Artigo destacado | A historia do pensamento evolucionista trata das distintas concepcións que houbo sobre o cambio das especies biolóxicas co paso do tempo, as cales teñen as súas raíces na antigüidade, nas ideas dos antigos gregos, romanos, e chineses e na ciencia medieval islámica. Co comezo da moderna taxonomía biolóxica a finais do século XVII, o pensamento evolucionista occidental estivo influenciado por dúas ideas opostas: o esencialismo, a crenza de que cada especie ten características esenciais que son inalterables, un concepto que se desenvolvera a partir da metafísica aristotélica medieval, e que concorda moi ben coa teoloxía natural; e o desenvolvemento dun novo enfoque antiaristotélico da ciencia moderna, xa que a medida que avanzaba a Ilustración, estendeuse a cosmoloxía evolucionista e a filosofía mecánica das ciencias físicas á historia natural. Os naturalistas empezaron a interesarse pola variabilidade das especies, e o xurdimento da paleontoloxía e o seu concepto de extinción minou as visións tradicionais da natureza. A inicios do século XIX Jean-Baptiste Lamarck propuxo a súa teoría da transmutación das especies, a primeira teoría completa sobre evolución. Pero moitos naturalistas da época seguían sendo fixistas, é dicir consideraban que as especies eran fixas e inmutables. En 1858 Charles Darwin e Alfred Russel Wallace publicaron unha nova teoría evolutiva, explicada en detalle no libro de Darwin A orixe das especies, publicado en 1859. A diferenza de Lamarck, Darwin propuxo a ascendencia común e a ramificación da árbore da vida, que significaban que dúas especies distintas podían ter un antepasado común. Darwin baseou esta teoría na idea de selección natural, a cal sintetizaba un amplo conxunto de probas desde a gandería, a bioxeografía, a xeoloxía, a morfoloxía e embrioloxía. |
Sobre Galicia | |
Tal día coma hoxe no ano... | - 1506, morre Cristovo Colón (na imaxe), explorador e navegante que descubriu América (n. 1451).
- 1903, morre Marcial Valladares Núñez, escritor galego, autor do Diccionario gallego-castellano, con 11.000 vocablos que recolleu entre 1850 e 1884 (n. 1821).
- 1908, nace en Indiana (Pennsylvania) o actor James Stewart (m. 1997).
- 2002, Xanana Gusmão convértese no primeiro presidente de Timor Leste tras a independencia.
- 2007, morre Stanley Lloyd Miller, químico e biólogo estadounidense coñecido polos seus estudos sobre a orixe da vida (n. 1930).
|
| |
Imaxe do día | |
Presentación | |
Participación | |
Comunidade | De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 145 562 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 250 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa. |
|