Congreso de Ferradillo

O congreso de Ferradillo foi unha reunión de guerrilleiros antifranquistas que tivo lugar o 24 de abril de 1942 nos montes de Ferradillo (Montes Aquilanos), preto de Ponferrada.

Historia editar

O 24 de abril de 1942 vinte e catro guerrilleiros de todas as tendencias políticas celebraron en Peñas de Ferradillo, nos montes de Ferradillo, próximos a Ponferrada, unha reunión que deu lugar á constitución da Federación de Guerrillas de León-Galicia. O congreso culminou coa elección dun Estado Maior dirixido por Marcelino Fernández Villanueva, con César Ríos, Mario Morán García, Abel Ares Pérez, Marcelino de la Parra e Manuel Girón Bazán como lugartenentes.

Guerrilleiros participantes editar

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Macías, Santiago (2005). El monte o la muerte. Madrid: Temas de Hoy. ISBN 84-8460-454-3. 
  • Serrano, Secundino (1986). La guerrilla antifranquista en León 1936-1951. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-323-0627-4.