Xogos Paralímpicos de Londres 2012

Xogos da XIV Paralimpíada
Londres 2012
Estados Participantes164
Atletas4.294
Eventos503 en 20 deportes
Cerimonia de Apertura29 de agosto
Cerimonia de Clausura9 de setembro
Apertura oficialRaíña Isabel II[1]
Facho OlímpicoMargaret Maughan
LocalEstadio Olímpico

Os Xogos Paralímpicos de 2012 foron os décimo cuartos Xogos Paralímpicos de Verán e celebráronse dende o 29 de agosto ata o 9 de setembro de 2012 na cidade de Londres, Reino Unido, logo de que a capital británica gañara a votación para acoller os Xogos Olímpicos e os Xogos Paralímpicos de 2012. Houbo 1,6 millóns de entradas dispoñibles cunha taxa de vendas estimada do 63%.

No seu informe de avaliación o Comité Olímpico Internacional sinalou que "Coa súa rica historia, as capacidades do Deporte Paralímpico británico están entre as mellores da historia".

Os xogos incluíron atletas con diversas discapacidades físicas e sensoriais, tales como a parálise cerebral, amputacións e cegueira. Esta foi a primeira vez dende a edición do ano 2000, onde os deficientes mentais retornaron aos Xogos.

Proceso de selección

editar

A cidade organizadora dos Xogos Olímpicos de Verán acolleu tamén os Xogos Paralímpicos de Verán, como se viña facendo dende 1988 e como se acordou formalmente polo Comité Olímpico Internacional no 2001.[2] Logo da cuarta e última rolda de votacións na 117ª sesión do COI celebrada en Singapur, o dereito a organizar os Xogos Paralímpicos de Verán no 2012 foi para Londres.[3][4]

Resultados das votacións das Olimpiadas de verán de 2012
CidadeComité Olímpico Nacional1ª rolda2ª rolda3ª rolda4ª rolda
Londres Reino Unido22273954
París Francia21253350
Madrid España203231
Nova York Estados Unidos1916
Moscova Rusia15

Países participantes

editar

Nos Xogos Paralímpicos de Londres 2012 participaron os seguintes comités paralímpicos nacionais:[5]

Comités Paralímpicos Nacionais participantes (número de atletas)

Deportes

editar

Nos 11 días de competición disputáronse as seguintes probas:

Sedes

editar

Dos vinte deportes Paralímpicos, nove xogáronse no Parque Olímpico de Londres que foi construído especialmente para os Xogos Olímpicos e Paralímpicos:[15]

  • Atletismo
  • Ciclismo en ruta
  • Fútbol 5
  • Fútbol 7
  • Goalball
  • Natación
  • Esgrima en cadeira de rodas
  • Rugby en cadeira de rodas
  • Tenis en cadeira de rodas
  • Tiro con arco

O Centro de Exposicións ExCeL acollerá seis deportes máis:

  • Baloncesto en cadeira de rodas
  • Boccia
  • Halterofilia
  • Judo
  • Tenis de mesa
  • Voleibol sentado

Os eventos de tiro tivo lugar nos Royal Artillery Barracks en Woolwich e o ciclismo en ruta no Regent's Park, no centro de Londres. O Grenwich Park hospedou os eventos de equitación, a Weymouth and Portland National Sailing Academy os de vela e o Ethon Dourney os de remo

Calendario

editar
   Cerimonia de inauguración   Competicións ● Finais   Cerimonia de clausura
agosto / setembro de 2012Mér
29
Xov
30
Ven
31
Sáb
1
Dom
2
Lun
3
Mar
4
Mér
5
Xov
6
Ven
7
Sáb
8
Dom
9
Medallas
de ouro
Tiro con arco4329
Atletismo1117201721202116234170
Boccia347
Ciclismo55531846450
Equitación232411
Fútbol 511
Fútbol 711
Goalball22
Judo44513
Halterofilia233333320
Remo44
Vela33
Tiro2221111212
Natación15151514141515151515148
Tenis de mesa11104429
Voleibol112
Baloncesto en cadeira de rodas112
Esgrima4421112
Rugby en cadeira de rodas11
Tenis en cadeira de rodas1236
Total de finais284049595154644748576503
Finais acumuladas2868117176227281345392440497503
Cerimonias      
Agosto / setembro de 2012Mér
29
Xov
30
Ven
31
Sáb
1
Dom
2
Lun
3
Mar
4
Mér
5
Xov
6
Ven
7
Sáb
8
Dom
9
Medallas
de ouro

Medalleiro

editar
PosiciónPaísOuroPrataBronceTotal
1 China957165231
2 Rusia363828102
3 Reino Unido344343120
4 Ucraína32242884
5 Australia32233085
6 Estados Unidos31293898
7 Alemaña18262266
8 Brasil2114843
9 Polonia1413936
10 Países Baixos10101939

Notas

editar
  1. "London 2012 Paralympic Games to be opened by The Queen". London2012.com. 29 February 2012. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2012. 
  2. "Paralympics 2012: London to host 'first truly global Games'". BBC Sport. 
  3. "London beats Paris to 2012 Games". BBC News. 
  4. Culf, Andrew (6 de xullo de 2005). "The party that never was: capital marks the games at last—Eight weeks after Olympic celebrations were cut short by bombings, London puts on a low-key spectacle to show it means business". The Guardian (London). Arquivado dende o orixinal o 02 de outubro de 2008. 
  5. https://archive.today/20130103164138/www.london2012.com/paralympics/athletes/%23tabFilter-3
  6. North Korea - Athletes
  7. "Comité Paralímpico Español - Juegos Paralímpicos Londres 2012 - Noticias". Paralimpicos.es. Arquivado dende o orixinal o 28 de agosto de 2012. 
  8. "Rogoimuri ruled out of 2012 Paralympics". Fijilive.com. 23-08-2012. 
  9. https://archive.today/20121204173352/www.london2012.com/paralympics/country/faroe-islands/
  10. "Mūsējo sportistu starti Paralimpiskajās spēlēs Londonā 2012" (en Latvian). Latvian Paralympic Comittee. 10 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012. 
  11. "London games: 500 Days to go!". Ukinlebanon.fco.gov.uk. 9 de agosto de 2012. Arquivado dende o orixinal o 15 de setembro de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012. 
  12. BNS. "Paskelbta Lietuvos rinktinė, startuosianti Londono parolimpinėse žaidynėse — DELFI Žinios". Sportas.delfi.lt. 
  13. "Team South Africa named for 2012 Paralympics". SASCOC. Arquivado dende o orixinal o 26 de xuño de 2012. Consultado o 06 de setembro de 2012. 
  14. https://archive.today/20121205031826/www.london2012.com/paralympics/country/jordan/athletes/index.html
  15. BBC Sport (24 de novembro de 2006). "Paralympics venue plan unveiled" (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2012. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar