Rexión de Mahilioŭ

A Rexión de Mahilioŭ (en belaruso Магілёўская вобласць, "Mahilioŭskaja voblasć") é unha rexión de Belarús, con capital na cidade de Mahilioŭ.

Modelo:Xeografía políticaRexión de Mahilioŭ
Магілёўская вобласць (be)
Магілёўская вобласьць (be-tarask) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 53°43′31″N 30°23′11″L / 53.7254, 30.3863Coordenadas: 53°43′31″N 30°23′11″L / 53.7254, 30.3863
EstadoBelarús Editar o valor em Wikidata
CapitalMahilioŭ Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación981.174 (2024) Editar o valor em Wikidata (33,83 hab./km²)
Xeografía
Superficie29.000 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude191 m Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1938 Editar o valor em Wikidata
Sucedido porBabruysk Voblast (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoPiotr Rudnik (en) Traducir (2008–2014)
Vladimir Domanevsky (en) Traducir (2014–2019)
Anatol Isachenka (en) Traducir (2021–) Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BY-MA Editar o valor em Wikidata

Páxina webmogilev-region.gov.by Editar o valor em Wikidata

Tanto a rexión de Mahilioŭ como a de Homieĺ sufriron severamente a catástrofe nuclear de Chernóbil de abril de 1986.

As cidades máis importantes da rexión son Mahilioŭ, Asipovičy e Babrujsk.

Historia

editar
Reprodución do escudo do voivodato de Mscislavas.

No século XII xurdiu o principado de Mscislavas (tamén Mstsislaw). Xa no século XIII aparece a primeira mención á cidade de Mahilioŭ.

En 1566 a cidade formaba parte do voivodato de Mscislavas, parte do Gran Ducado de Lituania, parte constituínte da República das Dúas Nacións.

Posteriormente, en 1772, a rexión pasou a ser unha gobernación do Imperio Ruso, a gobernación de Mogilev.

Entre 1863 e 1864 tivo lugar o alzamento de xaneiro liderado por Konstanty Kalinowski, que alcanzou tamén á gobernación de Mogilev.

O 1 de xaneiro de 1919 foi creado o distrito de Mahilioŭ na República Socialista Soviética de Belarús, e o 15 de xaneiro de 1938 foi creada a rexión en dito país.

Coa independencia de Belarús en 1990 a rexión mantivo os mesmos límites xeográficos.

Xeografía

editar

A rexión de Mahilioŭ ten unha área total de 29.100 km²,[1] arredor do 14% da superficie do país.

A rexión está atravesada por numerosos ríos, entre eles o Dniapro, Biarezina, Sož, Druć e o Pcič.

Clima

editar

A rexión ten un clima temperado continental. A rexión ten invernos non especialmente severos, e veráns cálidos. A temperatura media en xaneiro varía entre os -8,2 °C ao nordeste e os -6,5 °C ao suroeste. A temperatura media en xullo varía entre os 17,8 °C ao nordeste e os 18,7 °C ao suroeste.

Divisións administrativas

editar

A rexión está composta por 21 distritos (raions), 195 selsovets, 14 vilas, 3 municipalidades e 12 núcleos urbanos.

Distritos da rexión de Mahilioŭ

editar
Mapa das divisións administrativas da rexión.

Os 21 distritos da rexión de Mahilioŭ son os seguintes:

Demografía

editar

A rexión tiña en 2009 unha poboación total de 1.099.374 habitantes, dos que 975.147 eran belarusos, 86.256 rusos, 13.110 ucraínos, 1.773 polacos e 1.461 xudeus, ademais doutros grupos étnicos:

Evolución da poboación da rexión de Mahilioŭ por grupo étnico[2]
(Só se inclúen os grupos cunha poboación maior de 500 habitantes)
Grupo195919701979198919992009
Belarusos1.033.7601.050.3591.050.9011.051.8851.044.249975.147
Rusos90.398120.504138.643166.007132.07586.256
Ucraínos16.40421.40723.79829.39421.13213.110
Polacos3.6433.1453.6493.6612.7981.773
Xudeus28.44525.80723.13518.4803.5301.461
Armenios...2882584041.171937
Xitanos...1.0011.2681.3861.079730
Azarís...139334860926596
Total1.176.5561.226.8591.246.8331.279.7971.213.5211.099.374

Notas

editar
  1. The Scientific and Production State Republican Unitary Enterprise “National Cadastre Agency” of the State Property Committee of the Republic of Belarus, ed. (2011). "Main Geographic Characteristics of the Republic of Belarus. Territory and population density of Belarus by region as of January 1, 2011". Land of Ancestors. Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2013. Consultado o 30 de maio de 2014. 
  2. National Statistical Committee of the Republic of Belarus (2011). Ethnic Composition of the Republic of Belarus. Population Census 2009 (en ruso e inglés) 3. Minsk. p. 20. ISBN 978-985-6858-73-7. Arquivado dende o orixinal o 23 de xullo de 2012. Consultado o 30 de maio de 2014. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar