División Administrativa da República Popular da China

Debido á magnitude da súa superficie e da súa poboación, e á presenza de numerosas minorías étnicas, a organización territorial ou división político-administrativa da China comprende varios niveis desde tempos antigos.

Mapa político da República Popular da China.
Divisións administrativas e disputas territoriais.

A vixente Constitución da República Popular da China prevé, de jure, tres niveis de goberno, aínda que actualmente, na práctica (de facto), hai cinco niveis: a provincia, a prefectura, o xián (ou condado), o municipio e a cidade.

Desde o século XVII, na China, os límites provinciais mantivéronse en gran medida invariábeis. Os principais cambios desde entón foron a reorganización das provincias no noroeste despois da creación da República Popular da China e a formación de rexións autónomas, que tiveron como idea inspiradora as políticas étnicas implantadas na antiga Unión Soviética.

As provincias cumpren unha función cultural importante na China, dado que a xente tende a identificarse coa súa provincia natal.

Niveis de organización territorial

editar

A Constitución da República Popular da China prevé oficialmente que o país se organiza en tres niveis:

  1. Nivel provincial: o país divídese en 23 provincias, 5 rexións autónomas, 4 municipios baixo xurisdición central, ou municipalidades,[1] e 2 rexións administrativas especiais.
  2. Nivel distrital: as provincias e rexións autónomas divídense en prefecturas autónomas, prefecturas, distritos, distritos autónomos e cidades.
  3. Nivel cantonal: os distritos e distritos autónomos repártense en cantóns, cantóns de minorías étnicas e poboados.

Porén, na aplicación real, inclíronse dous niveis máis: a prefectura, nas provincias, e o polo, nos municipios. (Hai un sexto nivel, a oficina pública de distrito, por debaixo dos condados, pero está sendo abolida).

Cadro das divisións administrativas

editar

A República Popular da China divídese administrativamente da seguinte maneira:

Cada unha destas administracións, subdivídese en prefecturas, e estas en condados (algúns dos cales é autónomo).

Provincias

editar
NomeChinés tradicionalPinyinChinés simplificadoCapitalSuperficie (km²)Poboación
Anhui安徽Ānhuī皖 wǎnHefei139.05761 706 238
Fujian福建Fújiàn闽 mǐnFuzhou123.60335 801 740
Gansu甘肃Gānsù甘 gān, 陇 lǒngLanzhou464 18626 184 538
Guangdong广东Guǎngdōng粤 yuèCantón177 93379 383 035
Guizhou贵州Guìzhōu黔 qián, 贵 guìGuiyang176 50536 407 728
Hainan海南Hǎinán海 hǎi, 琼 qióngHaikou34 3538 112 834
Hebei河北Héběi冀 jìShijiazhuang187 99169 602 378
Heilongjiang黑龙江Hēilóngjiāng黑 hēiHarbin432 47736 704 334
Henan河南Hénán豫 yùZhengzhou166 49993 652 065
Hubei湖北Húběi鄂 èWuhan185 12561 692 449
Hunan湖南Húnán湘 xiāngChangsha211 83664 406 395
Jiangsu江苏Jiāngsū苏 sūNanjing97 60775 176 989
Jiangxi江西Jiāngxī赣 gànNanchang167 43041 398 079
Jilin吉林Jílín吉 jíChangchun192 10527 502 884
Liaoning辽宁Liáoníng辽 liáoShenyang147 78542 600 752
Qinghai青海Qīnghǎi青 qīngXining716 6935 001 307
Shaanxi陕西Shǎnxī陕 shǎn, 秦 qínXi'an205 69336 641 032
Shandong山东Shāndōng鲁 lǔJinan156 86792 809 165
Shanxi山西Shānxī晋 jìnTaiyuan157 02334 415 373
Sichuan四川Sìchuān川 chuān, 蜀 shǔChengdu491 14683 725 263
Yunnan云南Yúnnán滇 diān, 云 yúnKunming393 73444 948 507
Zhejiang浙江Zhèjiāng浙 zhèHangzhou103 90047 964 394

Rexións autónomas

editar
NomeChinés tradicionalPinyinChinés simplificadoCapitalSuperficie (km²)Poboación
Guangxi广西Guǎngxī桂 guìNanning241 41044 553 455
Mongolia Interior内蒙古Nèi Měnggǔ蒙 měngHohhot1 218 69824 259 735
Ningxia宁夏Níngxià宁 níngYinchuan55 4615 900 848
Xinjiang新疆Xīnjiāng新 xīnÜrümqi1 774 03419 988 711
Tíbet西藏Xīzàng藏 zàngLhasa1 268 9472 810 767

Municipalidades

editar
Nome adaptado ao galegoNome transliteradoNome chinés tradicionalPinyinNome chinés simplificadoCapitalSuperficie (km²)Poboación
PequínBeijing北京Běijīng京 jīng16 80814 933 274
ChongquínChongqing重庆Chóngqìng渝 yú82 40331 610 196
XanghaiShanghai上海Shànghǎi沪 hù6 34117 805 281
TianxínTianjin天津Tiānjīn津 jīn11 63210 315 894

Rexións Administrativas especiais

editar

Notas

editar

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar