaUnión pola Democracia Francesa891213951
Centro Nacional de Independentes e Labregos11
Democracia Liberal66
Reagrupamento pola República1212
Unión por un Movemento Popular172431
Novo Centro33
Esquerda Moderna22106
GreciaNova Democracia910991185656
HungríaAlianza da Mocidade Demócrata (FIDESz)121224
Partido Popular Cristianodemócrata11
Forum Demócrata Húngaro1126
IrlandaFine Gael464445431
Independente: Dana Rosemary Scallon1132
ItaliaDemocracia Cristiá29262651
Partido Popular do Tirol do Sur11111117
Partido Popular Italiano8412
Pacto Segni33
Forza Italia221638
Centro Cristián Democrático22
Cristianodemócratas Unidos257
Unión de Demócratas por Europa111
Renovación Italiana11
Partido dos Pensionistas112
Unión de Centro5510
O Pobo da Liberdade2929153
LetoniaPartido da Nova Era213
Partido Popular11
Unión Cívica226
LituaniaUnión Patriótica - Democratacristiáns de Lituania2466
LuxemburgoPartido Popular Socialcristián33322331919
MaltaPartido Nacionalista2244
Países BaixosChamada Demócrata Cristiá10108109755959
PoloniaPlataforma Cívica152540
Partido Popular Polaco43747
PortugalCentro Democrático Social - Partido Popular3227
Partido Socialdemócrata19782532
Reino UnidoPartido Unionista do Ulster11114
Partido Conservador18362782
RomaníaPartido Demócrata Liberal1111
Unión Demócrata dos Húngaros de Romanía3314
SueciaCoalición Moderada54413
Democristiáns211417

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar