Lingua vakhí

lingua

Vakhí ou Wakhí é unha lingua iraniana no subgrupo das linguas iranianas meridionais orientais (véxase linguas do Pamir).

Lingua vakhí ou wakhí
'x̌ik zik'
Pronuncia:/χik zik/
Outros nomes:Wakhani, Wakhigi, Vakhan, Khik, Guhjali
Falado en:Afganistán, Taxiquistán, China, Paquistán
Rexións: O Pamir, (Badaghxón, Vakhán, Chitral, Taxcorgán, Badaghxón Montañoso)
Total de falantes:Entre 31.000 e 40.000 (ano 2000)
Familia:Indoeuropea
 Irania
  orientais
   meridionais
    Linguas do Pamir
     Lingua vakhí ou wakhí
Escrita: Escrita perso-arábiga, cirílica ou latina
Estatuto oficial
Lingua oficial de: Non. Actitude positiva no Paquistán e no Taxiquistán.
Regulado por: Ningún
Códigos de lingua
ISO 639-1:-
ISO 639-2:-
ISO 639-3: wbl
SIL: wbl
Mapa
.
Status

Clasificación e distribución editar

Vakhí é unha das moitas linguas que pertencen ao grupo de linguas do Pamir. Unha puntualización disto é o feito de que os vakhís son chamados ás veces coma pamíres ou Taxicos das Montañas. A orixe desta lingua é Wakhán ou Vakhán, unha área dividida entre o extremo nororiental de Afganistán e a Provincia Autónoma de Badaghxón Montañoso no Taxiquistán. Estímase unha poboación total duns 50.000 habitantes deste pobo. Os vakhís viven en catro países distintos. No Paquistan no Chitral, principalmente en Goxal, Ixcomán, Darcut, e Brogol. No Taxiquistán en Badaghxón Montañoso, principalmente Murgob e Ixcaxím. No Afganistán en Vakhán, e na China.

En Taxiquistán editar

Existe unha controversia ao redor de denominación étnica e lingüística do Vakhí. No Taxiquistán tanto aos vakhís coma outras comunidades que falan unha das linguas do Pamir refírense a eles coma Pamirí ou Badakhxaní e existiu un movemento para separa a súa identidade dos da maioría taxica. Contrariamente, en Paquistán aos vakhís chámanselles taxicos. Se ben o vakhí é unha lingua distinta do taxico ou de calquera dialecto deste, isto crea igualmente unha polémica. En todo o mundo os lingüistas refírense o vakhí coma unha lingua irania independente do taxico, pertencentes a distintas ramas lingüísticas, o vakhí á rama irania oriental e o taxico á rama iranias occidentais, e ademais o taxico descende directamente do persa medio coma o persamoderno e o darí; pero moitos taxicos nacionalistas insisten en que tanto o vakhí coma as outras linguas do Pamir son realmente dialectos do taxico.[1]

En Paquistán editar

En Paquistán, a organización cultural do Vakhí é a Wakhi Tajik Cultural Association(WTCA), unha organización que está rexistrada baixo o Goberno de Paquistán e que traballa en colaboración co Ministerio de Cultura e Turismo e Lok Virsa Pakistan. A Asociación traballe para preservar a lingua vakhí e a súa cultura, así como documentarse na súa poesía e música. A porcentaxe de alfabetización entre os taxicos vakhís nas áreas de norte de Paquistán é de cerca do 60%.

Radio Paquistán en Guilguit emite o programa de radio en vakhí "Sadoyah Boomy Dunyo", a voz do teito do mundo. A Asociación Cultural Taxica Vakhí (The Wakhi Tajik Cultural Association) emitiu máis de vinte programas dende 1984, os que inclúen espectáculos culturais, noites musicais e festivais musicais de gran formato, coa colaboración da Lok Virsa Pakistan, a Aga Khan Cultural Service Pakistan (AKCSP), e a Televisión de Paquistán. No ano 2000, a WTCA gañou o premio "Best Programme" (Mellor Programa) coma organizador do Festival da Ruta da Seda. Foi creada unha codificación computerizada da escritura vakhí o que axudará a promover o desenvolvemento de programas e documentación da poesía, literatura e historia vakhí.[2]

Na China editar

Véxase Taxicos na China

Ortografía editar

Amosamos abaixo un exemplo do novo alfabeto wakhí, un texto da tradución da Biblia publicada no 2001.[3]

Noso Pai (Lucas 11:2-4)
Vakhí en alfabeto latinoVakhí en alfabeto cirílicoEnglish (KJV)
2 Yiso yavər x̆atəy: «Sayišt i dəo carəv, x̆anəv: „Ey bzыrgwor Tat ki də osmonət cəy! Ti bəzыrg nung bər olam ыmыt! Ləcər dəwroni Ti podšoyi ɣ̆at-ət, zəmin-ət zəmon də hыkmi taw ыmыt!2 Йисо йавəр х̌атəй: «Сайишт ҙи дəо царəв, х̌анəв: „Ей бзыргв̌ор Тат ки дə осмонəт цəй! Ти бəзырг нунг бəр олам ымыт! Лəцəр дəв̌рони Ти подшойи г̌ат-əт, зəмин-əт зəмон дə ҳыкми тав̌ ымыт!2 And he said unto them, When ye pray, say, "Our Father which art in heaven, Hallowed be thy name. Thy kingdom come. Thy will be done, as in heaven, so in earth.
3 Spo rыsq-ət rыzi sakər nəsib car!3 Спо рысқ-əт рызи сакəр нəсиб цар!3 Give us day by day our daily bread.
4 Cə spo gənoən šəxs! Sak bə kuy, ki sakər šakiɣ̆, cə kərk! kыx̆ter baxṣ̌əṣ̌ carən. Cə bandi nafs-ət awasən, Cə waswasayi Iblisən saki niga δыr!“»4 Цə спо гəноəн шəхс! Сак бə куй, ки сакəр шакиг̌ цə кəрк! Кых̌тəр бахш̣əш̣ царəн. Цə банди нафс-əт ав̌асəн, Цə в̌асв̌асайи Иблисəн саки нига д̌ыр!“»4 And forgive us our sins; for we also forgive every one that is indebted to us. And lead us not into temptation; but deliver us from evil."

Vocabulario editar

O léxico vakhí amosa diferenzas significativas con ámbalas linguas iranianas occidentais como son o persa e o taxico, e tamén coas outras linguas do Pamir. Abaixo amosamos unha comparativa feita por Gawarson dos dialectos do saricolí e vakhí falados na China e as linguas iranianas occidentais.

Comparación lexical de seis linguas iranianas[4]
GalegoPersaTaxicoPaxtoXugníSaricolíVakhí
fillopisær (پسر)pisar (писар)zujputspɯtsputr
fogoæt̪iʃ (اتش)otaʃ (оташ)orjoːtsjutsrɯχnig
augaæb (اب)ob (ов)obəxatsxatsjupk
mand̪æst̪ (دست)dast (даѕт)lɑsðustðɯstðast
pɔ (پا)po (по)pxə, pʂəpoːðpeðpɯð
dented̪ænd̪ɔn (دندان)dandon (дандон)ɣɑx, ɣɑʂðinðʉnðanðunðɯnðɯk
ollotʃæʃm (چشم)tʃaʃm (чашм)stərgətsemtsemtʂəʐm
cabaloæsb (اسب)asp (асп)ɑsvoːrdʒvurdʒjaʃ
nubeæbr (ابر)abr (абр)uriəz, uriədzabrivarmmur
trigogænd̪um (گندم)gandum (гандум)ɣənəmʒindamʒandamɣɯdim
carnegʉʃt̪ (گوشت)gʉʃt (гушт)ɣwəxə, ɣwəʂəguːxtgɯxtguʂt
moitobisjɔr (بسيار)bisjor (бисйор)ɖerbisjoːrpɯrtəqi
altobulænd̪ (بلند)baland (баланд)lwəɻbilandbɯlandbɯland
lonxedʉr (دور)dur (дур)liriðarðarðir
boxʉb (خوب)χub (хуб)xə, ʂəχubtʃardʒbaf
pequenoxurd̪ (خرد)χurd (хурд)lez, leʐ, wuɻdzuldzɯldzɘqlai
dicirguft̪ (گفت)guft (гуфт)wəjəllʉvdlevdxɘnak
facerkærd̪ (كرد)kard (кард)kəwəltʃiːdtʃeigtsɘrak
verd̪id̪ (ديد)did (дид)lidəl, kətəlwiːntwandwing

Fonoloxía editar

Vogais editar

AnteriorCentralPosterior
Pechadaiɨu
Mediaeəo
Abertaa

Consoantes editar

BilabiaisDentaisAlveolaresDorsaisGlotais
CentraisLateraisPalataisVelaresUvulares
Oclusivassimplesp bt dk gq
retroflexas
Africadassimplesc t͡s dzč t͡ʃ j
retroflexasċ t͡ʂć - -
Fricativasxordasfθsš ʃxχh
sonorasvðzž ʒɣʁ
retroflexasś - ź -
Nasaismn
líquidarl
Semivogalwy

Notas editar

  1. Viires, Ants; Vahtre, Lauri (2001). The Red Book of the Peoples of the Russian Empire. Tallinn: NGO Red Book. ISBN 9985-9369-2-2. 
  2. Wakhi Tajik Cultural Association report 1991–2001. Paquistán: Wakhi Tajik Cultural Association. 2001. 
  3. Luqo Inǰil (Gospel of Luke) (en Wakhi). Bəzыrg Kitob tarǰimacrakыzg institute. 2001.  Title page: [1] Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine., passages in Roman alphabet [2] Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine.[3] Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine., passages in Cyrillic alphabet [4] Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine.[5] Arquivado 28 de maio de 2008 en Wayback Machine.
  4. Gawarjon (高尔锵/Gāo Ěrqiāng) (1985). Outline of the Tajik language (塔吉克语简志/Tǎjíkèyǔ Jiǎnzhì). Beijing: Nationalities Publishing House. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar