HTMS Chakri Naruebet

O HTMS Chakri Naruebet, identificativo CVH-911 (en tailandés: จักรีนฤเบศร), é un portaavións convencional construído en Ferrol a finais dos anos 1990 para a Real Mariña Tailandesa.

HTMS Chakri Naruebet

O HTMS Chakri Naruebet (CVH 911) no sur do mar da China, en 2001.
Historial
EstaleiroBazán en Ferrol (actual Navantia Ferrol)
ClasePríncipe de Asturias
TipoPortaavións V/STOL
OperadorRoyal Thai Navy (RTN)
Porto de rexistroSattahip, Chonburi Tailandia
Autorizado27 de marzo de 1992
Posta en grella12 de xullo de 1994
Botado20 de xaneiro de 1996
Asignado10 de agosto de 1997
Viaxe inauguralEspaña Ferrol- Tailandia Tailandia (42 días)
Características xerais
Desprazamento11 486 t
Eslora182,65 m (599.2 pés), eslora total
174,1 m (571 pés), cuberta de voo
164,1 m (538 pés), entre perpendiculares
Manga22,5 m (74 pés), liña de flotación
30,5 m (100 pés) máxima
Puntal27 m
Calado6,12 m (20.1 pés)
SensoresRadar de procura aérea Raytheon AN/SPS-52C 3-D
Radar de navegación e control de helicópteros Kelvin Hughes
Radar de navegación Kelvin Hughes I-band
Armamento3 lanzadores de mísiles superficie-aire SAM Mistral
2 canóns de 30 mm
Propulsión2 motores diésel
2 turbinas de gas Bazán General Electric LM2500+
2 hélices de paso variable de 4 pás
Potencia44 250 cv
VelocidadeMáxima 26,4 nós
navegación 16 nós
Autonomía10.000 m.n a 12 nós
Tripulación455 tripulantes
146 grupo aéreo
Tropas675 soldados
Capacidade4 membros da familia real
Aeronaves6 Matador AV-8S (Harrier)
6 helicópteros Sikorsky S-70B Seahawk
Equipamento aeronavescuberta de voo de 174,6 m × 27,5 m
ski jump de 12°
2 montacargas

O tifón Gay chegou a Tailandia en 1989. A Mariña Real Tailandesa non tiña medios navais para axudar as vítimas. O goberno tailandés convocou un concurso internacional para o deseño e construción dun buque militar con capacidade para axuda civil. Entón non eran empregados buques anfibios. O deseño de Bazán baseado no Príncipe de Asturias foi seleccionado sobre deseños internacionais. O HTMS Chakri Naruebet foi o primeiro portaavións deseñado e construído para ser vendido a outro país.[Cómpre referencia] A Mariña Real Tailandesa é das poucas no sur de Asia que ten un portaavións.[Cómpre referencia]

O nome "Chakri Naruebet" foille posto polo rei Bhumibol Adulyadej. Significa "O Soberano da Dinastía Chakri". O custo do buque foi duns 352 millóns de dólares. Á súa botadura acudiron a raíña Sirikit de Tailandia e a raíña Sofía de España. En 2006 o buque deixou de operar con avións e dende entón opera con dez helicópteros Seahawk.[1]

Notas

editar