Pierre-Emerick Aubameyang

futbolista gabonés

Pierre-Emerick Emiliano François Aubameyang, nado o 18 de xuño de 1989 en Laval, é un futbolista franco-gabonés que xoga como dianteiro no FC Barcelona. Anteriormente xogou en clubs de varios países europeos, destacando especialmente no Saint-Étienne, no Borussia Dortmund e no Arsenal, club este último do que foi capitán.[2] É internacional dende 2009 coa selección de Gabón, da que é o máximo goleador histórico. Está considerado como un dos mellores dianteiros do mundo, sendo sobre todo coñecido polo seu ritmo, capacidade de finalización e movementos sen balón.[3] Aínda que habitualmente xoga como dianteiro centro, tamén ten xogado como extremo.

Pierre-Emerick Aubameyang
Información persoal
NomePierre-Emerick Emiliano
François Aubameyang
Nacemento18 de xuño de 1989 (34 anos)
Lugar de nacementoLaval, Francia
NacionalidadeGabón, Francia, España
Altura1,86 metros
PosiciónDianteiro / Extremo esquerdo
Información de club
Club actualBarcelona
Número25
Carreira xuvenil
1995–1997ASL L'Huisserie Football[1]
1997–1998Nice
1998–1999ASL L'Huisserie Football
1999–2001Laval
2001–2005Rouen
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2008–2011Milan0(0)
2008–2009Dijon (C.)34(8)
2009–2010Lille (C.)14(2)
2010–2011Monaco (C.)19(2)
2011Saint-Étienne (C.)14(2)
2011–2013Saint-Étienne73(35)
2013–2018Borussia Dortmund144(98)
2018–2022Arsenal128(68)
2022–Barcelona4(3)
Selección nacional
2009Francia sub-211(0)
2012Gabón sub-233(1)
2009–Gabón72(30)
Na rede
IMDB: nm6482947 Twitter: Aubameyang7 Instagram: auba FIFA: 306072 UEFA: 250011037 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de febreiro de 2022.
Selección: actualizado a 20 de febreiro de 2022.editar datos en Wikidata ]

É fillo do exfutbolista gabonés Pierre Aubameyang e irmán de Catilina e Willy Aubameyang, todos eles tamén internacionais coa selección de Gabón.

Notas editar

  1. "Joueur – Pierre-Emerick AUBAMEYANG". Federación Francesa de Fútbol. Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2020. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  2. Maltby, Matt (5 de novembro de 2019). "Pierre-Emerick Aubameyang appointed Arsenal captain after Granit Xhaka is axed" [Pierre-Emerick Aubameyang nomeado capitán do Arsenal despois do despedimento de Granit Xhaka]. mirror. Consultado o 16 de xullo de 2020. 
  3. "Ten things about Aubameyang" [Dez cousas sobre Aubameyang]. Bundesliga. 13 de agosto de 2013. Arquivado dende o orixinal o 03 de decembro de 2014. Consultado o 16 de xullo de 2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar