Copa do Mundo de Fútbol

torneo deportivo internacional
(Redirección desde «Campionato do Mundo»)

A Copa do Mundo da FIFA, tamén coñecida como Campionato Mundial de Fútbol ou Mundial de Fútbol, é un torneo internacional de fútbol, organizado cada catro anos pola FIFA. O torneo conta con dúas fases principais, un proceso clasificatorio onde os países compiten agrupados por diferentes confederacións continentais, chegando na edición de 2010 a 204 participantes, e unha fase final nunha sede designada pola organización na que participan 32 seleccións nun período aproximado dun mes.

Modelo:Competición deportivaCopa do Mundo de Fútbol
Imaxe
Nome na lingua orixinal(en) FIFA World Cup Editar o valor em Wikidata
Tipocompetición internacional de seleccións de fútbol Editar o valor em Wikidata
OrganizadorFIFA Editar o valor em Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1930 – Editar o valor em Wikidata
Período de ocorrencia4 (1930–valor descoñecido) Editar o valor em Wikidata
Outro
Cancelo#FIFAWorldCup Editar o valor em Wikidata
Páxina web oficialfifa.com… Editar o valor em Wikidata
Facebook: fifaworldcup Twitter: FIFAWorldCup Instagram: fifaworldcup TikTok: fifaworldcup Editar o valor em Wikidata

A primeira edición do Mundial organizouse en 1930 no Uruguai, coa vitoria da selección anfitrioa, e dende entón foi celebrado cada catro anos coa excepción de 1942 e 1946 debido á segunda guerra mundial. A selección do Brasil é a selección que acadou máis títulos mundiais até o momento, con cinco, sendo tamén a única que participou en tódalas edicións. Trala selección brasileira sitúanse Alemaña e Italia, con catro títulos cada unha, a Arxentina, o Uruguai e Francia con dous e, cun só título, Inglaterra e España.

O torneo presenta unha forte dominación dos equipos europeos e suramericanos: os primeiros gañaron o título en 12 ocasións, mentres que os segundos en nove. Ademais tan só dous equipos doutras confederacións xeográficas teñen chegado ás semifinais: os Estados Unidos en 1930 e Corea do Sur en 2002. Ademais, o Brasil (en 1958 e 2002), España (en 2010) e Alemaña (en 2014) foron até o momento os únicos equipos que conseguiron gañar fóra do seu continente. A fase final da Copa do Mundo é o evento dunha soa disciplina máis seguido do mundo (a edición de 2002 foi vista por máis de 1.100 millóns de espectadores), e o segundo máis seguido en xeral tan só por detrás dos Xogos Olímpicos de Verán.

Historia editar

As primeiras competicións internacionais editar

O primeiro amigable internacional de Fútbol foi xogado en 1872, entre Inglaterra e Escocia, nun momento en que este deporte era raramente practicado fóra de Gran Bretaña. No final do século XIX o fútbol comezou a gañar máis adeptos, e por iso se tornou en deporte de demostración (sen disputa de medallas) nos Xogos Olímpicos de 1900 e 1904, ata se converter en competición oficial nos Xogos Olímpicos de 1908. Organizado pola Football Association, era un evento para xogadores non profesionais, e na época non foi considerado unha competición, mais si un mero espectáculo. A selección non profesional da Inglaterra foi a campioa nas dúas edicións, 1908 e 1912.

En 1914 a FIFA recoñeceu o torneo olímpico como unha "competición global de fútbol non profesional", tomando para si a responsabilidade de organizalo. Así, na edición de 1924 enfrontáronse equipos de varios continentes. O Uruguai foi o campión nas dúas edicións, 1924 e 1928. O 28 de maio de 1928 a FIFA tomou a decisión de organizar a competición por separado, polo que deixou de ser un deporte olímpico. Para celebrar o centenario da independencia do Uruguai en 1930 foi decidido que a sede da competición sería no país suramericano, no mesmo ano.

A primeira Copa do Mundo oficial editar

O Estádio Centenário, local da primeira final da Copa do Mundo, en 1930, na cidade de Montevideo, Uruguai

Só trece seleccións participaron na primeira Copa, sete da América Latina (o Uruguai, a Arxentina, Bolivia, o Brasil, Chile, Paraguai e o Perú), catro da Europa (Bélxica, Francia, Iugoslavia e Romanía) e dúas da América do Norte (México e Estados Unidos). Moitas seleccións europeas acabaron desistindo da competición debido á longa e cansada viaxe polo océano Atlántico.

Os dous primeiros partidos da Copa disputáronse simultaneamente, sendo vencidos por Francia e os Estados Unidos, que gañaron a México por 4-1 e a Bélxica por 3-0, respectivamente. O primeiro gol nunha Copa do Mundo foi marcado polo xogador francés Lucien Laurent. A final foi disputada entre o Uruguai e a Arxentina, gañando os uruguaios por 4-2, no Estadio Centenario de Montevideo, cun público estimado de 93.000 espectadores. O máximo goleador deste torneo foi o arxentino Guillermo Stábile.

Desenvolvemento editar

Globo en forma de bóla de Fútbol en Nuremberg, Alemaña, como propaganda do Mundial de Fútbol Alemaña 2006. O torneo creceu ao longo do tempo ata se tornar a maior competición deportiva do planeta.

Os problemas que atopaban as primeiras edicións do torneo eran as dificultades da época para unha viaxe intercontinental. Nas Copas de 1934 e 1938, xogadas en Europa, houbo unha pequena participación dos países suramericanos. Só a selección brasileira estivo presente nesas dúas edicións. As edicións de 1942 e 1946 foron canceladas debido á segunda guerra mundial.

O Mundial de Fútbol Brasil 1950 foi o primeiro en ter participantes británicos. Estes retiráranse da FIFA en 1920, pois rexeitaban xogar con países cos que recentemente estiveran en guerra e por unha protesta da influencia estranxeira no fútbol, ao considerar que dito deporte, unha invención británica, estaba sendo deturpado polo modo de xogar estranxeiro. A pesar disto, volveron ser membros da FIFA en 1946. O torneo tamén contou coa volta da participación do Uruguai, que boicoteara as dúas edición anteriores.

Entre as edicións de 1934 e 1978 a fase final do torneo era disputada por 16 seleccións (agás nos raros casos onde se retiraron algunhas seleccións). A maioría era da América Latina e Europa, cunha pequena minoría de África, Asia e Oceanía. Esas seleccións normalmente non pasaban da primeira fase, sendo facilmente derrotadas (coa excepción de Corea do Norte, que chegou ata os cuartos de final en 1966).

A fase final foi expandida ata 24 seleccións en 1982, e ata 32 en 1998, permitindo que máis seleccións de África, Asia e América do Norte puidesen participar. Nos seguintes anos eses novos participantes acadaron mellores posicións, como o Camerún, que chegou ata os cuartos de final en 1990 e Corea do Sur, Senegal e Estados Unidos, que fixeron o mesmo en 2002, alcanzando Corea o cuarto lugar.

Símbolos editar

Trofeo editar

De 1930 a 1970 ao campión entregábaselle a Copa Jules Rimet. Inicialmente coñecida como Copa do Mundo ou Coupe du Monde (en francés), foi renomeada en 1946 en homenaxe ao presidente da FIFA responsable da primeira edición do torneo, en 1930. En 1970, coa terceira vitoria da selección brasileira, esta gañou o dereito a ter en posesión permanente o trofeo. Con todo, este foi roubado da sede da CBF en decembro de 1983, e nunca foi atopado. Crese que os ladróns o teñan derretido.

Despois de 1970 creouse un novo trofeo, chamado Copa do Mundo FIFA. A diferenza do Trofeo Jules Rimet este non se entrega permanentemente a ningunha selección, independentemente do número de títulos. A Arxentina, Alemaña, o Brasil e Italia son os que máis veces acadaron o trofeo. Este so será cambiado ata que a placa no seu pé sexa totalmente enchida cos nomes dos campións de cada edición, o que non ocorrerá ata 2038.

Mascotas editar

Desde o Mundial de 1966 cada edición conta cunha mascota oficial.[1] A primeira da historia foi World Cup Willie, un león futbolista vestido cunha camisola da bandeira do Reino Unido.[2] Catro anos máis tarde, en 1970, a mascota foi Juanito, un neno cun chapeu típico de México, escrito coas palabras "MÉXICO 70" e vestido coas cores da selección mexicana.[2] En 1974, as mascotas alemás occidentais foron Tip e Tap, dous cativo cos brazos no ombro doutro, un deles cunha camisola onde se le "WM" e na doutro "74".[2] Na Copa de 1978, na Arxentina elixiuse ata o de agora a última mascota humana, Gauchito, un meniño gaucho cun chapeu que contiña "ARGENTINA '78", un pano e un rebenque, que tamén aparecía na camisola da selección arxentina e botas de fútbol[2]

A mascota do Mundial de 1982, foi Naranjito,[3] unha laranxa con faciana humanizada, cun balón e usando botas.[2] En 1986, a mascota foi Pique, unha especie de pemento, cun chapeu mariachi e un balón no seu dereito. En1990, a mascota foi un obxecto de deseño, Ciao, que representou un futbolista coa cabeza en forma de balón de fútbol e corpo con barras que contiñan as cores do país. Os Estados Unidos volveron á mascota animal para a Copa de 1994, Striker era un can vestido coas cores da bandeira dos Estados Unidos cunha camisola na que aparecía escrito "USA 94". Para a Copa do Mundo de 1998, os organizadores escolleron un galo azul chamado Footix, coas palabras "FRANCE 98" no seu peito. En 2002, o Xapón e Corea do Sur escolleron as mascotas Ato, Kaz e Nik, inspirados no manga[4]. No Mundial de Fútbol de 2006 o escollido foi Goleo VI, un león peluche, vestido cunha camisola branca co número 06 deseñado na fronte, sempre ao lado da súa compañeira, Pille, unha pelota falante. A mascota da Copa do Mundo de 2010 foi Zakumi, un leopardo de cabelos verdes, vestido cunha camisola branca coas letras "SOUTH AFRICA 2010" e pantalóns verde. O seu nome procede de "ZA", abreviación internacional para Suráfrica e "kumi", unha palabra que significa "dez" en varias linguas do país, en referencia ao ano do Mundial[5]. Para o Mundial Brasil 2014 elixiuse a Fuleco, unha mascota con forma dunha especie de armadillo vunerable endémica do nordés do Brasil.

Formato editar

Eliminatorias editar

Bolas e chuteiras das cinco copas vencidas polo Brasil, nunha tenda de Londres

Dende a segunda edición do torneo, e 1934, as eliminatorias teñen sido feitas para diminuír o tamaño da fase final. Estas son disputadas nas seis zonas continentais da FIFA (África, Asia, América do Norte e América Central e Caribe, Europa, Oceanía e América do Sur) organizadas polas súas respectivas confederacións. Antes de cada edición do torneo a FIFA decide cantas prazas terán dereito por cada confederación, tendo en conta factores como número de seleccións nacionais e forza de cada confederación. A presión por cada confederación por ter máis prazas tamén acostuma ser bastante común.

As eliminatorias poden comezar tres anos antes da fase final, e duran un pouco máis de dous anos. O formato de cada eliminatoria difire de acordo con cada confederación. Normalmente unha ou dúas prazas son reservadas para os gañadores de play-offs intercontinentais. Por exemplo, o campión da eliminatoria da |Oceanía e o quinto colocado da América do Sur disputaran un play-off para decidir quen ficaría coa praza da fase final 2006.

Dende o mundial de 1938 ata o mundial 2002, o campión era automaticamente clasificado para a próxima Copa, sen precisar pasar polas eliminatorias das súas confederacións. Porén, a partir da edición de 2002 o campión é obrigado a clasificarse normalmente como calquera outra selección. O Brasil, vencedor en 2002, foi o primeiro campión a ter que disputar unha eliminatoria para a Copa seguinte.

A selección do país anfitrión queda exenta igualmente da disputa destas eliminatorias. No mundial de 2002, as seleccións de Corea do Sur e Xapón foron clasificadas directamente.

Fase final editar

A fase final do torneo ten 32 seleccións competindo por un mes no país anfitrión. A fase final é dividida en dúas fases: a fase de grupos e a fase de eliminatorias.

Na primeira fase (grupos) as seleccións son colocadas en oito grupos de catro participantes. Oito seleccións son cabeza de serie de cada grupo (as seleccións consideradas máis fortes) e as outras son sorteadas. Desde 1998 o sorteo é feito evitando que máis dúas seleccións europeas e máis dunha selección da mesma confederación fiquen no mesmo grupo. Na fase de grupos cada selección xoga unha partida contra as seleccións de seu grupo, e as dúas que máis puntuaran se clasifican para a fase de eliminatoria. Desde 1994 a vitoria nun partido vale tres puntos, o empate un e a derrota ningún. Antes, cada vitoria valía dous puntos.

A fase seguinte é unha fase de eliminación rápida. Cada selección xoga unicamente un partido en cada división da fase (oitavos de final, cuartos de final, semi-final e final) e o vencedor pasa para a próxima eliminatoria. En caso de empate no tempo normal o xogo é levado para a prórroga e en caso de empate da mesma hai a disputa de penaltis. As dúas seleccións eliminadas da semi-final fan un partido antes da final para decidir o terceiro e cuarto lugar.

Selección das sedes editar

Mapa das sedes da Copa do Mundo

Nas primeiras edicións as sedes era foron escollidas en encontros nos congresos da FIFA. As designacións eran sempre polémicas debido á longa viaxe da América do Sur a Europa (e viceversa), as dúas grandes potencias futbolísticas da época (e aínda hoxe). A decisión da primeira Copa de ser no Uruguai, por exemplo, levou a participación de soamente catro seleccións europeas. As dúas Copas seguintes foron na Europa. A decisión de designa-la sede de Francia fora outra grande polémica, xa que os países americanos desexaban un sistema rotativo de sedes. Ou sexa, unha edición na Europa e a seguinte na América do Sur. Como o de 1934 fora na Italia, a sede da edición de 1938 tería que ser teoricamente na América do Sur, o que de feito non ocorreu. Iso fixo que tanto o Uruguai e a Arxentina boicoteasen o torneo. Despois da segunda guerra mundial para evitar calquera tipo de boicot ou controversia a FIFA adoptou a rotación das sedes entre América e Europa, que foi usado ata o 1998. A edición de 2002, que tivo como sede tanto Xapón como Corea do Sur foi a primeira sede fora deses dous continentes. Xa a edición de 2010 será a primeira na África, en Suráfrica.

En 2003 foi decidido que no 2014 será na América Latina. Ningún país a non se-lo Brasil manifestou interese pola candidatura. O país, de feito, foi sinalado por moitos veciños continentais como a única opción viable para a sede do torneo no continente.

O sistema de elección da sede evolucionou ao longo dos tempos, sendo hoxe escollido polo comité executivo da FIFA, seis anos antes da Copa.

Cobertura dos medios de comunicación editar

A primeira Copa do mundo a ser televisada foi a edición de 1954. Hoxe o evento é a competición deportiva máis seguida en todo o mundo, pasando os Xogos Olímpicos.A audiencia total de 2002 foi estimada en 28.800 millóns de telespectadores, dos que 1.100 millóns presenciaron a final. O sorteo, que decidiu a distribución das seleccións nos grupos, foi visto por máis de 300 millóns de persoas.Cada Copa do mundo ten como símbolo unha mascota. Willie foi a primeira, en 1966. As mascotas de 2006 son Goleo, un león, e Pille, unha bola de fútbol.

Primeira participación editar

En cada Copa do mundo polo menos unha selección participa na competición por primeira vez:

AnoSelección
1930  Arxentina  Bélxica  Bolivia  Brasil  Chile  Estados Unidos  Francia  Iugoslavia (1)  México  Paraguai  Perú  Romanía  Uruguai
1934  Austria  República Checa (2)  Exipto Alemaña(4)  Hungría  Italia  Países Baixos  España  Suecia  Suíza
1938  Cuba  Indonesia(5)  Noruega  Polonia
1950  Inglaterra
1954  Corea do Sur  Escocia  Turquía  Alemaña Federal(4)
1958  Irlanda do Norte  Unión Soviética(3)  Gales
1962  Bulgaria  Colombia
1966  Corea do Norte  Portugal
1970  O Salvador  Israel  Marrocos
1974  Australia  Alemaña Democrática  Haití  Zaire(6)
1978  Irán  Tunisia
1982  Alxeria  Camerún  Honduras  Kuwait  Nova Zelandia
1986  Canadá  Dinamarca  Iraq
1990  Costa Rica  Irlanda  Emiratos Árabes Unidos
1994  Alemaña(4)  Grecia  Nixeria  Rusia(3)  Arabia Saudita
1998  Croacia(1)  Xamaica  Xapón  Suráfrica  Iugoslavia(1)
2002  China  Ecuador  Senegal  Eslovenia(1)
2006  Angola  Costa do Marfil  República Checa(2)  Ghana  Serbia e Montenegro(1)  Togo  Trinidad e Tobago  Ucraína(3)
2010  Eslovaquia(2)
2014  Bosnia e Hercegovina(1)
2018  Islandia(1)  Panamá(1)
2022  Qatar
(1): O Reino de Iugoslavia (1930) e a República Federal Socialista de Iugoslavia (1950-1990) clasificáranse oito veces para a Copa do mundo co nome de Iugoslavia antes da separación das repúblicas en 1992. Esa selección é considerada distinta da que se clasificou en 98, tamén Iugoslavia. Tal selección é considerada a predecesora da selección de Serbia e Montenegro. En 2006 participa a selección de Serbia e Montenegro representando os territorios que xa se separaran debido ao plebiscito de segregación do Montenegro, polo que nas seguintes Copas do mundo xa actuarán como combinados diferentes. O mesmo caso aplícase ás outras nacións resultantes do proceso de separación: Croacia, Eslovenia, Bosnia e Hercegovina e República da Macedonia.
(2): A Checoslovaquia foi divida en Eslovaquia e República Checa en 1993. As dúas selección formadas a partir de entón son consideradas distintas da Checoslovaquia.
(3): A URSS disolveuse en 1991. As 15 repúblicas que formaban as Repúblicas Soviéticas hoxe son consideradas distintas da URSS.
(4): Despois da II Guerra Mundial, a Alemaña foi dividida en Alemaña Occidental e Alemaña Oriental, competindo separadamente de 1949 a 1990, ano no que houbo a reunificación. A Alemaña reunificada clasificouse para súa primeira Copa en 1994. Oficialmente a FIFA incluíu os resultados da Alemaña Occidental, que se clasificou de 1954 a 1990, para a Alemaña, xa que estas tiñan a mesma confederación e ambas representaban a "República Federal Alemá".
(5): Indonesia competiu como as Indias Orientais Holandesas en 1938.
(6): A República Democrática do Congo competiu como Zaire en 1974.

Mundiais editar

AnoSedeFinalDisputa do 3º lugar
VencedorMarcadorSubcampión3º lugarMarcador4º lugar
1930
Detalles
Uruguai
Uruguai
4 - 2
Arxentina

Estados Unidos
s/d(1)

Iugoslavia
1934
Detalles
Italia
Italia
2 - 1
prorr.

República Checa

Alemaña
3 - 2
Austria
1938
Detalles
Francia
Italia
4 - 2
Hungría

Brasil
4 - 2
Suecia
1942----NON HOUBO
1946----NON HOUBO
1950
Detalles
Brasil
Uruguai
2 - 1(2)
Brasil

Suecia
3 - 1(2)
España
1954
Detalles
Suíza
Alemaña Occidental
3 - 2
Hungría

Austria
3 - 1
Uruguai
1958
Detalles
Suecia
Brasil
5 - 2
Suecia

Francia
6 - 3
Alemaña Occidental
1962
Detalles
Chile
Brasil
3 - 1
Checoslovaquia

Chile
1 - 0
Iugoslavia
1966
Detalles
Inglaterra
Inglaterra
4 - 2
prorr.

Alemaña Occidental

Portugal
2 - 1
URSS
1970
Detalles
México
Brasil
4 - 1
Italia

Alemaña
1 - 0
Uruguai
1974
Detalles
Alemaña Federal
Alemaña Occidental
2 - 1
Países Baixos

Polonia
2 - 1
Brasil
1978
Detalles
Arxentina
Arxentina
3 - 1
prorr.

Países Baixos

Brasil
2 - 1
Italia
1982
Detalles
España
Italia
3 - 1
Alemaña Occidental

Polonia
3 - 2
Francia
1986
Detalles
México
Arxentina
3 - 2
Alemaña Occidental

Francia
4 - 2
prorr.

Bélxica
1990
Detalles
Italia
Alemaña Occidental
1 - 0
Arxentina

Italia
2 - 1
Inglaterra
1994
Detalles
Estados Unidos
Brasil
0 - 0
(3 - 2) p.

Italia

Suecia
4 - 0
Bulgaria
1998
Detalles
Francia
Francia
3 - 0
Brasil

Croacia
2 - 1
Países Baixos
2002
Detalles
Corea do Sur e o Xapón
Brasil
2 - 0
Alemaña

Turquía
3 - 2
Corea do Sur
2006
Detalles
Alemaña
Italia
1 - 1
(5 - 3) p.

Francia

Alemaña
3 - 1
Portugal
2010
Detalles
Suráfrica
España
1 - 0
Países Baixos

Alemaña
3 - 2
Uruguai
2014
Detalles
Brasil
Alemaña
1 - 0
Arxentina

Países Baixos
3 - 0
Brasil
2018
Detalles
Rusia
Francia
4 - 2
Croacia

Bélxica
2 - 0
Inglaterra
2022
Detalles
Qatar
Arxentina
3 - 3
(4 - 2) p.

Francia

Croacia
2 - 1
Marrocos
1 Non houbo disputa de terceiro lugar oficial na Copa do mundo de 1930; Os Estados Unidos e a Iugoslavia perderan nas semifinais.
2 Non houbo unha final oficial na Copa do mundo de 1950. O torneo foi decidido nun grupo final disputado por catro seleccións. Con todo, a vitoria do Uruguai sobre o Brasil por 2 a 1 foi o partido decisivo e que colocou os uruguaios á fronte en puntos e aseguroulles terminar por riba dos outros do grupo como campións mundiais. Tampouco houbo disputa do terceiro e carto posto, e tamén no último partido a vitoria da Suecia por 3 a 1 foi definitiva para acadar ese terceiro posto

Goleadores editar

En varias edicións editar

Os máximos goleadores das Copas do Mundo son:

XogadorSelecciónGoles
 Miroslav KloseAlemaña16
 RonaldoBrasil15
 Gerd MüllerAlemaña Federal14
 Just FontaineFrancia13
 PeléBrasil12
 Jürgen KlinsmannAlemaña11
 Sándor KocsisHungría11
 Gabriel BatistutaArxentina10
 Teófilo CubillasPerú10
 Gary LinekerInglaterra10
 Grzegorz LatoPolonia10
 Helmut RahnAlemaña Federal10
 Ademir (1)Brasil9
 Roberto BaggioItalia9
 EusébioPortugal9
 JairzinhoBrasil9
 Paolo RossiItalia9
 Karl-Heinz RummeniggeAlemaña Federal9
 Uwe SeelerAlemaña Federal9
 VaváBrasil9
 Christian VieriItalia9
 Diego Armando MaradonaArxentina8
 Guillermo StábileArxentina8
 LeônidasBrasil8
 Oscar MíguezUruguai8
 RivaldoBrasil8
 Rudi VöllerAlemaña Federal8
 David VillaEspaña8
1 Hai discusións en canto ao número de goles que anotou o brasileiro Ademir en 1950, debido a falta de datos con respecto ao partido do cuadrangular final entre o Brasil e España (6:1). O primeiro gol fora considerado como autogol do defensa español Parra e o quinto gol brasileiro fora anotado por Jair. Porén, a FIFA acreditou recentemente que ambos goles foran marcados por Ademir, o que o converte no goleador do Mundial de 1950 con 9 anotacións.

Jairzinho (Brasil) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección brasileira en México 1970.

Ghiggia (Uruguai) fixo goles en tódolos partidos que xogou a selección uruguaia no Brasil 1950.

Para esta lista téñense en conta tódolos goles convertidos polo xogador nas diferentes versións da Copa do mundo en que participase, o máximo goleador nun so mundial é o francés Just Fontaine ao anotar 13 goles en Suecia 1958.

O gol número dous mil na historia dos mundiais foi anotado polo sueco Marcus Allbäck durante a Copa do mundo de 2006, nun enfrontamento ante Inglaterra o día 20 de xuño.

Nunha soa edición editar

O premio Bota de Ouro Adidas entrégase dende 1982 ao máximo goleador de cada torneo. Os máximos goleadores de cada Copa do mundo dende 1930 aparecen na seguinte táboa, desde 1982, os gañadores reciben o trofeo da Bota de Ouro.

Copa mundialGoleadorGoles

Uruguai 1930
Guillermo Stábile (Arxentina)8

Italia 1934
Edmund Conen (Alemaña)
Oldřich Nejedlý (Checoslovaquia)
Angelo Schiavio (Italia)
4(1)

Francia 1938
Leônidas (Brasil)8

Brasil 1950
Ademir (Brasil)9

Suíza 1954
Sándor Kocsis (Hungría)11

Suecia 1958
Just Fontaine (Francia)13

Chile 1962
Garrincha (Brasil)
Vavá (Brasil)
Flórián Albert (Hungría)
Valentin Kozmich Ivanov (URSS)
Drazen Jerkovic (Iugoslavia)
Leonel Sánchez (Chile)
4

Inglaterra 1966
Eusébio (Portugal)9

México 1970
Gerd Müller (Alemaña Federal)10

Alemaña Federal 1974
Grzegorz Lato (Polonia)7

Arxentina 1978
Mario Kempes (Arxentina)6
Gañadores da Bota d’Ouro Adidas

España 1982
Paolo Rossi (Italia)6

México 1986
Gary Lineker (Inglaterra)6

Italia 1990
Salvatore Schillaci (Italia)6

Estados Unidos 1994
Oleg Salenko (Rusia)
Hristo Stoitchkov (Bulgaria)
6

Francia 1998
Davor Šuker (Croacia)6

Corea/Xapón 2002
Ronaldo (Brasil)8

Alemaña 2006
Miroslav Klose (Alemaña)5

Suráfrica 2010
Thomas Müller (Alemaña)5

Brasil 2014
James Rodríguez (Colombia)6

Rusia 2018
Harry Kane (Inglaterra)6

Qatar 2022
1 Algunhas fontes[quen?] aseguran que Nejedlý anotou cinco goles, o que o convertería no goleador exclusivo. Con todo, a FIFA considera que anotou so catro goles.

Táboa estatística de fases finais editar

A táboa estatística dos Mundiais de Fútbol presenta os datos das 75 seleccións nacionais de fútbol que participaron nas 18 Copas do mundo realizadas pola FIFA, entre 1930 e 2006.

Esta táboa ordena ás seleccións asignándolles unha posición xeral baseándose en tres criterios:

  1. Puntos obtidos. Outórganse 3 puntos por vitoria, 1 por empate e ningún por derrota. Este criterio é utilizado para tódolos partidos ao longo do torneo, a pesar de que foi establecido pola FIFA dende 1994.
  2. Maior diferenza de goles
  3. Maior cantidade de goles obtidos.
EquipoPMResultadosParticipación
PtsPXPGPEPPRndGF:GC30343850545862667074788286909498020610
Brasil182069264141475%201:8414º 11º
Alemaña[6]161829254201866%190:11210º
Italia161517744191465%122:70 10º10º 12º15º
Arxentina141126533131957%113:7313º10º 11º 10º18º
Inglaterra12935525181256%74:4711º
Francia12855125101656%95:6413º12º 28º
España12784922121553%80:5712º10º10º12º10º17º
Suecia11614616131744%74:6913º21º13º14º
Países Baixos8583616101054%59:3814º15º11º
10º Rusia[7]957371761451%64:4410º17º18º22º
11º Serbia[8]1056401681647%62:5516º10º32º
12º Uruguai10554015101546%65:57 13º13º16º16º26º
13º Polonia750311551154%44:4011º14º25º21º
14º Hungría948321531450%87:5710º15º14º18º
15º México13454411122134%48:8413º12º13º16º11º12º16º13º13º11º15º
16º República Checa[9]941331251641%47:4914º15º19º19º
17º Austria740291241346%43:4715º18º23º
18º Bélxica1139361091736%46:6311º15º13º12º10º10º11º11º19º14º
19º Portugal43419111760%32:2117º21º
20º Romanía7292185846%30:3312º10º12º11º
21º Suíza82826841436%37:5116º16º15º10º
22º Chile72725761236%31:4013º11º22º16º
23º Paraguai7252267938%27:3611º12º13º14º16º18º
24º Dinamarca3231372459%24:1810º
25º Estados Unidos82125631628%27:5116º10º23º14º32º25º
26º Croacia3201362551%15:1123º22º
27º Escocia81923471228%25:4115º14º11º15º19º18º27º
28º Corea do Sur71924471326%22:5316º20º22º20º30º17º
29º Camerún4171445540%13:2417º22º25º20º
30º Bulgaria71726381522%22:5315º15º13º12º15º29º
31º Turquía2161051453%20:1711º
32º Perú4151543833%19:3110º20º
33º Irlanda3141328336%10:1016º12º
34º Irlanda do Norte3141335536%13:2321º
35º Nixeria3131141639%14:1612º27º
36º Colombia4111332828%14:2314º14º19º21º
37º Marrocos4101324726%12:1814º11º23º18º
38º Costa Rica3101031633%12:2113º19º31º
39º Noruega39823338%7:812º17º15º
39º Ecuador29730443%7:824º12º
41º Senegal18522153%7:6
42º Alemaña Oriental18622244%5:5
43º Xapón381022627%8:1431º29º
44º Arabia Saudita481322921%9:3212º28º32º28º
45º Ucraína17521247%5:7
46º Alxeria27621339%6:1013º22º
47º Tunisia471214719%8:1726º29º24º
48º Australia371014523%7:1614º16º
49º Gales16513140%4:4
50º Ghana36420250%4:613º
51º Suráfrica26613233%8:1124º17º
52º Irán35912619%6:1814º20º26º
53º Corea do Norte14411233%5:9
54º Cuba14311144%5:12
55º Costa do Marfil33310233%5:620º
56º Xamaica13310233%3:922º
57º Honduras12302122%2:318º
58º Angola12302122%1:223º
59º Israel12302122%1:312º
60º Exipto22402217%3:613º20º
61º Kuwait11301211%2:621º
62º Trindade e Tobago11301211%0:427º
63º Bolivia3160156%1:2012º13º21º
64º Iraq1030030%1:423º
65º Eslovenia1030030%2:730º
66º Togo1030030%1:630º
67º Canadá1030030%0:524º
68º Indonesia[10]1010010%0:615º
69º Emiratos Árabes1030030%2:1124º
70º China1030030%0:931º
71º Nova Zelandia2003030%2:1223º
72º Grecia1030030%0:1024º
73º Haití1030030%2:1415º
74º R.D. do Congo[11]1030030%0:1416º
75º O Salvador2060060%1:2216º24º
Simboloxía
  • PM: Participacións en Copas Mundiais
  • PX: Partidos xogados
  • PG: Partidos gañados
  • PE: Partidos empatados
  • PP: Partidos perdidos
  • Rnd: Rendimento (porcentaxe de puntos obtidos do total dos disputados)
  • GF: Goles a favor
  • GC: Goles en contra

Xogadores galegos en fases finais editar

Luis Suárez Miramontes.

As participacións de xogadores galegos en fases finais dos Mundiais de Fútbol resultan escasas e limítanse case exclusivamente ás participacións coa selección española de fútbol.

Chegaron a vestir a camisola española na Copa do Mundo un total de dez xogadores. A primeira destas participacións produciuse no Mundial de Italia de 1934 edición na que Chacho interveu nun encontro. Habería que agardar ata o Mundial de Chile de 1962 para encontrármonos con novas participacións galegas, sendo Luis Suárez titular en dous xogos e noutro Reija. Catro anos máis tarde, no Mundial de Inglaterra de 1966, produciuse a maior participación ata agora de xogadores galegos coa selección española, con cinco xogadores que participaron nun total de tres xogos. No primeiro deles participou Luis Suárez e Ufarte (nado en Pontevedra, mais viviu de novo no Brasil, país onde se iniciou no fútbol), no segundo repetiu Suárez xunto con Reija e Amancio e xa por fin, no terceiro dos encontros, repetiron Reija e Amancio, e uníuselles Marcelino.

Doce anos máis tarde, no Mundial da Arxentina de 1978, Miguel Ángel foi o porteiro titular de España. No Mundial de México de 1986 participou Tomás Reñones e en 1994 no Mundial dos Estados Unidos foi Xurxo Otero o que xogou coas cores españolas. No Mundial de Alemaña de 2006 Michel Salgado converteuse no décimo galego en participar como xogador nunha Copa do Mundo de fútbol coa selección española.

Ademais destes xogadores Acuña e Jiménez foran convocados para o Mundial do Brasil de 1950 e o de España de 1982 respectivamente, se ben ningún deles chegou a participar en ningún xogo.

A única participación dun galego nunha fase final do Mundial cunha selección que non fora a española é a de Ricardo Cabanas (galego de orixe mais de nacionalidade suíza), quen conseguiu chegar aos oitavos de final coa selección suíza no Mundial de Alemaña de 2006. De orixe galega, recoñecida en diversas entrevistas de prensa deportiva [12], Ricardo Rodríguez, participou na edición do Mundial do Brasil superando a súa selección a fase de grupos.

Como adestrador Luis Suárez dirixiu á selección española de fútbol no Mundial de Italia de 1990.

Notas editar

  1. fifa.com: 'bonde dos'Mascotes de la Copa Mundial de la FIFA Arquivado 19 de abril de 2013 en Wikiwix()
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Laurent Campistron, « Mascottes, un vrai « bide-parade » », France Football, nº 3347, 1 de xuño de 2010, p. 74 e 75
  3. as.com: Naranjito, la mascota que cumple 25 años (arquivo)
  4. fifa.com: Les "Spheriks™", mascottes officielles de la Coupe du Monde de la FIFA 2002[Ligazón morta] (arquivo)
  5. globoesporte.globo.com: Leopardo Zakumi é o mascote da Copa do Mundo de 2010 na África do Sul (arquivo)
  6. Inclúe as participacións da selección de Alemaña Federal
  7. Inclúe as participacións da selección da URSS
  8. Inclúe as participacións da selección de Iugoslavia e de Serbia e Montenegro
  9. Inclúe as participacións da selección de Checoslovaquia
  10. Inclúe as participacións da selección das Indias Orientais Holandesas
  11. Inclúe as participacións da selección de Zaire
  12. [1]

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar