Sebastián Losada

futbolista español

Sebastián Losada Bestard, nado o 3 de setembro de 1967 en Madrid é un exfutbolista que xogaba na demarcación de dianteiro.

Losada
Información persoal
NomeSebastián Losada Bestard
Nacemento3 de setembro de 1967
Lugar de nacementoMadrid
Altura180 centímetros
PosiciónDianteiro
Carreira xuvenil
1984-1987Real Madrid
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
1987–1988RCD Espanyol (cedido)33(11)
1988-1991Real Madrid47(20)
1991-1992Atlético de Madrid12(1)
1992-1993Sevilla FC3(0)
1993-1995Celta de Vigo53(12)
Selección nacional
1995España1
Na rede
FIFA: 166467 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria

editar

Formouse nas categorías inferiores do Real Madrid, con cuxo primeiro equipo chegou a debutar o 9 de setembro de 1984, con 17 anos. Porén ante a falta de oportunidades foi cedido ao RCD Espanyol, onde foi subcampión da Copa da UEFA na tempada 1987/88 nunha final agónica a dous encontros ante o Bayer Leverkusen, na que tras marcar dous goles no partido de ida faiou o penalti decisivo tras o empate final

Ao finalizar a cesión volveu ao Real Madrid, onde militou tres tempadas sen moitas oportunidades para xogar, ata 1991 cando fichou polo Atlético de Madrid, tampouco tería sorte e marchariase do club antes de finalizar a primeira tempada tras varios enfrontamentos co presidente, Jesús Gil.

Tras un breve paso polo Sevilla FC, onde compartiu equipo con Diego Armando Maradona, fichou polo Celta de Vigo en 1993, co equipo vigués chegaría á final da Copa do Rei en 1994.

Tras finalizar contrato co Celta en 1995 retirouse do fútbol para adicarse á súa carreira de avogado.

No ano 2004 presentouse como candidato a presidir a Real Federación Española de Fútbol, pero non recibiu ningún voto.

Coa selección de fútbol

editar

Foi un habitual das categorías inferiores da Selección de fútbol de España, coa Sub-20 disputou o Mundial de Rusia chegando ata a final, encontro que perdería ante o Brasil, porén foi o máximo goleador do campionato e membro do once ideal.

O 18 de xaneiro de 1995, ano da súa retirada, debutou coa selección absoluta, nun encontro ante Uruguai.

Palmarés

editar