Yorgos Lanthimos

Georgios "Yorgos" Lanthimos (en grego: Γιώργος Λάνθιμος, Giorgios Lanthimos), nado en Pangrati (Atenas) o 23 de setembro de 1973, é un director de cinema e teatro, produtor e guionista grego.

Infotaula de personaYorgos Lanthimos

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(el) Γιώργος Λάνθιμος Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento23 de setembro de 1973 Editar o valor em Wikidata (50 anos)
Atenas, Grecia Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeGrecia Editar o valor em Wikidata
EducaciónHellenic Cinema and Television School Stavrakos (en) Traducir
Moraitis School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoDirección de cine, film screenwriting (en) Traducir e Produción de cinema Editar o valor em Wikidata
Ocupacióndirector de cinema , produtor de cinema , actor , guionista , director teatral , realizador Editar o valor em Wikidata
Período de actividade2001 Editar o valor em Wikidata -
MovementoGreek Weird Wave (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua grega e lingua grega moderna Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Familia
CónxuxeAriane Labed (2013–)
Premios

Páxina weblanthimos.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0487166 Allocine: 261191 Rottentomatoes: celebrity/yorgos_lanthimos Allmovie: p655798
BNE: XX5020081 Discogs: 2258832 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria

editar

Lanthimos naceu en Atenas e foi criado principalmente pola súa nai.[1] O seu pai, Antonis Lanthimos, era un xogador profesional de baloncesto que xogou no Pagrati B.C. e na selección grega e tamén adestrou na escola Moraitis.[2] Tras graduarse na escola Moraitis, pasou a estudar administración de empresas e xogou un tempo no Pagrati B.C.[3] Posteriormente deixouno para estudar dirección de cinema e televisión na Escola Stavrakos (HCTSS) de Atenas.[1]

Durante a década de 1990 dirixiu vídeos para compañías de teatro e danza de Grecia. Dende 1995 dirixiu numerosos anuncios televisivos, videoclips, curtametraxes e obras de teatro experimental.[4] Foi tamén membro do equipo creativo que deseñou as cerimonias de apertura e clausura dos Xogos Olímpicos de 2004 en Atenas.[4][5]

O debut de Lanthimos na longametraxe foi co filme comercial O kaluteros mou psilos onde compartía créditos con Lakis Lazopoulos e ao que seguiu o filme experimental Kinetta, estreado no Festival de Cinema de Toronto de 2005.[6] O seu terceiro filme, Kynodontas, gañou o premio da sección Un Certain Regard no Festival de Cannes de 2006[7][8] e foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.[9] O seu cuarto filme, Alpeis (2011) gañou o premio Osella ao mellor guión no Festival de Venecia.[10]

O seu filme The Lobster foi seleccionado para competir no Festival de Cannes de 2015,[11] onde gañou o premio do xurado.[12][13] No 75.º Festival de Venecia estreou The Favourite (2018), que gañou o premio do xurado e recibiu dez candidaturas aos Óscar na 91.ª edición dos premios, incluídos os de mellor filme e mellor director para Lanthimos.[14]

Filmografía

editar
AnoTítuloDirectorGuionistaProdutorNotas
2001O kaluteros mou psilosSiNonNonDebut na dirección
Codirector, con Lakis Lazopoulos[6]
2005KinettaSiSiNonDebut como director en solitario
2009KynodontasSiSiSi
2010AttenbergNonNonSiTamén actor
2011AlpeisSiSiSi
2015The LobsterSiSiSi
2017The Killing of a Sacred DeerSiSiSi
2018The FavouriteSiNonSi

Notas

editar
  1. 1,0 1,1 Julien, Stacey G. (2019-02-07). "Yorgos Lanthimos - WTF with Marc Maron podcast". Consultado o 2019-07-14. 
  2. "Ο Γιώργος Λάνθιμος διαπρέπει στο Φεστιβάλ της Βενετίας - GLOW.GR". glow.gr (en inglés). Consultado o 2019-01-24. 
  3. Παπαδογιάννης, Νίκος. "Αντώνης Λάνθιμος: Το μήλο του δεν έπεσε κάτω από τη μηλιά…". Documento (en grego). Consultado o 2019-01-24. 
  4. 4,0 4,1 Sakaridis, Yannis. "10 Greek Filmmakers to Watch". Raindance Film Festival. Arquivado dende o orixinal o 27 de xullo de 2011. Consultado o 2 de febreiro de 2011. 
  5. "DOGTOOTH - Press Kit" (PDF). Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xullo de 2012. Consultado o 2009-05-23.  Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
  6. 6,0 6,1 Pavlaki, Despina (2009-10-25). "Film: Dogtooth". Athens News. Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2012. Consultado o 2 de febreiro de 2011.  Arquivado 06 de marzo de 2012 en Wayback Machine.
  7. "Un Certain Regard Awards Ceremony". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2020. Consultado o 2009-05-23. 
  8. Hernandez, Eugene (2009-05-23). ""Dogtooth" Wins Top Cannes Un Certain Regard Prize". IndieWire. Consultado o 2009-05-23. 
  9. "Nominees for the 83rd Academy Awards". Academy of Motion Picture Arts and Sciences. Consultado o 2011-01-25. 
  10. "Archived copy". Arquivado dende o orixinal o 2012-09-12. Consultado o 2011-10-23. 
  11. "2015 Official Selection". Festival Internacional de Cinema de Cannes. Arquivado dende o orixinal o 18 de abril de 2015. Consultado o 16 April 2015.  Arquivado 18 de abril de 2015 en Wayback Machine.
  12. Barnes, Henry (24 de maio de 2015). "Cannes 2015: Jacques Audiard's Dheepan wins the Palme d'Or". The Guardian. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  13. Ford, Rebecca (24 de maio de 2015). "Cannes: 'Dheepan' Wins the Palme d'Or". The Hollywood Reporter. Consultado o 24 de maio de 2015. 
  14. "Oscar Winners 2019: The Complete List". Variety. 24 de febreiro de 2019. Consultado o 24 de febreiro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar