Finlandia no Festival de Eurovisión

Finlandia participou en primeira ocasión no Festival de Eurovisión en 1961, e participou en total 45 veces. Finlandia gañou o festival por primeira vez no 2006 con "Hard Rock Hallelujah" de Lordi. Anteriormente o seu mellor resultado fora un 6º lugar con "Tom tom tom" de Marion Rung en 1973.

Finlandia

Estación membro
Final nacionalEuroviisut (1961-2011)
Uuden Musiikin Kilpailu (2012-presente)
Aparicións45
Primeira aparición1961
Mellor resultado
Final1º no 2006
Semifinal1º no 2006
Peor resultado
Final25° 2009
23° 1996
23° 1992
22° 1990
Semifinal18° 2005
Ligazóns externas
Páxina en YLE
Páxina de Finlandia en Eurovision.tv

Antes da vitoria do 2006 Finlandia era considerada por moitos como o mellor exemplo dun país con pobres resultados en Eurovisión. Terminou nove veces en último lugar e obtivo "cero puntos" tres veces. A canción finlandesa de 1982, "Nuku pommiin" de Kojo, é unha das quince cancións que obtivo cero puntos desde que se introduciu o sistema de puntuación actual en 1975 (Noruega terminou en último lugar dez veces e obtido cero puntos catro veces, con todo gañou tres). No 2006, Lordi obtivo a vitoria, cunha canción radicalmente diferente ao europop que dominaba nas propostas da competencia: unha canción de rock heavy, interpretada por unha banda de "monstros" e un espectáculo visual ao uso. A banda e a súa canción "Hard Rock Hallelujah" rompeu récord ao obter a puntuación máis alta na historia do Festival de Eurovisión ata aquela data (292 puntos).

As cancións finlandesas estiveron en inglés en 2011, 2013, 2014, entre 2000 e 2009, e entre 1973 e 1976, en ambos períodos nos que se permitía que as cancións fosen escritas en calquera idioma. Todas as outras cancións finesas foron interpretadas en finlandés, excepto en 1990 e 2012, con cancións interpretadas en sueco, lingua tamén oficial no país.[1]

Nos patróns de votación, Finlandia apoiou tradicionalmente e foron apoiados polas nacións do báltico, tales como Estonia e Letonia. Con todo, tamén ten lazos próximos cos países nórdicos. No 2004, os 12 puntos de Finlandia foron para Suecia, feito que se repetiu en 2007. A primeira vez que Suecia lle deu 12 puntos a Finlandia foi no 2006 pola canción de Lordi. No 2007 isto volveuse a repetir, dándolle 12 puntos a Hanna Pakarinen con "Leave Me Alone". Finlandia tamén lle deu altas puntuacións a Italia ata que ese país se retirou en 1997 por un período de 13 anos. Desde a creación das semifinais, Finlandia estivo presente na final só nas do 2006, 2007, 2008 e 2009, 2011, 2013 e 2014, con todo unha delas, a do 2007, débese a que era a anfitrioa ao gañar Lordi en Grecia o ano anterior. Salvo o festival do 2006 o resto dos festivais (2007, 2008 e 2009), pese a que estivesen na final, ocuparon malas posicións sobre todo na de 2009 onde quedaron en último lugar, logo de ser rescatada polo xurado na primeira semifinal. En 2010 quedou ás portas da final ao quedar no posto 11. En 2011, quedou 21º na final malia a súa 3ª posición da semifinal. En 2012, non conseguiu clasificarse á final co posto 12. En 2013, conseguiu a antepenúltima posición (24 de 26) na final malia conseguir ser novenos na semifinal. En 2014, obtivo un meritorio 3º posto na semifinal e non convencendo tanto na gran final (11º).[1]

Finlandia estivo soamente 10 veces entre o TOP-10 nunha final.[1]

Participación editar

Jari Sillanpää en Istambul (2004).
Hanna Pakarinen en Helsinqui (2007).
Teräsbetoni en Belgrado (2008).
Krista Siegfrids en Malmö (20013).
Softengine en Copenhaguen (20014).
AnoSedeArtistaTítuloFinalPtsSemifinalPts
1961 CannesLaila Kinnunen"Valoa ikkunassa"116Sen semifinais
1962 LuxemburgoMarion Rung"Tipi-tii"74
1963 LondresLaila Halme"Muistojeni laulu"130
1964 CopenhaguenLasse Mårtenson"Laiskotellen"79
1965 NápolesViktor Klimenko"Aurinko laskee länteen"150
1966 LuxemburgoAnn Christine"Playboy"127
1967 VienaFredi"Varjoon - suojaan"123
1968 LondresKristina Hautala"Kun kello käy"161
1969 MadridJarkko & Laura"Kuin silloin ennen"126
1970 ÁmsterdamNon participou
1971 DublínMarkku Aro & Koivistolaiset"Tie uuteen päivään"884Sen semifinais
1972 EdimburgoPäivi Paunu & Kim Floor"Muistathan"1278
1973 LuxemburgoMarion Rung"Tom Tom Tom"693
1974 BrightonCarita"Keep me warm"134
1975 EstocolmoPihasoittajat"Old Man Fiddle"774
1976 A HaiaFredi & Ystävät"Pump-Pump"1144
1977 LondresMonica Aspelund"Lapponia"1050
1978 ParísSeija Simola"Anna rakkaudelle tilaisuus"182
1979 XerusalénKatri Helena"Katson sineen taivaan"1438
1980 A HaiaVesa-Matti Loiri"Huilumies"196
1981 DublínRiki Sorsa"Reggae OK"1627
1982 HarrogateKojo"Nuku pommiin"180
1983 MúnicAmi Aspelund"Fantasiaa"1141
1984 LuxemburgoKirka"Hengaillaan"946
1985 GotemburgoSonja Lumme"Eläköön elämä"958
1986 BergenKari Kuivalainen"Never the End"1522
1987 BruxelasVicky Rosti & Boulevard"Sata salamaa"1532
1988 DublínBoulevard"Nauravat silmät muistetaan"203
1989 LausanneAnneli Saaristo"La dolce vita"776
1990 ZagrebBeat"Fri?"228
1991 RomaKaija Kärkinen"Hullu yö"206
1992 MalmöPave Maijanen"Yamma, yamma"234
1993 MillstreetKatri Helena"Tule luo"1720
1994 DublínCatCat"Bye Bye Baby"2211
1995 DublínNon participou
1996 OsloJasmine"Niin kaunis on taivas"2392226
1997 DublínNon participou
1998 BirminghamEdea"Aava"1522
1999 XerusalénNon participou
2000 EstocolmoNina Åström"A little bit"1918
2001 CopenhaguenNon participou
2002 TallinLaura Voutilainen"Addicted to You"2024
2003 RigaNon participou
2004 IstambulJari Sillanpää"Takes 2 To Tango" 1451
2005 KíivGeir Rönning"Why?" 1850
2006 AtenasLordi"Hard Rock Hallelujah"12921292
2007 HelsinquiHanna Pakarinen"Leave Me Alone"1753
2008 BelgradoTeräsbetoni"Missä miehet ratsastaa"2235879
2009 MoscovaWaldo's People"Lose Control"25231242
2010 OsloKuunkuiskaajat"Työlki ellää" 1149
2011 DüsseldorfParadise Oskar"Da da dam"21573103
2012 BakúPernilla Karlsson"När jag blundar" 1241
2013 MalmöKrista Siegfrids"Marry me"2413964
2014 CopenhaguenSoftengine"Something better"1172397
2015 VienaPertti Kurikan Nimipäivät''Aina mun pitää'' 1613
2016 EstocolmoSandhja''Sing it away'' 1551

Historia das votacións editar

Finlandia deu a maior cantidade de puntos a...

LugarPaís e bandeiraPuntos
1 Suecia143
2 Israel125
3 Italia118
4 Francia107
5 Reino Unido104
6 Suíza98
7 España97
8 Alemaña79
9 Países Baixos44
10 Islandia40


Finlandia recibiu a maior cantidade de puntos de...

LugarPaís e bandeiraPuntos
1 Suecia81
2 Noruega65
3 Grecia59
4 Irlanda55
Israel55
5 España52

Nota: Só aparecen os resultados das finais e non das semifinais.

Finlandia deu a maior cantidade de puntos de... (semifinal)

LugarPaís e bandeiraPuntos
1 Estonia48
Islandia48
2 Noruega33
3 Bosnia e Hercegovina28
4 Hungría27
5 Suíza21
6 Grecia20
7 Suecia15
Serbia15
8 Turquía14
9 Bélxica13
10 Dinamarca12

Finlandia recibiu a maior cantidade de puntos de... (semifinal)

LugarPaís e bandeiraPuntos
1 Estonia53
2 Islandia45
3 Noruega36
4 Suecia32
5 Bélxica27
Rusia27
6 España23
7 Andorra22
8 Grecia19
9 Letonia14
10 Chipre13

12 puntos editar

Semifinal editar

  • Finlandia deu os 12 puntos a... (a partir do 2016, preséntanse os 12 puntos do televoto e do xurado, nesa orde)
AnoPaís
2004 Estonia
2005 Noruega
2006 Bosnia e Hercegovina
2007 Islandia
2008 Noruega
2009 Islandia
2010 Estonia
2011 Hungría
2012 Rusia
2013 Islandia
2014 Austria
2015 Bélxica
2016  Estonia

Países Baixos

Final editar

  • Finlandia deu os 12 puntos a... (a partir do 2016, preséntanse os 12 puntos do televoto e do xurado, nesa orde)
AnoPaísAnoPaísAnoPaísAnoPaís
1975 Italia1988 Luxemburgo2001Non participou2014 Austria
1976 Bélxica1989 Dinamarca2002 Francia2015 Suecia
1977 Francia1990 Francia2003Non participou2016 Ucraína

Suecia

1978 Alemaña1991 Italia2004 Suecia
1979 Israel1992 Italia2005 Noruega
1980 Suíza1993 Noruega2006 Rusia
1981 Suíza1994 Hungría2007 Serbia
1982 Israel1995Non participou2008 Noruega
1983 Iugoslavia1996 Estonia2009 Estonia
1984 Italia1997Non participou2010 Alemaña
1985 Suecia1998 Estonia2011 Hungría
1986 Bélxica1999Non participou2012 Suecia
1987 Irlanda2000 Letonia2013 Noruega

Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar