Roxo vivo

A práctica do uso de cores para determinar a temperatura dunha peza de metal (normalmente) ferroso procede dos ferreiros. Moito antes de que os termómetros estivesen amplamente dispoñíbeis, era necesario na metalurxia saber en que estado se atopaba o metal para o seu tratamento térmico e o único xeito de facelo era quentalo até unha cor que se sabía mellor para o traballo.

A radiación térmica en luz visíbel pode ser vista neste metal incandescente.

O termo roxo, aínda que recentemente variou o seu matiz semántico, tanto en galego como en portugués, en ambos designaba até unha época relativamente recente a cor vermella (como en inglés red hot e red heat, e en castelán rojo vivo) e en particular a cor dos corpos incandescentes.[1][2]En galego tamén se emprega a expresión "a lume vivo".

A cor visible dun obxecto quentado até a incandescencia (de 550 °C a 1300 °C).
A lonxitude de onda máxima e a cantidade total irradiada varían coa temperatura segundo a lei de desprazamento de Wien. Aínda que isto mostra temperaturas relativamente altas, as mesmas relacións valen para calquera temperatura até o cero absoluto. A luz visible está entre 380 e 750 nm.

Chapman

editar

Segundo o Workshop Technology de Chapman, as cores que poden ser observadas no aceiro son:[3]

CorTemperatura [°C]Temperatura [°F]
DesdeADesdeA
Vermello negro[4]4265937991100
Vermello moi escuro59470411001299
Vermello escuro70581413001497
Vermello de cereixa81587014981598
Vermello de cereixa lixeira87198115991798
Roxo-laranxa982109217991998
Amarelo1093125819992296
Branco amarelo1259131422972397
Branco1315+2397+

Stirling

editar

En 1905, a Stirling Consolidated Boiler Company publicou un conxunto de valores lixeiramente diferente: [5]

CorTemperatura [°C]Temperatura [°F]
Vermello: Xusto visíbel977 °F (525 °C)
Vermello atenuado1 290 °F (699 °C)
Vermello de cereixa atenuado1 470 °F (800 °C)
Vermello de cereixa pleno1 650 °F (900 °C)
Vermello de cereixa claro1 830 °F (1 000 °C)
Roxo - Laranxa profundo2 010 °F (1 100 °C)
Roxo - Laranxa claro2 190 °F (1 200 °C)
Calor branca2 370 °F (1 300 °C)
Branco brillante2 550 °F (1 400 °C)
Branco cegador2 730 °F (1 500 °C)

Véxase tamén

editar

Notas

editar