Eurocopa de Fútbol de 2008

A Eurocopa 2008 (oficialmente, Campionato Europeo de Fútbol da UEFA ou UEFA EURO 2008™) foi a XIII edición da Eurocopa, o principal torneo entre seleccións de fútbol europeas organizado pola UEFA. Esta versión do torneo realizouse en Austria e Suíza, entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008, sendo a segunda ocasión na que o torneo foi organizado por dous países (trala Eurocopa 2000 realizada en Bélxica e os Países Baixos) e a primeira que foi albergada por unha destas nacións.

Modelo:Competición deportivaEurocopa de Fútbol de 2008
Editar o valor em Wikidata
Imaxe
Nome oficialFußball-Europameisterschaft 2008
Championnat d'Europe de football 2008
2008 UEFA European Championship Editar o valor em Wikidata
TipoEurocopa de Fútbol Editar o valor em Wikidata
MascotaTrix and Flix (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
OrganizadorUEFA Editar o valor em Wikidata
Número de participantes16 Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
LocalizaciónEstadio Ernst Happel (Leopoldstadt (pt) Traducir)
Estádio Wals Siezenheim (pt) Traducir (Wals-Siezenheim (pt) Traducir)
St. Jakob-Park (Basilea)
Letzigrund (Cantón de Zúric)
Tivoli-Neu Stadion (pt) Traducir (Innsbruck)
Stadion Wankdorf (Berna)
Hypo-Arena (pt) Traducir (Klagenfurt)
Stade de Genève (pt) Traducir (Cantón de Xenebra) Editar o valor em Wikidata
PaísAustria e Suíza Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo8 de xuño de 2008 – 29 de xuño de 2008 Editar o valor em Wikidata
Número de edición13  (2008) Editar o valor em Wikidata
Competición
Primeiro postoEspaña (2º) Editar o valor em Wikidata
Datos estatísticos
Partidos31 Editar o valor em Wikidata
Goles77 Editar o valor em Wikidata
Máis goles marcadosDavid VillaEspaña (4) Editar o valor em Wikidata
Número de espectadores1.140.902 Editar o valor em Wikidata
Outro
Páxina web oficialuefa.com… Editar o valor em Wikidata

A candidatura de Austria e Suíza foi proclamada polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, superando a un total de seis candidaturas. 16 seleccións participaron no evento, 14 das cales adxudicáronse a súa participación neste torneo tras superar un proceso clasificatorio disputado entre 2006 e 2007 por 52 equipos, ás que se sumaron as seleccións de Austria e Suíza, clasificadas automaticamente na súa calidade de anfitrioas. Os equipos participantes foron divididos en catro grupos de catro equipos cada un; tras disputar un formato de liga en cada grupo, os dous mellores de cada un clasifícanse cara a seguinte rolda. Os oito clasificados enfróntanse posteriormente nun sistema de eliminación directa ata determinar ao campión no partido final a disputarse no Estadio Ernst Happel de Viena.

Estimábase que 1 050 000 persoas asistirían aos 31 partidos disputados durante a fase final do torneo e que a audiencia acumulada do evento por televisión acadaría os 8.000 millóns de espectadores a nivel mundial,[1] o que podería convertelo no evento deportivo máis visto de 2008, superando incluso aos Xogos Olímpicos de Pequín 2008.[2]

Organizadores editar

Os países organizadores foron Austria e Suíza, que nunca antes se encargaran de acoller este torneo. Foi a segunda vez que a organización da Eurocopa se fai de maneira conxunta ((a primeira vez foi a Eurocopa 2000). A candidatura de Austria e Suíza foi elixida polo Comité Xeral da UEFA, o 12 de decembro de 2002, por diante das candidaturas de Rusia, Hungría, Bosnia e Hercegovina-Croacia, Grecia-Turquía, Escocia-Irlanda e unha candidatura conxunta de Escandinavia composta por Dinamarca, Finlandia, Noruega e Suecia.

Datas editar

Os encontros disputáronse entre o 7 de xuño e o 29 de xuño de 2008. A fase clasificatoria desenvolveuse ao longo dos anos 2006 e 2007.

Mascotas editar

Foron dúas, chamadas Trix e Flix. Dous rapaces vestidos coas camisetas das seleccións de Austria (branca) e Suíza (vermella), e cos pelos peiteados en crista, semellando os Alpes. Os nomes puxéronllelos logo dunha votación aberta á participación dos cidadáns suízos e austríacos. As posibilidades eran:

  • Zagi e Zigi
  • Flitz e Bitz
  • Trix e Flix

Co 36,3% dos votos, Trix e Flix foron os escollidos.

Sedes editar

O St. Jakob Park da cidade suíza de Basilea acolleu o partido inaugural

Cada sede acolleu tres partidos da primeira fase, e o partido inaugural xogouse en Basilea. Na segunda rolda, os partidos xogáronse entre Basilea e Viena, con 2 cuartos de final e unha semifinal en cada un, namentres que a final tivo lugar na capital austríaca.

CidadeEstadioCapacidade
BasileaSt. Jakob Park42.500
BernaEstadio de Suíza Wankdorf32.000
XenebraEstadio de Xenebra30.000
ZúricEstadio Letzigrund30.000
InnsbruckNovo Estadio Tivoli31.600
KlagenfurtEstadio Wörthersee31.957
SalzburgoEstadio Wals Siezenheim31.020
VienaEstadio Ernst Happel53.295

Estadios editar

VienaKlagenfurtSalzburgoInnsbruck
Estadio Ernst Happel
Capacidade: 53.295
Hypo-Arena
Capacidade: 31.957
Estadio Wals Siezenheim
Capacidade: 31.020
Novo Estadio Tívoli
Capacidade: 31.600
BasileaBernaXenebraZúric
St. Jakob-Park
Capacidade: 42.000
Estadio de Suíza, Wankdorf
Capacidade: 31.907
Estadio de Xenebra
Capacidade: 31.228
Letzigrund
Capacidade: 30.000

Equipos participantes editar

Para a clasificación á Eurocopa 2008 realizouse un torneo previo entre setembro de 2006 e novembro de 2007. Para isto sorteáronse en Montreux, Suíza, o 27 de xaneiro de 2006 sete grupos clasificatorios, onde os dous primeiros de cada un clasificaron para a rolda final. Austria e Suíza clasificáronse automaticamente ao seren os organizadores.

O sorteo para a fase final da competición efectuouse o 2 de decembro de 2007. As 16 seleccións clasificadas foron dispostas en catro bombos en función do seu coeficiente UEFA. No primeiro bombo colocáronse Austria e Suíza, anfitrións desta edición, Grecia, campión vixente, e os Países Baixos, a selección con maior coeficiente UEFA. Croacia, Italia, República Checa e Suecia quedaron no segundo bombo, mentres que o terceiro quedou composto por Alemaña, España, Portugal e Romanía. Finalmente, o cuarto bombo estivo conformado por Francia, Polonia, Rusia e Turquía.

Destes, os equipos polaco e austríaco é a primeira vez que disputan a fase final dunha Eurocopa.

Equipos participantes
 Alemaña  Francia  Portugal  Rusia
 Austria  Grecia  Polonia  Suecia
 Croacia  Italia  República Checa  Suíza
 España  Países Baixos  Romanía  Turquía

Calendario e resultados editar

Fase de grupos editar

Grupo A editar

EquipoPtsXGEPGFGCDif
Portugal63201532
Turquía63201550
Suíza33102330
República Checa3310246-2
7 de xuño - Basilea
 Suíza0  República Checa1
7 de xuño - Xenebra
 Portugal2  Turquía0
11 de xuño - Xenebra
 República Checa1  Portugal3
11 de xuño - Basilea
 Suíza1  Turquía2
16 de xuño - Xenebra
 Suíza2  Portugal0
16 de xuño - Xenebra
 República Checa2  Turquía3

Grupo B editar

EquipoPtsXGEPGFGCDif
Croacia93300413
Alemaña63201422
Austria1301213-2
Polonia1301214-3
8 de xuño - Viena
 Austria0  Croacia1
8 de xuño - Klagenfurt
 Alemaña2  Polonia0
12 de xuño - Klagenfurt
 Croacia2  Alemaña1
12 de xuño - Viena
 Polonia1  Austria1
16 de xuño - Viena
 Austria0  Alemaña1
16 de xuño - Klagenfurt
 Croacia1  Polonia0

Grupo C editar

EquipoPtsXGEPGFGCDif
Países Baixos93300918
Italia4311134-1
Romanía2302113-2
Francia1301216-5
9 de xuño - Zúric
 Romanía0  Francia0
9 de xuño - Berna
 Países Baixos3  Italia0
13 de xuño - Zúric
 Italia1  Romanía1
13 de xuño - Berna
 Francia1  Países Baixos4
17 de xuño - Berna
 Países Baixos2  Romanía0
17 de xuño - Zúric
 Italia2  Francia0

Grupo D editar

EquipoPtsXGEPGFGCDif
España93300835
Rusia63201550
Suecia3310234-1
Grecia0300315-4
10 de xuño - Innsbruck
 España4  Rusia1
10 de xuño - Salzburgo
 Grecia0  Suecia2
14 de xuño - Innsbruck
 Suecia1  España2
14 de xuño - Salzburgo
 Rusia1  Grecia0
18 de xuño - Salzburgo
 Grecia1  España2
18 de xuño - Innsbruck
 Suecia0  Rusia2

Fase eliminatoria editar

Cuartos de finalSemifinalFinal
          
19 de xuño, Basilea    
   Portugal  2
25 de xuño, Basilea
   Alemaña  3 
   Alemaña  3
20 de xuño, Viena
    Turquía  2 
   Croacia  1 (1)
   Turquía  1 (3) 
   Alemaña  0
21 de xuño, Basilea
    España  1
   Países Baixos  1
26 de xuño, Viena
   Rusia  3 
   Rusia  0
22 de xuño, Viena
    España  3 
   España  0 (4)
   Italia  0 (2) 


Campións da Eurocopa 2008

España
Segundo título

Estatísticas editar

Goleadores editar

Notas editar

  1. http://www.euro2008.uefa.com/MultimediaFiles/Download/Publications/Competitions/MediaServices/67/67/88/676788_DOWNLOAD.pdf Arquivado 16 de xuño de 2008 en Wayback Machine. UEFA EURO 2008™ Info Guide
  2. http://www.gaceta.es/08-06-2008+eurocopa_reta_juegos_olimpicos,noticia_1img,24,24,22759 Arquivado 11-06-2008 en Wayback Machine. La Eurocopa reta a los Juegos Olímpicos 2008