O doutor Glas
O doutor Glas (sueco: Doktor Glas) é unha novela epistolar de Hjalmar Söderberg, publicada orixinalmente no 1905. Conta a historia dun médico na Suecia decimonónica, e trata temas como a moral e o amor.
O doutor Glas | |
---|---|
Páxina de título da edición sueca | |
Título orixinal | Doktor Glas |
Autor/a | Hjalmar Söderberg |
Orixe | Suecia |
Lingua | Sueco |
Xénero(s) | Novela |
Data de pub. | 1905 |
Primeira edición galega | |
Tradución | David A. Álvarez Martínez |
Editorial | Irmás Cartoné |
Data de pub. | 2023 |
Páxinas | 192 páxinas |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarO protagonista da obra, o doutor Tyko Gabriel Glas, é un respectado médico de Estocolmo. A trama artéllase na forma dun diario, narrando as dificultades do doutor Glas coa depresión. O antagonista é o reverendo Gregorius, un crego moralmente corrompido. A fermosa esposa do eclesiástico confesa os seus problemas maritais ao doutor quen, namorado dela, acepta axudala. Porén, Gregorius rexeita renunciar aos seus "dereitos maritais". En consecuencia, a muller comeza a planificar o asasinato do seu home.[1][2]
Temas
editarA novela trata temas coma o adulterio, os dereitos das mulleres, o suicidio, o aborto e a eutanasia.[2] A obra suscitou unha violenta campaña contra o seu autor, que foi vilipendiado polos círculos literarios suecos.
Precuela
editarNo 2004, o escritor sueco Bengt Ohlsson escribiu un libro titulado Gregorius, no que amplía a historia desta personaxe, explicando as orixes da súa personalidade corrupta na novela de Söderberg.[3]
Adaptacións
editar- Doktor Glas (1942). Adaptación sueca en branco e negro, dirixida por Rune Carlsten.[4]
- Doktor Glas (1968). Adaptación danesa, dirixida por Mai Zetterling.[5]
Traducións
editar- O doutor Glas (2023). Tradución directa ao galego de David A. Álvarez Martínez. Irmás Cartoné.[2]
Notas
editar- ↑ "Doctor Glas by Hjalmar Söderberg". Book Around the Corner (en inglés). 2017-12-29. Consultado o 2024-03-07.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "O doutor Glas, Hjalmar Söderberg – Irmás Cartoné". Consultado o 2024-03-07.
- ↑ "Gregorius". Albert Bonniers Förlag. Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Carlsten, Rune (1942-11-30). "Doktor Glas". Consultado o 2024-03-07.
- ↑ Zetterling, Mai (1968-06-12). "Doktor Glas". Consultado o 2024-03-07.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Suecia |
Ligazóns externas
editar- Texto orixinal en sueco (Proxecto Runeberg)