Voo 5055 de LOT Polish Airlines
accidente de aviación en Polonia en 1987
O voo 5055 de LOT Polish Airlines era un servizo regular internacional entre Varsovia e Nova York. Nas últimas horas da mañá do 9 de maio de 1987 o Ilyushin Il-62M que operaba o voo esnafrouse na reserva natural do bosque de Kabaty nas aforas de Varsovia 56 minutos despois da engalaxe. Os 183 ocupantes do avión morreron no accidente, sendo o peor sinistro dun Ilyushin Il-62, e tamén o peor accidente aéreo en Polonia.[1]
Voo 5055 de LOT Polish Airlines | |
---|---|
![]() O Ilyushin Il-62M accidentado | |
Resumo | |
Data | 9 de maio de 1987 |
Causa | fallo de motor non contido |
Lugar | bosque de Kabaty, preto de Varsovia |
Coordenadas | Coordenadas: 52°06′48″N 21°02′39″L / 52.1134, 21.0442 |
Orixe | aeroporto de Varsovia-Chopin |
Destino | aeroporto John F. Kennedy |
Finados | 183 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Ilyushin Il-62M |
Operador | LOT Polish Airlines |
Rexistro | SP-LGB |
Pasaxeiros | 172 |
Tripulación | 11 |
Superviventes | 0 |
Determinouse que o sinistro foi causado pola desintegración do eixo dun motor debido a rodamentos defectuosos. Isto levou a un fallo catastrófico dos dous motores esquerdos e posteriormente iniciouse un incendio a bordo, esnaquizando todos os sistemas de control de voo.
Notas
editar- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Ilyushin Il-62M SP-LBG Warszawa-Okecie Airport (WAW)". aviation-safety.net. Consultado o 2021-12-04.
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarNoam ChomskyEspecial:Cambios recentesCarles PuigdemontCabo FisterraLugares de LugoMaría JamardoPepe (futbolista)Wikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXICultura castrexaCristiano RonaldoWikipedia:Wikiproxecto fotos de parroquiasHerbas de san XoánMaurice BéjartBala (grupo musical)Segunda guerra mundialPosicións sexuaisAsemblea Nacional de FranciaNoite de san XoánSecuenciación de proteínasHeraldo de ViveroRoberto MartínezQueens of the Stone AgeXelucho Abella ChouciñoListenbourgMaría José PardoRepública ChecaWiki HowWikipedia:Advertencia xeralHindemburg Melão Jr.A CoruñaLamarckismoParroquias de GaliciaJosé Pablo del Bado RivasWikipedia:ActualidadeWikipedia:Acerca deAnouk AiméeAWStats