Abel Ares Pérez
Abel Ares Pérez, nado en Toural dos Vaos o 29 de marzo de 1909 e finado na mesma vila o 12 de setembro de 1998, foi un guerrilleiro antifranquista berciano.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 29 de marzo de 1909 Toural dos Vaos, España |
Morte | 12 de setembro de 1998 (89 anos) Toural dos Vaos, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | membro da resistencia |
Carreira militar | |
Conflito | Guerra civil española |
Traxectoria
editarMilitante socialista, participou na folga xeral revolucionaria de 1934 e pasou un tempo na cadea. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 participou na defensa de Fabeiro e combateu co exército republicano na fronte de Asturias, chegando ao grao de tenente. Tras a caída de Asturias volveu ao seu lugar natal, pasou varios meses agochado nun burato nos arredores de Toural dos Vaos, e posteriormente organizou unha partida guerrilleira que actuou no Bierzo occidental. En 1942 foi un dos dirixentes guerrilleiros que constituíron a Federación de Guerrillas de León-Galicia, Abel permaneceu como axudante de César Ríos quen estaba ao mando da I Agrupación. En decembro de 1948 decidiu marchar a Francia ao considerar que non había opción para o triunfo dos guerrilleiros. En Francia traballou como albanel e en 1992 volveu ao Bierzo.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Heine, Hartmut (1982). A guerrilla antifranquista en Galicia. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-011-6.
- Máiz, Bernardo (1988): Galicia na II República e baixo o franquismo. Ed. Xerais.
- Macías, Santiago (2005): El monte o la muerte. Temas de Hoy.