Corona Australis
Corona Australis ou Coroa Austral[1] é unha das 48 constelacións nomeadas por Tolomeo no século II, e tamén unha das 88 constelacións modernas.
Corona Australis | |
---|---|
Nome latino | Corona Austral |
Abreviatura | CrA |
Xenitivo | Coronae Australis / Coronae Austrinae |
Simboloxía | A Coroa Austral |
Ascensión recta | 19 h |
Declinación | −40° |
Área | 128 graos cadrados Rango 80º |
Número de estrelas (magnitude < 3) | 0 |
Estrela máis brillante | α CrA (magnitude ap. 4.1) |
Choiva de meteoros | |
Constelacións lindeiras | |
Visible en latitudes entre +40° e −90° Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de agosto | |
É unha constelación pequena característica dos ceos do sur que está practicamente integrada a Saxitario, bordeándoa polo norte e oeste. No leste e sur ten as constelacións de Scorpius e Telescopium respectivamente. Debaixo do arqueiro vese un pequeno semicírculo de estrelas de magnitude 4 e 5, a Coroa Austral.
Estrelas principais editar
- α Coronae Australis (Alfecca Meridiana), estrela branca de magnitude 4,10 é algo menos brillante que β Coronae Australis.
- β Coronae Australis, estrela amarelo-alaranxada de magnitude 4,10.
- γ Coronae Australis, estrela dobre de magnitude 4,23.
- ε Coronae Australis, con magnitude 4,83 é a binaria de contacto máis brillante do hemisferio sur.
- κ Coronae Australis, binaria óptica formada por dúas estrelas branco-azuladas.
- R Coronae Australis, estrela moi noviña do tipo Herbig Ae/Be que aínda non acadou a secuencia principal.
- RX J1856.5-3754, estrela de neutróns illada a uns 400-450 anos luz de distancia e posible candidata para ser unha estrela de quarks.
Obxectos Notables do espazo profundo editar
- NGC 6541. Cúmulo globular a 15.000 anos luz do Sol que, visto cun telescopio pequeno, presenta un pequeno disco nebuloso. AR: 01h 44m 06.0s Dec: +61°53'00" (Época 2000).
- NGC 6729. Parte dunha rexión nebular que contén estrelas variables como R CrA e TY CrA. AR: 19h 01m 54.0s Dec: -36°57'00" (Época 2000).
Mitoloxía editar
Representa a coroa de loureiro que pertenceu a Quirón o centauro e algunhas veces é chamada Corona Sagittarii.
Notas editar
- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Corona Australis |
Outros artigos editar
Ligazóns externas editar
- Información sobre esta constelación (en castelán)
- The Deep Photographic Guide to the Constellations: Corona Australis (en inglés)
- Corona Australis photo - [1]
- Star Tales – Corona Australis (en inglés)
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontLista de xentilicios de concellos galegosLuísa VillaltaCatedral de Santiago de CompostelaToni KroosCubaCategoría:Wikipedia:Todos os artigos que requiren referenciasHarry Potter e a pedra filosofalAWStatsRaquel AtanesConversa:PortadaWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXINeptunoRosario Porto OrtegaSegunda guerra mundialPosicións sexuaisWiki HowFrancisco Porto MellaFalcon 9Xosé Luís Méndez FerrínSantiago de CompostelaDía das Letras GalegasGaliciaXHamsterColocación do pronome átono en galegovi4dsCohesiónPilar PereiraAlfonso Basterra CamporroAlfonso Daniel Rodríguez CastelaoWikipedia:Acerca deRoko (actriz)AdakMaría do Socorro Ortega RomeroLingua galegaRosalía de Castro