Wayne Rooney

futbolista británico

Wayne Rooney, nado en Croxteth, preto de Liverpool, o 2 de outubro de 1985, é un exfutbolista e adestrador inglés, actual adestrador do DC United dende 2022. Xogaba de dianteiro e militou durante a maior parte da súa carreira no Manchester United, co que marcou 253 goles en 559 partidos. Foi 120 veces internacional coa selección de Inglaterra, coa que anotou 53 goles.

Wayne Rooney
Información persoal
NomeWayne Mark Rooney
Nacemento2 de outubro de 1985 (38 anos)
Lugar de nacementoLiverpool
Altura1,78 m.
PosiciónDianteiro
Información de club
Club actualD.C. United (ad.)
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2002–2004Everton67(15)
2004–2017Manchester United393(183)
2017–2018Everton31(10)
2018–2020DC United48(23)
2020–2021Derby County30(6)
Total569(237)
Selección nacional
2000–2001Inglaterra sub-154(2)
2001–2002Inglaterra sub-1712(7)
2002–2003Inglaterra sub-191(0)
2003–2018Inglaterra120(53)
Adestrador
2020–2022Derby County
2022–DC United
Na rede
http://www.officialwaynerooney.com
IMDB: nm1640775 Facebook: WayneRooney Twitter: WayneRooney Instagram: waynerooney Discogs: 2941185 FIFA: 196842 UEFA: 63891 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Xogador de club editar

Rooney comezou a súa carreira no Everton Football Club, e despois de dúas tempadas asinou co Manchester United por 25'6 millóns de libras. Dende entón acadou 4 Premier Leagues, 3 Carling Cups, 4 Community Shields, 1 Liga de Campións da UEFA e 1 Copa Mundial de Clubs da FIFA. A pesar de ser un dianteiro goleador, nunca gañou a Bota de Ouro da Premier League.

Xogador de selección editar

Coa selección inglesa debutou en 2003, e despois disputou a Eurocopa de Portugal 2004 (4 goles), o Mundial de Alemaña 2006 (0 goles), e o Mundial de Suráfrica 2010 (0 goles), caendo sempre en cuartos ou en oitavos de final.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar