Coroa checa

moeda da República Checa
Coroa checa
koruna česká (en checo)
Código:CZK
Ámbito:República Checa República Checa
Símbolo:
Fracción:100 haléřů (h)
Moedas:10, 20, 50 h
1, 2, 5, 10, 20, 50 Kč
Billetes:50, 100, 200, 500, 1000, 2000, 5000 Kč
Emisor:Česká národní banka (ČNB)
Taxa de troco:
07-02-2011
1 EUR = 24,0263 CZK
1 USD = 17,746 CZK
Troco actual

A koruna checa ou coroa checa (signo monetario : Kč; código: CZK ) é a moeda da República Checa dende 8 de febreiro de 1993 cando, xunto coa súa homóloga eslovaca, substituíu a coroa checoslovaca cunha taxa de cambio equivalente (1:1).

O nome oficial en checo é koruna česká (plural koruny české, aínda que a forma do xenitivo plural do ablaut indoeuropeo -korun českých- é usada en billetes e moedas cun valor facial de 5 Kč ou superior). O código ISO 4217 é CZK e o abreviatura da moeda é Kč, que é colocada despois do valor numérico (por exemplo, "50 Kč"). Unha coroa é igual a 100 haléřů (abreviado como "h", singular: haléř, plural nominativo: haléře, plural xenitivo: haléřů - usado con números maiores ou iguais a 5 - por exemplo,3 haléře, 8 haléřů).

Historia

editar

A koruna checa substituíu a coroa checoslovaca, cando se introduciu en 1993, trala disolución de Checoslovaquia. A primeira emisión estaba composta por billetes checoslovacos reselados de 20, 50, 100, 500, e 1.000 coroas, pero un pouco máis tarde e no mesmo ano, sería introducida unha serie ordinaria.

Adopción do euro

editar
Taxa de troco EUR-CZK a partir do ano 1999.

A República Checa tiña previsto adopta-lo euro no 2010, pero o seu goberno suspendeu ese plan indefinidamente no ano 2005.[1] Aínda que o país está economicamente ben situado para adopta-lo euro, hai unha considerable oposición a este movemento na República Checa.[2] Segundo unha enquisa realizada en abril do 2014, só 16% da poboación checa estaba a favor de substitui-la coroa polo euro.[3]

Moedas

editar

En 1993 foron introducidas as novas moedas con valores faciais de 10, 20 e 50 haléřů, 1, 2, 5, 10, 20 e 50 korun. As moedas de 10 e 20 haléřů foron retiradas da circulación a partir do 31 de outubro de 2003, e as moedas de 50 haléřů foron retiradas da circulación a partir do 31 de agosto de 2008, debido á diminución do poder adquisitivo e de circulación destas moedas.[4]

no 2000, as moedas 10 e 20 korun foron acuñadas con diferentes anversos para conmemora-lo milenio. En 1993 e 1994 as moedas foron acuñadas en Winnipeg e en Hamburg, o resto das emisións xa serían feitas na República Checa. Tódalas moedas postas en circulación foron deseñadas por Ladislav Kozák (1934-2007).

Dende 1997, tamén son emitidas anualmente carteiras para coleccionistas con moedas en calidade proof. Tamén é moi común a emisión de moedas conmemorativas - incluíndo moedas de prata e ouro - para fins numismáticos.

Circulation coins[5]
ImaxeValor facialParámetros técnicosDescriciónData da
DiámetroGrosorPesoComposiciónBordoAnversoReversoprimeira emisiónretirada
10 h15,5 mm1,7 mm0,6 gr99% aluminio
1% magnesio
Plano"ČESKÁ REPUBLIKA", o León checo, ano da tirada.Valor facial, río.19932003
20 h17 mm0,74 grEstriadoValor facial, folla de tileiro.19932003
50 h19 mm0,9 grAlternándose plano e estriado.Valor facial19932008
1 Kč20 mm1,85 mm3,6 grAceiro recuberto de níquel.EstriadoValor facial, a coroa de San Venceslau.1993En curso
2 Kč21,5 mm,
11 lados
3,7 grRedondeado, planoValor facial, medallón da Gran Moravia.1993En curso
5 Kč23 mm4,8 grPlanoValor facial, Ponte de Carlos, Vltava, folla de tileiro.1993En curso
10 Kč24,5 mm2,55 mm7,62 grAceiro recuberto de cobre.EstriadoValor facial, Catedral de S. Pedro e S. Pablo a carón do monumento Petrov de Brno1993En curso
20 Kč26 mm,
13 lados
2,55 mm8,43 grAceiro recuberto de latón.Redondeado, planoValor facial, o monumento a Venceslau I de Bohemia na praza Venceslau, coa inscrición do monumento: "SVATÝ VÁCLAVE NEDEJ ZAHYNOUT NÁM I BUDOUCÍM".1993En curso
50 Kč27,5 mm
center: 17 mm
2,55 mm9,7 grAnel: aceiro recuberto de cobre
Centro: aceiro recuberto latón
Plano"PRAGA MATER URBIUM" ("Praga, nai das cidades"), vista de Praga1993En curso

Billetes

editar

Os primeiros billetes checos emitidos o 8 de febreiro de 1993 eran en realidade billetes checoslovacos reselados con selos adhesivos. Só os billetes de 100, 500 e 1.000 korun foron reselados, os valores faciais máis baixos circularon inalterados durante este período de transición. Cada selo levaba o número romano e árabe do valor facial do billete (C e 100, D e 500, M e 1.000). Nas emisións posteriores do billete de 1.000 korun substituíuse o selo adhesivo polo dunha imaxe impresa do mesmo.[6]

A serie deseñada e introducida en 1993 cos valores faciais de 20, 50, 100, 200, 500, 1.000 e 5.000 korun aínda son de curso legal - coa excepción dos billetes de 20, 50 e as primeiras versións dos billetes de 1.000 e 5.000 korun , xa que os elementos de seguridade dos billetes de 1.000 e 5.000 korun foron actualizados e mellorados nas emisións posteriores (O billete de 2.000 korun, que se introduciu en 1996, aínda é válido en tódalas súas versións, con e sen as novas características de seguridade). Estes billetes levan impresas personalidades checas de renome no anverso e composicións abstractas no reverso. Os elementos de protección modernos pódense atopar en tódolos billetes.

Billetes checoslovacos reselados

editar
Valor facialDimensiónsCor pincipalIdiomaDescriciónData da
AnversoReversoimpresión orixinalprimeira emisiónretirada
Billetes checoslovacos
10 Kčs133 × 67 mmMarrónEslovacoPavol Országh-HviezdoslavEscena de Orava19867 de febreiro de 199331 de xullo de 1993
20 Kčs138 × 67 mmAzulChecoComeniusIlustración relativa á cultura e a educación.19887 de febreiro de 199331 de xullo de 1993
50 Kčs143 × 67 mmVermelloEslovacoĽudovít ŠtúrVista de Bratislava co Castelo de Bratislava (visto dende o restaurante do cumio do pilote central da ponte Nový Most)19877 de febreiro de 199331 de xullo de 1993
Billetes checoslovacos reselados
100 Kč165 × 81 mmVerdeChecoParella de labregosVista de Praga co Castelo de Praga e a Ponte de Carlos19617 de febreiro de 199331 de agosto de 1993
500 Kč153 × 67 mmMarrónEslovacoPartisanos do SNP de 1944Castelo de Devín19737 de febreiro de 199331 de agosto de 1993
1.000 Kč158 × 67 mmAzulChecoBedřich SmetanaVista de Vltava dende Vyšehrad19857 de febreiro de 199331 de agosto de 1993

Billetes checos orixinais

editar

Pódese atopa-lo escudo de armas da R. Checa en tódolos reversos de tódolos valores faciais.

Valor facialDimensiónsCor principalDescriciónData da
AnversoReversoprimeira impresiónretiradaexpiración
Primeiras series orixinais (segunda do 1993)
20 Kč128 × 64 mmAzulOtokar I de Bohemia e o seu seloCoroa20 de abril de 199431 de agosto do 200831 de agosto do 2014[7]
50 Kč134 × 64 mmVermelloInés de Bohemia e o Sagrado Corazón de Xesús.Teito da Igrexa do Salvador (parte do Convento de Santa Inés de Bohemia en Praga) e letra ornamental A.6 de outubro de 199331 de xaneiro do 200731 de marzo do 2017[8]
21 de decembro de 199431 de marzo do 2011
10 de setembro de 199731 de marzo do 2011
100 Kč140 × 69 mmVerde, rosaCarlos IVSelo da Universidade de Carlos30 de xuño de 199331 de xaneiro do 2007descoñecida
21 de xuño de 1995en curso
15 de outubro de 1997en curso
200 Kč146 × 69 mmMarrón, laranxaJohn Amos ComeniusOrbis Pictus, man dun adulto achegándose á man dun neno8 de febreiro de 199331 de xaneiro do 2007descoñecida
14 de agosto de 1996en curso
6 de xaneiro de 1999en curso
500 Kč152 × 69 mmMarrón, rosaBožena Němcová e unha rosaMuller laureada que simboliza a tódolos personaxes femininos dos libros de Božena Němcová.21 de xullo de 199331 de xaneiro do 2007descoñecida
27 de decembro de 1995en curso
18 de marzo de 1998en curso
1 de abril do 2009en curso
1000 Kč158 × 74 mmVioletaFrantišek Palacký, árbore arrincada.Aguia coas ás estendidas12 de maio de 199330 de xuño do 2001descoñecida
6 de decembro de 1996en curso
1 de abril do 2008en curso
2000 Kč164 × 74 mmVerdeEmmy DestinnEuterpe e motivos musicais coma o violín1 de outubro de 1996en curso
1 de decembro de 1999en curso
2 de xullo do 2007en curso
5000 Kč170 × 74 mmAzul escuro, violetaTomáš Garrigue MasarykEdificios góticos e barrocos de Praga.15 de decembro de 199330 de xuño do 2001descoñecida
8 de setembro de 1999en curso
1 de decembro do 2009en curso

Taxas de troco

editar
Actuais taxas de troco do/a CZK
Datos de Google Finance:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Yahoo! Finance:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de XE:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de OANDA:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de fxtop.com:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD
Datos de Currency.Wiki:AUD CAD CHF EUR GBP HKD JPY USD

No 2008, a moeda acadou o seu punto máis alto nas taxas de troco.[9]

Notas

editar
  1. Radio Praha (ed.). "Finance Ministry backtracks on joining the Euro by 2012". Arquivado dende o orixinal o 07-02-2009. Consultado o 22-12-2008. 
  2. Sparkasse.at, ed. (05-08-2008). "Euros in the wallets of the Slovaks, but who will be next?". Arquivado dende o orixinal o 04-09-2006. Consultado o 21-12-2008. 
  3. http://ec.europa.eu/public_opinion/flash/fl_400_en.pdf
  4. "The CNB decides 50-heller coins will cease to be legal tender". Arquivado dende o orixinal o 14-04-2008. Consultado o 20-01-2008. 
  5. Banco nacional checo. Dispoñible en: http://www.cnb.cz/cs/platidla/mince/ Arquivado 05 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
  6. Papirovaplatidla.cz (ed.). "Platidla ČR (1993-20..) - Papírová platidla, bankovky". Consultado o 19-08-2014. 
  7. "Banco Nacional Checo". Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2018. Consultado o 07 de xuño de 2015. 
  8. "50 koruna". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2014. Consultado o 07 de xuño de 2015. 
  9. "Czech crown extends record run, eyes on CPI". Forbes. 07-07-2008. Arquivado dende o orixinal o 04-06-2011. Consultado o 07-06-2015. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar
🔥 Top keywords: