Radioloxía
A radioloxía[1] é a especialidade médica que se ocupa de xerar imaxes do interior do corpo mediante diferentes axentes físicos (raios X, ultrasóns, campos magnéticos, entre outros) e de empregar estas imaxes para o diagnóstico e, en menor medida, para o prognóstico e o tratamento das doenzas.[2] Tamén é chamada xenericamente radiodiagnóstico ou diagnóstico por imaxe.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos. Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico. |
A radioloxía debe distinguirse da radioterapia, que non emprega imaxes, senón que emprega directamente a radiación ionizante (raios X de maior enerxía que os empregados para diagnóstico, e tamén radiacións doutro tipo) para o tratamento das doenzas (por exemplo, para deter ou frear o crecemento dos tumores que son sensibles á radiación).
Técnicas máis empregadas editar
- Radiografía: Irradia os pacientes con raios X e observa os resultados en películas ou outros soportes.
- Mamografía: unha radiografía do Parénquima mamario das mulleres para realizar imaxes.
- Tomografía computadorizada (TC), e antigamente TAC: Bombardea radioactividade con raios X para visualizar as estruturas anatómicas en forma de tallos en planos sucesivos.
- Anxiografía: Co obxectivo de visualizar o interior dos vasos sanguíneos, engádeselle dentro do corpo un contraste radioopaco, que absorve a radiación X para que sexa visible na radiografía antes de bombardealo cos raios X.
- Densitometría ósea: Tamén emprega a inxección de contraste radioactivo para producir imaxes do tecido óseo. Emprega o isótopo radioactivo gadolinio 132 e os raios X de enerxía dual.
- Imaxe por resonancia magnética: emprega a enerxía radiante para producir imaxes.
- Ecografía ou ultrasonografía: Baséase na emisión de ondas sonoras fóra da banda audible e a captación dos seus ecos para formar a imaxe.
Notas editar
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para radioloxía.
- ↑ Monico, Edward; Schwartz, Ian (2010). "Communication and documentation of preliminary and final radiology reports". Journal of Healthcare Risk Management 30 (1): 23–25. ISSN 1074-4797. doi:10.1002/jhrm.20039.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Radioloxía |
Ligazóns externas editar
- RadioloxíaArquivado 24 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en DMOZ
Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |
🔥 Top keywords: PortadaEspecial:ProcurarXosé Manuel PiñeiroMaría JamardoEspecial:Cambios recentesJSONAgora RepúblicasCarles PuigdemontPartido GalegoWikipedia:Entradas de Gallegos. Quién es quien en la Galicia del siglo XXIAWStatsSegunda guerra mundialJohn Langdon DownDa chven vitsek'vetMarta VillarPobo romanésHerdanza epixenética transxeneracionalGod's Own CountryGaliciaAbel ToméLista das aves de GaliciaPartido Comunista dos Traballadores de EspañaWikipedia:Acerca deWiki HowWikipedia:AxudaIván FerreiroShinovaPosicións sexuaisManuel Otero MartínezAna Miranda PazWikipedia:Portal da comunidadeWikipedia:Artigos de calidadeA CoruñaMúsica tradicional galegaVigoEva Iglesias MiguénsFrancisco Porto MellaFederico García LorcaElvira Fernández Balboa