Mario Kempes

futbolista arxentino

Mario Alberto Kempes Chiodi, nado en Bell Ville (Córdoba) o 15 de xullo de 1954, é un exfutbolista e adestrador arxentino. Coñecido como O Matador, xogaba de centrocampista ofensivo ou dianteiro esquerdo.

Mario Kempes
Mario Kempes festexa un dos seus goles a Holanda na final do Mundial 1978.
Información persoal
NomeMario Alberto Kempes Chiodi
Nacemento15 de xullo de 1954 (69 anos)
Lugar de nacementoBell Ville
Altura1,82 m.
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualRetirado
Carreira xuvenil
Instituto
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1970–1973 Instituto13(11)
1974–1976 Rosario Central107(85)
1977–1981España Valencia142(95)
1981–1982 River Plate29(15)
1982–1984España Valencia42(21)
1984–1986España Hércules38(10)
1986–1987Austria First Vienna20(7)
1987–1990Austria St. Pölten96(34)
1990–1992Austria Kremser SC39(7)
1995Chile Fernández Vial11(5)
1996 Pelita Jaya15(10)
Total537(290)
Selección nacional
1973–1982Arxentina43(20)
Adestrador
1996 Pelita Jaya
1996 Lushnja
1997–1998 Mineros de Guayana
1999 The Strongest
2000 Blooming
2000–2001 Independiente Petrolero
Na rede
FIFA: 174658 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Foi elixido pola IFFHS como o sexto mellor xogador arxentino do século XX,[1] destacado pola súa zurda potente, facilidade para o gol, velocidade, coraxe e destreza. Foi campión coa selección arxentina do Mundial de Fútbol de 1978, sendo o máximo goleador do torneo.

Traxectoria editar

Comezou a xogar ao fútbol nas inferiores de Talleres de Bell Ville. En 1972 pasou a xogar no Instituto Atlético Central Córdoba, que volveu proclamarse campión da Liga Cordobesa despois de seis anos. Gañou tamén o Torneo Nacional en 1973. En 1974 o Rosario Central comprouno por 130 millóns de pesos e foi o máximo goleador da Primeira División da Arxentina en 1974 e 1976.

A mediados de 1976 o Valencia CF cómprao por 30 millóns de pesetas, onde deixou plasmada a súa facilidade para o gol obtendo o Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga española en dúas ocasións (76/77 con 24 goles e 77/78 con 28).

Ao medio disto chegou o Mundial de 1978 realizado na Arxentina onde Kempes foi campión coa súa selección, máximo goleador do torneo e máxima figura da competición.

Gañou co equipo valenciano a Copa do Rei en 1979 ao vencer na final ao Real Madrid por 2-0 conseguindo el os dous goles. Tamén conseguiu a Recopa de Europa en 1980 ante o Arsenal na quenda de penaltis, na que, curiosamente, fallou o seu. En decembro do mesmo ano, o Valencia gañaba a Supercopa de Europa ao Nottingham Forest, 2-1 en Nottingham e 1-0 en Valencia. Mario Kempes está considerado como un dos mellores futbolistas na historia do Valencia CF.

Volveu a Arxentina en marzo de 1981, ao River Plate por 300 millóns de pesetas. Co club de Núñez, obtivo o Campionato Nacional de 1981, onde Kempes anotou un decisivo gol na final, xogada ante Ferro Carril Oeste.

Ao non poder o club arxentino cumprir con todos os pagos e unicamente abonar 130 millóns de pesetas regresou ao Valencia CF na tempada 1982/83 onde permaneceu ata a 1984/85. Despois marchou ao Autocares Luz de Valencia, equipo da liga de fútbol sala e tras uns meses ao Hércules CF xogando 2 tempadas, nas cales os seus grandes goles serviron para a permanencia na máxima categoría do fútbol español.

Despois empezou o seu periplo por equipos centro-europeos de escaso nivel como First Vienna, Sankt Polten, Krems, ou outros como Arturo Fernández Viario, equipo da segunda división do fútbol chileno, ou o Petaling Jaya de Indonesia en 1996 antes da súa retirada do fútbol.

Entre 1996 e 2001 adestra a equipos de Indonesia, Albania, Venezuela e Bolivia.

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

TítuloEquipoPaísAno
Copa do ReiValencia CF España1979
Torneo NacionalRiver Plate Arxentina1981

Copas internacionais editar

TítuloEquipoPaísAno
Copa do Mundo de FútbolSelección arxentina Arxentina1978
Recopa de EuropaValencia CF España1980
Supercopa de EuropaValencia CF España1980

Distincións individuais editar

DistinciónAno
Máximo goleador da Primeira División Arxentina1974
Máximo goleador da Primeira División Arxentina1976
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española1977
Trofeo Pichichi ao máximo goleador da Liga Española1978
Bota de Ouro ao máximo goleador da Copa do Mundo de Fútbol1978
Futbolista suramericano do ano1978
Máximo goleador da Recopa de Europa1980
Elixido FIFA 1002004
23º posto no ránking do Mellor xogador suramericano do século XX[2]2006
6º mellor xogador arxentino do século XX pola IFFHS2006

Notas editar