Este artigo trata das divisións administrativas do Antigo Exipto. Para os seres fantásticos véxase gnomo.


Un nomo (νομοι, "distrito" en grego) era unha división administrativa no Antigo Exipto. Estas comunidades organizadas e independentes apareceron no período Predinástico (arredor do século XXXII a.C.), agrupados en dous reinos (o do Norte e o do Sur), e por volta de 3200 a.C. foron unificados nun só reino polo faraón Menes. Os nomos tiñan unha capital, un emblema propio, un número, e estaban gobernadas por un nomarca, que actuaba en nome do faraón. No período greco-latino (a partir do século IV) convertéronse en rexións administrativas. O termo demótico era sepat pero, como en case todo o referente ao Antigo Exipto, é a expresión grega a que se transmitiu a Occidente.

O número de nomos e a súa numeración variou moi pouco, entre 38 e 42, durante os tres milenios que durou esta civilización. Algúns, como Xois, no delta do Nilo, ou Khent, no Alto Exipto, xa aparecen na Pedra de Palermo, que data da V dinastía. Outros menciónanse máis tarde, como Bubastis, no Imperio Novo. A numeración iníciase de sur a norte, xa que para os antigos exipcios todo comezaba no sur. Os 22 nomos do Alto Exipto fixáronxe na V dinastía (están gravados no quiosque de Senwosret I en Karnak). O número definitivo de vinte nomos do Baixo Exipto non foi fixado até o Período grecorromano. El Fayum e os oasis non formaban parte do esquema.

O número total de 42 nomos tiña un valor simbólico, xa que este era no número dos xuíces dos mortos. Un escritor cristián do século II, Clemente de Alexandría aseguraba que os exipcios tiñan 42 libros sagrados.

O nomarca

editar

Durante a primeira parte do Imperio Antigo a administración provincial estaba a cargo de diferentes funcionarios do goberno central, que en ocasións eran enterrados no cemiterio real e participaban na construción das pirámides. Durante as dinastías V e VI apareceron no Alto Exipto os nomarcas, que compaxinaban a súa función de gobernadores coa de "gran sacerdote". O seu posto foi en ocasións hereditario e noutras foi designado polo faraón. Se o goberno central era forte, os nomarcas actuaban como gobernadores do rei e se era feble convertíanse case en reinos nos que os nomarcas instauraban casas dinásticas e que se enfrentaban entre si até que un deles se establecía como faraón de todo o Exipto.

En realidade, os exipcios nunca usaron o título "nomarca", que é unha denominación grega. Desde o Imperio Medio a dignidade coñecíase como combinación de "gran sacerdote" e "gobernador da cidade". Só en Beni Hasan non contaban coa compoñente relixiosa.

Evolución

editar

Os nomos sobreviviron o período greco-latino. En época romana, chegaron a acuñar moeda e mantiveron o seu papel de unidades administrativas até os tempos de Diocleciano e Constantino. A partir de 307 foron substituídos por unidades de menor tamaño chamadas pagi, nos que o control pasou ás mans dos pagarcas. Estes tiñan como función principal ao principio a recadación de impostos, mais logo asumiron tamén un papel militar.

Lista de nomos

editar

O Baixo Exipto, que se estende polo delta do Nilo desde Menfis, a capital do Imperio Antigo desde o Imperio Antigo, até o mar Mediterráneo, contaba con 20 nomos. O primeiro era, precisamente o que incluía Menfis, Saqqara e Gizeh, na rexión actual do Cairo, e logo continuaban numerados polo oeste e finalmente polo leste. Así, Alexandría era o terceiro nomo e Bubastis o número dezaoito.

O Alto Exipto, que vai desde a Primeira Catarata cara ao norte polo val do Nilo, dividíase en 22 nomos. O primeiro era o de Elefantina, fronteira tradicional coa Nubia no que hoxe en día é Asuán. Waset (a Tebas antiga e Luxor contemporáneo) estaba no cuarto nomo, Amarna no número catorce e Meidum no vixésimo-primeiro.

Baixo Exipto

editar
NúmeroNome exipcioCapitalCapital actualTradución do nome
1Aneb-HetchMenfisMit RahimMuro branco
2KhensuLetopolisAusimCoxa de vaca
3AmentApisKom el-HisnOeste
4Sapi-ResPtkhekaTantaEscudo do Sur
5Sap-MehSaisSa el-HagarEscudo do Norte
6KhasetXoisSakhaTouro da montaña
7A-mentMetelisDamanhurArpón do Oeste
8A-btHeroonpolisTell al-MaskhutaArpón do Leste
9AtiBusirisAbu Sir BaraAndjeti
10Ka-khemAthribisTell AtribTouro negro
11Ka-hesebLeontopolisTell al-UrydamTouro de Heseb
12Theb-kaSebennytosSamanudBecerra e vaca
13Heq-AtHeliópolisMateriya (suburbio do Cairo)Cetro prósperos
14Khent-abtTanis (Sile)San el-HagarOriental
15TehutHermopolis parvaBaqliyaIbis
16KhaMendesTell al-RubˁPeixe
17SemabehdetDiospolis parvaTell BalamunO trono
18Am-KhentBubastisTell Bastah (near Zagazig)Príncipe do Sur
19Am-PehuLeontopolis (Tanis)Nebesha or SanPríncipe do Norte
20SopduArabiaSaft al-HennaFalcón con plumas

Alto Exipto

editar
NúmeroNome exipcioCapitalCapital actualTradución do nome
1Ta-SetiElefantinaAsuánTerra do arco
2Thes-HorApollonopolis magnaEdfuTrono de Horus
3TenNekhenal-KabSantuario
4WasetTebasKarnakCetro
5HeruiCoptosQiftOs dous falcóns
6Aa-taTentyraDenderaO crocodilo
7SesheshDiospolis parvaHuSistro
8AbdjuAbidosal-BirbaTerra grande
9MinPanopolisAkhmimMin
10WadkhetAphroditopolisIftehCobra
11SetHypselisShutbA criatura asociada co deus Set
12Tu-phAntaeopolisQaw al-KebirVíbora da montaña
13Atef-KhentLycopolisAsyutSicomoro do Baixo e Víbora
14Atef-PehuCusaeal-QusiyaSicomoro do Alto e Víbora
15UnHermopolis magnaal-AshmunaynLebre
16Meh-MahetchTheodosiopolisBeni HassanOrix
17AnpuCynopolisal-KaisAnubis
18SepAlabastronopolisKom al-AhmarSet
19UabOxyrhynchusal-BahnasaDous cetros
20Atef-KhentHerakleopolis MagnaIhnasiyyah al-MadinahSicamoro do Sur
21Atef-PehuCrocodilopolis/ArsinoeMadinat al-FayyumSicamoro do Norte
22MatenAphroditopolisAtfihCoitelo
🔥 Top keywords: