Sedaví é un concello do País Valenciano que se atopa na bisbarra da Horta Sud.

Modelo:Xeografía políticaSedaví
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 39°25′38″N 0°23′06″O / 39.4271, -0.3849Coordenadas: 39°25′38″N 0°23′06″O / 39.4271, -0.3849
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
Provinciaprovincia de Valencia
Comarcas da Comunidade ValencianaHorta Sud Editar o valor em Wikidata
CapitalSedaví Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación10.637 (2023) Editar o valor em Wikidata (5.318,5 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude1.000 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Santo padrónVirxe do Rosario e Torquatus (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor em WikidataJosep Ferran Baixauli Chornet (en) Traducir (2016–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal46910 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Código INE46223 Editar o valor em Wikidata
ARGOS ID (en) Traducir46223 Editar o valor em Wikidata

Páxina websedavi.es Editar o valor em Wikidata
Facebook: ajuntamentsedavi Twitter: sedavicomunica Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Situado no sector meridional da comarca. O seu termo, estreito e alargado e o seu relevo é totalmente chairo e cuberto por sedimentos da época cuaternaria, aínda en proceso de colmatación no extremo oriental do termo, ocupado hoxe por arrozais. O termo municipal de Sedaví limita coas localidades de Alfafar, Llocnou de la Corona e Valencia todas elas da Horta Sud.

A súa altitude media mantense por baixo dos 10 m. O clima é tipicamente mediterráneo, con medias térmicas que oscilan entre os 10 °C e os 25 °C de xullo.

Historia editar

A súa orixe histórica parece estar na alquería musulmá denominada Beni-Cedaví que, tras a conquista cristiá, foi doada polo rei Xaime I ao cabaleiro Octavià no ano 1239. Dende o século XVI até 1814 formou parte da familia Barradas.

Demografía editar

Sedaví conta cunha poboación de 9.750 habitantes (2008).

Evolución demográfica
19001910192019301940195019601970198119912000200520072008
1.8271.9882.0092.5502.7672.9873.5445.4508.2138.0698.3538.9918.9919.750

Economía editar

A súa economía, baseada tradicionalmente nos cultivos hortícolas e o arroz, sufriu no presente século unha profunda transformación até converterse eminentemente en industrial, centrada en torno ao ramo do moble e a madeira. Non existen cultivos de secaño e os cultivos de regadío repártense entre o arroz, a laranxeira, o millo e as hortalizas, que son os que maior extensión ocupan. A gandaría apenas está representada por algunhas cabezas de vacún estabulado, para a produción de leite.

A industria é o sector económico máis importante e factor clave para o aumento da poboación baseado na inmigración de man de obra. O moble é a especialidade que lle dá renome e nel traballa máis dun terzo da poboación activa. A produción realízase en pequenos talleres de orixe artesanal e familiar, ampliados a empresas medianas nos últimos anos. Expórtase a países europeos.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar