Primeira División de Bolivia

A Primeira División de Bolivia é a categoría de máximo nivel dentro da liga profesional de fútbol que se disputa en Bolivia, organizada pola Liga del Fútbol Profesional Boliviano.

Primeira División de Bolivia
Fundación1950
Rexión Bolivia
Equipos17
Actual campiónThe Strongest
(16º título)
Máis laureadoFC Bolivar
(31 títulos)
Sitio webwww.lfpb.com.bo/

O torneo actual naceu en 1977, sucedendo á Copa Simón Bolivar (1960-1976) e ó Campionato Nacional (1950-1959). Actualmente considéranse o mesmo campionato profesional, mais con distintos nomes e formatos. Dende o ano 2003 ata o ano 2010 disputáronse cada tempada dous torneos, Apertura e Clausura, de xeito que cada ano había dous equipos campións. Non obstante a tempada 2011/12 está formada por 3 torneos (Adecuación, Apertura e Clausura), con distintos formatos cada ún, xa que a liga estase adaptando ó calendario europeo, para que as tempadas rematen antes do verán.

O club máis laureado na historia do campionato é o Fútbol Club Bolívar da Paz (23 títulos), seguido do Club Jorge Wilstermann de Cochabamba (12 títulos) e do Club The Strongest da Paz (11 títulos). Mais lonxe están o Club Blooming e o Oriente Petrolero da cidade de Santa Cruz de la Sierra con 5 títulos cada un. O primeiro campión foi o propio Fútbol Club Bolívar, mentres que o campión actual é o Club The Strongest.

Esta liga pode ser considerada unha das dúas menos competitivas de Suramérica, coa liga venezolana, pois nunca un equipo destas dúas ligas chegou a unha final da Copa Libertadores entre 1960 e 2011.

Equipos 2012 editar

Estadio Hernando Siles, o estadio nacional de Bolivia situado na Paz.

Os seguintes 12 equipos compiten na tempada 2011/12. As cidades da Paz, Potosí e Santa Cruz están representadas con 2 equipos. É salientable a ausencia do Club Jorge Wilstermann, que en 2010 descendeu de categoría por vez primeira na súa historia.

EquipoFundaciónCidadeEstadioCapacidade
Aurora27 de maio de 1935CochabambaFélix Capriles32.000
Blooming1 de maio de 1946Santa Cruz de la SierraRamón Tahuichi Aguilera35.000
Bolivar12 de abril de 1925A PazHernando Siles42.000
Guabirá13 de abril de 1962MonteroGilberto Parada13.000
La Paz FC30 de maio de 1989El AltoCosmos 794.000
Nacional Potosí8 de abril de 1942PotosíVíctor Agustín Ugarte30.000
Oriente Petrolero5 de novembro de 1955Santa Cruz de la SierraRamón Tahuichi Aguilera35.000
Real Mamoré15 de marzo de 2006TrinidadGran Mamoré12.000
Real Potosí1 de abril de 1986PotosíVíctor Agustín Ugarte30.000
San José19 de marzo de 1942OruroJesús Bermúdez35.000
The Strongest8 de abril de 1908A PazRafael Mendoza Castellón14.000
Universitario de Sucre5 de abril de 1961SucreOlímpico Patria30.000

Palmarés editar

O palmarés da liga está dominado polo Bolivar, con 23 títulos:

Nº de TítulosEquipoCampionatos obtidos
23 Bolivar1950, 1953, 1956, 1966, 1968 , 1976, 1978, 1982, 1983, 1985, 1987, 1988, 1991, 1992, 1994, 1996, 1997, 2002, 2004-A, 2005-AD, 2006-A, 2009-A, 2011-AD
12 Jorge Wilstermann1957, 1958, 1959, 1960, 1967, 1972, 1973, 1980, 1981, 2000, 2006-ST, 2010-A
11 The Strongest1952, 1964, 1974, 1977, 1986, 1989, 1993, 2003-A, 2003-C, 2004-C, 2011-A
5 Oriente Petrolero1971, 1979, 1990, 2001, 2010-C
5 Blooming1984, 1998, 1999, 2005-A, 2009-C
3 San José1955, 1995, 2007-C
2 Aurora1963, 2008-C
2 Deportivo Municipal1961, 1965
2 Always Ready1951, 1957
1 Real Potosí2007-A
1 Chaco Petrolero1970
1 Universitario de Sucre2008-A
1 Guabirá1975
1 Litoral1954
1 Universitario de La Paz1969

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar