Tour de Francia 1903

O Tour de Francia de 1903 foi a primeira edición da proba ciclista por etapas máis importante do mundo. A carreira foi organizada polo xornal francés L'Auto-Vélo e constou de 6 etapas que se disputaron entre o 1 de xullo e o 19 de xullo.

Modelo:Competición deportivaTour de Francia 1903
Imaxe
TipoTour de Francia Editar o valor em Wikidata
Deporteciclismo en ruta Editar o valor em Wikidata
Distancia do evento2.428 km Editar o valor em Wikidata
Lugar de saídaVilleneuve-Saint-Georges Editar o valor em Wikidata
Liña de metaVille-d'Avray Editar o valor em Wikidata
Número de participantes60, inicio
21, final Editar o valor em Wikidata
Participantes
Localización  e  Datas
PaísFrancia Editar o valor em Wikidata
Intervalo de tempo1 de xullo de 1903 – 19 de xullo de 1903 Editar o valor em Wikidata
Número de edición1 Editar o valor em Wikidata
Competición

Gañador da clasificación xeral Maurice Garin
Segundo da clasificación xeral Lucien Pothier
Terceiro da clasificación xeral Fernand Augereau
Editar o valor em Wikidata

← sen valor Editar o valor em Wikidata

Participantes editar

A carreira contou con 60 participantes, todos profesionales ou semiprofesionais. 49 eran franceses, 4 belgas, 4 suízos, 2 alemáns e 1 italiano. 21 deles levaban publicidade de fabricantes de bicicletas, e os restantes 39 non levaban ningunha publicidade. Houbo outros 24 corredores que participaron ocasionalmente nalgunha das etapas sen disputar a clasificación xeral da carreira.

Os corredores que non eran quen de rematar unha etapa, tiñan a posibilidade de seguir disputando as demais etapas, pero xa non podían competir pola clasificación xeral. Así por exemplo, o suízo Charles Laeser non foi quen de completar a 3ª etapa, pero gañou a 4ª.

Etapas editar

EtapaDataPercorridokmGañadorLíder
1.ª1 de xulloParís-Lión467 Maurice Garin Maurice Garin
2.ª5 de xulloLión-Marsella 374 Hippolyte Aucouturier Maurice Garin
3.ª8 de xulloMarsella-Tolosa423 Hippolyte Aucouturier Maurice Garin
4.ª12 de xulloTolosa-Bordeos268 Charles Laeser Maurice Garin
5.ª13 de xulloBordeos-Nantes425 Maurice Garin Maurice Garin
6.ª18 de xulloNantes-París471 Maurice Garin Maurice Garin
Total2.428 Maurice Garin

Clasificación xeral editar

Maurice Garin.

A seguinte táboa amosa as dez primeiras posicións da clásificación xeral tralo remate do Tour 1903:

PosiciónCiclistaPublicidadeTempo
Maurice GarinLa Française94h 33' 14"
2 Lucien PothierLa Française+ 2h 59' 21"
3 Fernand AugereauLa Française+ 4h 29' 24"
4 Rodolphe MullerLa Française+ 4h 39' 30″
5 Jean FischerLa Française+ 4h 58' 44″
6 Marcel Kerff-+ 5h 52' 24″
7 Julien LootensBrennabor+ 8h 31' 08″
8 Georges PasquierLa Française+ 10h 24' 04″
9 François Beaugendre-+ 10h 52' 14″
10 Aloïs CatteauLa Française+ 12h 44' 57″

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar