Mundo árabe

Chámaselle Mundo árabe (en árabe: العالم العربي al-ʿālam al-ʿarabī ) ou países árabes (árabe, البلدان العربية, al-buldān al-`arabiyya) os estados nos que a maiora da poboación son falantes árabes así como as poboacións de África do Norte, Oriente Medio e outros lugares.

Un mapa do Mundo árabe. Baseado na definición estándar do mundo árabe, que comprende os estados da Liga Árabe, máis do Sáhara Occidental.

A definición estándar do mundo árabe comprende os 22 estados e territorios da Liga Árabe que se estenden dende o océano Atlántico ao oeste, co Mar Arábigo ao leste, e o Mediterráneo ao norte do Corno de África e do océano Índico no sueste. Ten unha poboación de preto de 400 millóns de persoas, dos cales máis da metade son menores de 25 anos de idade[1].

O sentimento nacionalista árabe xurdiu na segunda metade do século XIX, xunto con outros movementos nacionalistas dentro do Imperio Otomán. A Liga Árabe formouse en 1945 para representar os intereses dos árabes e, especialmente, para o exercicio da unificación política dos países árabes, un proxecto coñecido como Panarabismo[2][3]. As protestas populares no mundo árabe a partir de 2010 están dirixidas contra os gobernos e a corrupción asociada a estes, xunto coa demanda de máis oportunidades económicas.

O termo "mundo árabe" rexeitano normalmente aqueles que viven nesa rexión, xa que non se consideran árabes, como non semitas, berberes e kurdos, xa que implica toda a rexión árabe na súa identidade, poboación, e orixe, mentres que a patria orixinal dos árabes é a Península Arábiga. O termo tamén o rexeitan algunhas minorías indíxenas semitas como os Ashkenazim, sefaradim, Mizrahim, caldeos, asirios e siríacos, xa que son anteriores aos árabes en lugares como Iraq, Palestina e Siria. Coptos e outros exipcios tamén se definen como exipcios e non árabes.

Definición editar

A denotación lingüística e política propia do termo árabe xeralmente predomina sobre consideracións xenealóxicas. Polo tanto, os individuos con pouca ou ningunha ascendencia da Península Arábiga poderían identificarse ou considerarse árabrs, en parte debido á súa lingua materna. Porén, esta identidade discútena moitos pobos. Por exemplo, os expcios poden ou non identificarse como árabes.

Definición territorial estándar editar

Mapa dos estados membros da Liga Árabe. Baixo a definición territorial estándar do mundo árabe, os estados e territorios da Liga árabe constitúen o mundo árabe.

Aínda que non existe unha definición globalmente aceptada no mundo árabe, todos os países que son membros da liga árabe son xeralmente recoñecidos como parte do mundo árabe.[4]

A Liga árabe é unha organización rexional, cuxo fin é (entre outras cousas) considerar de maneira xeral os asuntos e intereses dos países árabes:

Un árabe é unha persoa cuxa lingua é o árabe, que vive nun país de fala árabe e que está en sintonía coas aspiracións dos pobos de fala árabe.[5]

Esta definición terrirorial estándar considérase considérase ás veces apropiada[6] ou problemática,[7] e debe complementarse con algúns elementos adicionais.

Estados membros da Liga Árabe editar

  • Alxeria (en árabe: الجزائر al-Jazāʾir)
  • Bahrain (en árabe: البحرين al-Baḥrayn)
  • Comores (en árabe: جزر القمر Juzur al-Qamar) (O comorense e o francés son as outras linguas oficiais)
  • Djibuti (en árabe: جيبوتي Djībūtī ) (O francés é a outra lingua oficial)
  • Exipto (en árabe: مصر}} Miṣr)
  • Iraq (en árabe: العراق al-ʿIrāq) (O Kurdo é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Xordania (en árabe: الأردن al-ʾUrdun)
  • Kuwait (en árabe: الكويت al-Kuwayt)
  • Líbano (en árabe: لبنان Lubnān)
  • Libia (en árabe: ليبيا Lībyā)
  • Mauritania (en árabe: موريتانيا Mōrītānyā)
  • Marrocos (en árabe: المغرب al-Maġrib) (O berber é a outra lingua oficial)
  • Omán (en árabe: عمان ʿUmān)
  • Palestina (en árabe: فلسطين Filasṭīn) (Membro de pleno dereito da Líga Árabe e recoñecido pola maioría dos estados, excepto por Israel e outros estados occidentais)
  • Qatar (en árabe: قطر Qaṭar)
  • Arabia Saudita (en árabe: المملكة العربية السعودية al-Mamlakah al-ʿArabiyyah as-Saʿūdiyyah)
  • Somalia (en árabe: الصومال aṣ-Ṣūmāl) (O Somalí é a outra lingua oficial)
  • Sudán (en árabe: السودان as-Sūdān) (O inglés é a outra lingua oficial (minoritaria))
  • Siria (en árabeسوريا Sūryā)
  • Tunisia (en árabe: تونس Tūnis)
  • Emiratos Árabes Unidos (en árabe: الإمارات العربيّة المتّحدة al-ʾImārāt al-ʿArabiyyah al-Muttaḥidah)
  • Iemen (en árabe: اليمن al-Yaman)

Poboación editar

PostoPaísPoboación
[cando?]
Clasificación
mundial
1 Exipto91.425.854[8]16
2 Alxeria37.100.00034
3 Sudán34.848.00035
4 Iraq33.425.00039
5 Marrocos32.666.17940
6 Arabia Saudita28.660.00045
7 Iemen25.502.00049
8 Siria21.740.34055
9 Tunisia10.673.80077
10 Somalia9.656.00085
11 Emiratos Árabes Unidos8.089.00093
12 Libia6.449.000103
13 Xordania6.345.023106
14 Palestina4.293.313125
15 Líbano4.268.000126
16 Mauritania3.378.254134
17 Kuwait2.889.000138
18 Omán2.883.000139
19 Qatar1.921.000149
20 Bahrain1.341.000155
21 Djibuti923.000158
22 Comores767.000163
Total Liga Árabe400.652.486

Área editar

PosPaísÁrea (km2)% do TotalAclaracións
1 Alxeria2,381,74118.1%País máis grande de África e do mundo árabe.
2 Arabia Saudita2,149,69016.4%País máis grande en Oriente medio.
3 Sudán1.861.48214.2%Anteriormente o país máis grande de África, antes da independencia do Sudán do Sur.
4 Libia1.759.54011.4%
5 Mauritania1.025.5207.8%
6 Exipto1.002.0007.6%Non inclúe o Triángulo de Hala'ib (20,580 km²).
7 Somalia637.6574.9%
8 Iemen527.9684.0%
9 Marrocos446.5503.4%Non inclúe Sáhara Occidental (266,000 km²).
10 Iraq435.2443.3%
11 Omán309.5002.4%
12 Siria185.1801.4%Incluíndo a parte de Altos do Golán (1,200 km²) administrada actualmente por Israel.
13 Tunisia163.6101.2%
14 Xordania89.3420.7%
15 Emiratos Árabes Unidos83.6000.6%
16 Djibuti23.2000.1%
17 Kuwait17.8180.1%
18 Qatar11.5860.08%
19 Líbano10.4520.08%
20 Palestina6.0200.05%
21 Comores2.2350.01%
22 Bahrain7580.005%
Total13.333.296 5.148.048

Notas editar

  1. Arab World Ministries
  2. "Arab League Sends Delegation to Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  3. "Arab League Warns of Civil War in Iraq". Encyclopedia.com. 8 October 2005. Consultado o 13 February 2011. 
  4. Benjamin Hätinger, The League of Arab States, (GRIN Verlag: 2009), p.2.
  5. Dwight Fletcher Reynolds, Arab folklore: a handbook, (Greenwood Press: 2007), p.1.
  6. Baumann: 8
  7. Deng: 405
  8. "CAPMAS homepage". Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2011. Consultado o 15 August 2011.