Maxwell Cabelino Andrade

futbolista brasileiro

Maxwell Scherrer Cabelino Andrade, nado o 27 de agosto de 1981 en Cachoeiro de Itapemirim (Espírito Santo), é un futbolista brasileiro. Xoga de defensa e o seu actual equipo é o Paris Saint-Germain FC.

Maxwell
Información persoal
NomeMaxwell Scherrer Cabelino Andrade
Nacemento27 de agosto de 1981 (42 anos)
Lugar de nacementoCachoeiro de Itapemirim
Altura1,77 m.
PosiciónDefensa
Información de club
Club actualParis Saint-Germain
Número17
Carreira xuvenil
2000–2001Cruzeiro
Carreira sénior
AnosEquiposAprs(Gls)
2001–2006Ajax114(9)
2006–2009Inter de Milán79(2)
2009–2012Barcelona57(0)
2012–Paris Saint-Germain14(1)
Selección nacional
2004Brasil sub-236(0)
Na rede
FIFA: 207809 UEFA: 60805 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 20 de maio de 2012.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Comezou a súa carreira profesional no Cruzeiro, para en 2001 fichar polo Ajax. Tras cinco tempadas, ficha polo Inter, sendo cedido ao Empoli. En xullo de 2006, Inter anunciou oficialmente a firma de Maxwell cun contrato de catro anos. O 15 de xullo de 2009, o Inter chegou a un principio de acordo co FC Barcelona para o traspaso do xogador por 4,5 millóns de euros e 0,5 máis variables.[1] Asinou o seu contrato co Barcelona por 4 anos con opcion a 1 mais, foi presentado o 17 de xullo.[2]

Comezou a tempada 2009/2010 gañando tres títulos; Supercopa de España, Supercopa de Europa, e Copa Mundial de Clubs da FIFA, e vaise facendo habitual no once titular de Pep Guardiola xogando tanto de lateral como de interior zurdo, ao termo desta campaña conquista a Liga Española. A tempada 2010/2011 empeza gañando a Supercopa de España.

O 12 de xaneiro de 2012, chegou a un acordo co Paris Saint-Germain FC por tres anos, a cambio de 4 millóns de euros. Fixo o seu debut contra o Toulouse FC, na vitoria do PSG por 3-1, xogando os 90 minutos.

Fai 7 anos morreuse un dos seus dous irmáns. En honra do seu irmán fíxose a tatuaxe que leva na parte posterior do bíceps. Grazas á relixión e á súa paixón polo fútbol conseguiu saír adiante. Forma parte dos Atletas de Cristo, unha organización cristiá da que tamén forman parte outros futbolistas como Kaká[Cómpre referencia]. Ten tres fillas.[3]

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

TítuloClubPaísAno
EredivisieAjax FCPaíses Baixos2002
KNVB CupAjax FCPaíses Baixos2002
Supercopa dos Países BaixosAjax FCPaíses Baixos2003
EredivisieAjax FCPaíses Baixos2004
KNVB CupAjax FCPaíses Baixos2006
Supercopa dos Países BaixosAjax FCPaíses Baixos2006
Serie AFC Inter MilánItalia2007
Supercopa de ItaliaFC Inter MilánItalia2007
Serie AFC Inter MilánItalia2008
Serie AFC Inter MilánItalia2009
Supercopa de ItaliaFC Inter MilánItalia2009
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2009
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2010
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2010
Liga de EspañaFC BarcelonaEspaña2011
Supercopa de EspañaFC BarcelonaEspaña2011

Copas internacionais editar

TítuloClubPaísAno
Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2009
Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2009
Liga de Campións da UEFAFC BarcelonaLondres (Reino Unido)2011
Supercopa de EuropaFC BarcelonaEspaña2011
Copa Mundial de Clubs da FIFAFC BarcelonaEspaña2011

Distincións individuais editar

DistinciónAno
Futbolista do ano nos Países Baixos2004

Notas editar

  1. elmundodeportivo.es O Barça chega a un acordo con Maxwell (Inter) Arquivado 03 de febreiro de 2010 en Wayback Machine., consultado en xullo de 2009
  2. Maxwell: felicidade en azulgrana Arquivado 14 de xaneiro de 2010 en Wayback Machine.. FCBarcelona.cat. Consultado o 17 de xullo de 2009.
  3. "Maxwell puja al metro de l’Estació Camp Nou". FC Barcelona (en catalán). 18 de novembro de 2010. Arquivado dende o orixinal o 06 de setembro de 2012. Consultado o 29 de maio de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar