Los Monegros

comarca aragonesa dividida entre as provincias de Zaragoza e Huesca

Los Monegros é unha comarca aragonesa dividida entre as provincias de Zaragoza e Huesca. A súa capital é Sariñena. É coñecida polo seu clima semidesértico, que comporta secas crónicas.

Modelo:Xeografía políticaLos Monegros
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°47′N 0°10′O / 41.78, -0.17Coordenadas: 41°47′N 0°10′O / 41.78, -0.17
EstadoEspaña
Comunidade autónomaAragón
ProvinciaProvincia de Huesca Editar o valor em Wikidata
CapitalSariñena Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.764,9 km² Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con

Xeografía

editar

A serra de Alcubierre cruza a comarca de noroeste a sueste, alcanzando a súa maior altura no monte Oscuro, con 822 m. O clima é semiárido con escasa pluviosidade e altas temperaturas no verán. Hai moitas lagoas, salgadas e balsas, que forman o complexo endorreico máis importante de Europa. Destacan a lagoa de Sariñena e a da Praia.

Limita ao norte coa Hoya de Huesca, ao leste co Somontano de Barbastro, o Cinca Medio e o Bajo Cinca, ao oeste coa comarca de Zaragoza e ao sur coa Ribera Baja del Ebro e o Bajo Aragón-Caspe.

Turismo

editar

Entre o seu patrimonio artístico destaca o Mosteiro de Sigena e a Cartuxa da Nosa Señora das Fontes.

En decembro de 2007 fíxose público que nos Monegros estaba previsto construír o macrocomplexo de lecer Gran Scala que, con varios parques temáticos e casinos, sería un dos principais centros de lecer de Europa, aínda que o proxecto non parece prosperar, senón que está en punto morto.

Concellos

editar
ConcelloExtensión
(km²)
Poboación (2011)
(hab.)
Densidade
(hab./km²)
Albalatillo9,1237
Albero Bajo22,2109
Alberuela de Tubo20,8355
Alcubierre115,3439
La Almolda131,3615
Almuniente37,6550
Barbués19,696
Bujaraloz120,91.048
Capdesaso17,7176
Castejón de Monegros165,3649
Castelflorite34,8128
Farlete104,1435
Grañén124,01.988
Huerto86,7267
Lalueza88,21.089
Lanaja183,71.381
Leciñena178,61.339
Monegrillo183,2472
Peñalba156,7765
Perdiguera109,8651
Poleñino33,0224
Robres64,3606
Sangarrén32,2231
Sariñena275,64.402
Sena104,7549
Senés de Alcubierre20,564
Tardienta90,6998
Torralba de Aragón40,4107
Torres de Barbués13,9301
Valfarta33,290
Villanueva de Sigena146,4478
2.764,420.839

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar