Dragons

(Redirección desde «Newport Dragons»)

Os Dragons (en galés: Dreigiau) son un dos catro equipos profesionais rexionais de rugby de Gales. O club é propiedade da Welsh Rugby Union e xoga principalmente os seus encontros como local no Rodney Parade, un estadio con capacidade para 8.700 espectadores situado en Newport. Os Dragons compiten no Pro14, unha competición profesional que agrupa equipos de Gales, Escocia, Irlanda, Italia e Suráfrica, así como en competicións europeas como a Champions Cup ou a Challenge Cup na tempada 2008-09.

Dragons
UniónWelsh Rugby Union
Fundación2003; hai 21 anos
SedeGales Newport, Gales
Estadio(s)Rodney Parade
Capacidade8.700 espectadores
PresidenteDavid Buttress
AdestradorDean Ryan
CapitánCory Hill
CapsLewis Evans (220)
AnotadorJason Tovey (974)
EnsaiosAled Brew (43)
Liga(s)Pro14
2018−196º (conferencia B)
Casa
Fóra
Na rede
http://www.dragonsrugby.wales/
Instagram: dragonsrugby Editar o valor em Wikidata

Fundado en 2003 como resultado da introdución de equipos rexionais en Gales, os Dragons abarcan a rexión sueste do país, incluíndo Blaenau Gwent, Caerphilly, Monmouthshire, Newport e Torfaen, cunha poboación total duns 600.000 habitantes. Ademais, ten afiliados varios equipos semi-profesionais e afeccionados, como por exemplo o Bedwas RFC, o Cross Keys RFC, o Ebbw Vale RFC e o Newport RFC da Welsh Premier Division.[1]

Elenco editar

Os seguintes son os xogadores dos Dragons para o Pro14 de 2019−20.[2]

Equipo dos Dragons (Pro14)

Piliers

Talonadores

Segunda liña

Terceira liña

Medios-melé

Aperturas

Centros

Ás

Zagueiros

(c) Denota ao capitán e Grosa denota xogadores internacionais.

Xogadores destacados editar

British and Irish Lions editar

Taulupe Faletau.

Os seguintes xogadores xogaron cos British and Irish Lions.

XogadorUniónXira
Michael Owen  Gales2005 (Nova Zelandia)
Gareth Cooper  Gales2005 (Nova Zelandia)
Dan Lydiate  Gales2013 (Australia)
Taulupe Faletau  Gales2013 (Australia)
Cory Hill  Gales2017 (Nova Zelandia)

Adestradores editar

Bernard Jackman.
NomeNacionalidadeAnos
Mike Ruddock  Gales2003–2004
Declan Kidney  Irlanda2004
Chris Anderson  Australia2004–2005
Paul Turner  Gales2005–2011
Darren Edwards  Gales2011–2014
Lyn Jones  Gales2014
Kingsley Jones  Gales2014–2017
Bernard Jackman  Irlanda2017–

Notas editar

  1. "Newport Gwent Dragons: Club Directory". Arquivado dende o orixinal o 01 de maio de 2008. Consultado o 17 de setembro de 2009. 
  2. "Senior Squad". Dragons Rugby. Consultado o 16 de novembro de 2019. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar